Xornada con todo no fútbol da Costa. Menos Preferente, pois o Soneira descansaba. Na 1º, tan só o Cee segue a boa liña dos nosos e mantén o liderato, xa que Xallas, Zas e Dumbría, caían nos seus respectivos choques. Os xalleiros saen dos postos de ascenso, mentres que os zaenses agudizan a súa situación e xa case que miran cara o ano que vén dando minuos á mocidade e á xente da casa.
Pero a atención da xornada estaba na Liga da Costa. O Ponteceso afianza o liderato tras vencer ao Camariañs nun encontro apretadísimo. Con esta vitoria, xa son 5 puntos os que sacan os de Berto aos de Manín e semella que non baixar o pistón. Por detrás queda o Club do Mar que tamén perdeu a ocasión de meterse no ascenso tras caer no derbi co Malpica
Polo demais, cómpre destacar as vitorias dos de abaixo. I é que o grupo de Corme, Esteirana (que venceu nun derbi con ambientazo ante o Muros), O Pindo, Buño e Porteño sumaron 3 puntos (agás o Buño) e achéganse aos San Lorenzo, Baio, Malpica e Dumbría B. Ollo en Fisterra, que trala nova derrota hai "marexada" e o adestrador Manolo Santos xa dimitiu.Na 3ª da Costa, a igualdade é máxima, cun triple empate na cabeza. O Nantón volve poñerse de líder (por diferencia de goles) trala súa vitoria en Muxía e o empate do Mazaricos en Outes. E a vitoria do Cerqueda ante o Alcaián fan que os 3 queden con 42 puntos no alto da táboa. Ademais, o Corcubion non descansa e xa está a 2 puntos tras vencer os dous partidos que tiña esta fin de semana en Muros e en Cee ante o Pereiriña. O Cabana e o Coristanco tampouco ceden e seguen a 7 e 8 pun tos cabeza, e non permitirán ningún despiste dos 4 de arriba.
As dúas Ligas de Xuvenís seguen moi semellantes. Dous equipos mandan e parece que ambas ligas vanse decidir nos encontros entre eles. De feito, a vindeira semana xógase a primeira final entre Corme e Dumbría B.
Polo sur Soneira e Santa Comba tamén manetñen o pulso e segune goleando aos seus rivais.
Reunión da Asociación de Clubes da Costa
Apuntamos ademais que este mércores as 20:00h no Pavillón de Baio, celébrase a unha recunión convocada pola Asociación de Clubes da Costa da Morte. A entidade anima a todos os clubes a participar porque unha das candidaturas vai expor as súas propostas para os vindeiros 4 anos.
1ª Autonómica, xornada 19
Xallas
0-1
Unión
Dumbría
0-3
Eume
Olímpico
3-1
Zas
Estudiantil
1-2
Cee
2ª Autonómica, xornada 19
Baio
1-0
Castriz
San Lorenzo
1-0
Carnota
Malpica
2-1
Club do Mar
Esteirana
2-0
Muros
O Pindo
3-1
Sofán
Porteño
2-0
Dumbría B
Fisterra
2-3
Corme
Buño
0-0
Vimianzo
Ponteceso
2-1
Camariñas
3ª Autonómica, xornada 19
Muros B
2-5
Corcubión
Lira
4-3
Laxe
Indep. Carballo
1-2
Coristanco
Cerqueda
2-0
Alcaián
Cabana
5-2
Xaviña
Atl. Pereiriña
0-1
Corcubión
Muros B
4-2
Corcoesto
Muxía
1-2
Nantón
Outes
1-1
Mazaricos
* Encontro que fóra aprazado na xornada 17.
Liga Nacional Xuvenil, xornada 17
Bergantiños
2-3
Lalín
Liga Xuvenil Sur, xornada 13
Santa Comba
7-0
Mazaricos
Corcubión
4-1
Esteirana
Cee
2-0
Outes*
Muros
2-1
Fisterra
Dumbría
2-12
Soneira
* O encontro entre o Outes e o Cee altera a orde e xógase en Cee.