luns. 02.12.2024
El tiempo

Resultados da fin de semana de fútbol costeiro

Resultados da fin de semana de fútbol costeiro
Xornada con todo no fútbol da Costa. Menos Preferente, pois o Soneira descansaba. Na 1º, tan só o Cee segue a boa liña dos nosos e mantén o liderato, xa que Xallas, Zas e Dumbría, caían nos seus respectivos choques. Os xalleiros saen dos postos de ascenso, mentres que os zaenses agudizan a súa situación e xa case que miran cara o ano que vén dando minuos á mocidade e á xente da casa. Pero a atención da xornada estaba na Liga da Costa. O Ponteceso afianza o liderato tras vencer ao Camariañs nun encontro apretadísimo.  Con esta vitoria, xa son 5 puntos os que sacan os de Berto aos de Manín e semella que non baixar o pistón. Por detrás queda o Club do Mar que tamén perdeu a ocasión de meterse no ascenso tras caer no derbi co Malpica Polo demais, cómpre destacar as vitorias dos de abaixo. I é que o grupo de Corme, Esteirana (que venceu nun derbi con ambientazo ante o Muros), O Pindo, Buño e Porteño sumaron 3 puntos (agás o Buño) e achéganse aos San Lorenzo, Baio, Malpica e Dumbría B. Ollo en Fisterra, que trala nova derrota hai "marexada" e o adestrador Manolo Santos xa dimitiu. Na 3ª da Costa, a igualdade é máxima, cun triple empate na cabeza. O Nantón volve poñerse de líder (por diferencia de goles) trala súa vitoria en Muxía e o empate do Mazaricos en Outes. E a vitoria do Cerqueda ante o Alcaián fan que os 3 queden con 42 puntos no alto da táboa. Ademais, o Corcubion non descansa e xa está a 2 puntos tras vencer os dous partidos que tiña esta fin de semana en Muros e en Cee ante o Pereiriña. O Cabana e o Coristanco tampouco ceden e seguen a 7 e 8 pun tos cabeza, e non permitirán ningún despiste dos 4 de arriba. As dúas Ligas de Xuvenís seguen moi semellantes. Dous equipos mandan e parece que ambas ligas vanse decidir nos encontros entre eles. De feito, a vindeira semana xógase a primeira final entre Corme e Dumbría B. Polo sur Soneira e Santa Comba tamén manetñen o pulso e segune goleando aos seus rivais.

Reunión da Asociación de Clubes da Costa

Apuntamos ademais que este mércores as 20:00h no Pavillón de Baio, celébrase a unha recunión convocada pola Asociación de Clubes da Costa da Morte. A entidade anima a todos os clubes a participar porque unha das candidaturas vai expor as súas propostas para os vindeiros 4 anos.

1ª Autonómica, xornada 19

Xallas 0-1 Unión
Dumbría 0-3 Eume
Olímpico 3-1 Zas
Estudiantil 1-2 Cee

2ª Autonómica, xornada 19

Baio 1-0 Castriz
San Lorenzo 1-0 Carnota
Malpica 2-1 Club do Mar
Esteirana 2-0 Muros
O Pindo 3-1 Sofán
Porteño 2-0 Dumbría B
Fisterra 2-3 Corme
Buño 0-0 Vimianzo
Ponteceso 2-1 Camariñas

3ª Autonómica, xornada 19

Muros B 2-5 Corcubión
Lira 4-3 Laxe
Indep. Carballo 1-2 Coristanco
Cerqueda 2-0 Alcaián
Cabana 5-2 Xaviña
Atl. Pereiriña 0-1 Corcubión
Muros B 4-2 Corcoesto
Muxía 1-2 Nantón
Outes 1-1 Mazaricos
* Encontro que fóra aprazado na xornada 17.

Liga Nacional Xuvenil, xornada 17

Bergantiños 2-3 Lalín

Liga Xuvenil Sur, xornada 13

Santa Comba 7-0 Mazaricos
Corcubión 4-1 Esteirana
Cee 2-0 Outes*
Muros 2-1 Fisterra
Dumbría 2-12 Soneira
* O encontro entre o Outes e o Cee altera a orde e xógase en Cee.

Liga Xuvenil Norte, xornada 17

Bergantiños 3-2 Coristanco
Zas 1-5 Corme
Muxía 5-20 Ponteceso
Baio 3-0 Malpica
Dumbría B 1-0 Camariñas

Liga Galega Cadete, xornada 16

Santa Comba 2-2 Montañeros B
Milagrosa 4-2 Bergantiños

Segunda cadete, xornada 15

Baio 2-1 Fisterra
Coristanco 0-8 Dumbría
Cabana 4-0 Corme
Outes 1-2 Esteirana
Cee 2-0 Bergantiños B
Soneira 3-0 Malpica
Ponteceso 15/01 - 11:00 Con. de Carnota

Segunda infantil, xornada 11

Zas 1-3 Con. de Carnota
Cabana 4-3 Esteirana
Outes - Baio
Os Miudos - Santa Comba
Cee 4-0 Coristanco
Muxía 2-4 E.M.F. Vimianzo
Bergantiños B 2-2 Dumbría

Ligas de Veteranos, xornada 16

1ª División

San Román 1-0 At. Milagrosa
Vimianzo 2-3 Bergantiños
Castriz 1-2 Nantón
Camariñas 2-7 Bértoa
Corcubión Vet. 2-1 Baio
Ponteceso 1-4 Xv. Bergantiños
Cabana 0-3 Zas

2ª División

Club do Mar 1-2 Agualada
Malpica 0-4 Buño
Dep. Carballo 2-3 Leiloio
Cerqueda 1-5 Coristanco
San Lorenzo 1-0 Corcoesto
Porteño 3-2 Sofán
Muros 2-2 Corme

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios