Xuvenil Sur: Volta a igualdade
21:12 11/01/11
Volve a igualdade á Liga Xuvenil Sur, liga patrocinada pola Discoteca Zona Zero. O empate do Santa Comba en Fisterra e a vitoria do Soneira ante o Outes deixa de novo a ambos conxuntos igualados con 29 puntos, e de seguro que se manteñen así ata a xornada 17, que se disputará o 12 de febreiro e que enfrontará aos dous equipos.
Fisterra - Santa Comba (1-1)
- Fisterra: David, Roberto, Juan, Jorge, Manuel, Tati, Martín, Juanfran (Gonzalo, min.50), Cristian Hidalgo, Bruno, Carlos.
- Santa Comba: Pablo, Martín, Pombo, Dani Martínez (Josito, min.80), Sergio, Diego Maneiro, Anxo, Iván, Iván Marquiños, Muni, Roberto.
- Goles: 1-0, min.20: Carlos coa espalda tras un rexeite do porteiro; 1-1, min.60: Martín tras varios rexeites nun balón aéreo.
- Expulsión: Martín, min.70.
Soneira - Outes (4-0)
- SONEIRA: Víctor, Suso, Pichón, César (Cachi, min.60), Vicentiño (Marcos, min.67), Alberto (Efraim, min.75), Dani, Fernando, Cristian, Isma e Alberto Muxía.
- OUTES: Yona, Oscar, Juan, Chía, Alfonso, Piqui (Pesi, min.55), Piti (Beckam, min.65), David (Pablo, min.55), Álex, Edu, Sergio.
- Goles: 1-0, min.1: Alberto Muxía; 2-0, min.30: Alberto; 3-0, min.43: Cristian; 4-0, min.75: Fernando.
Mazaricos - Corcubión (3-6)
- MAZARICOS: Rubén, Adrián, Mario, Esteban (Jose, min.20), Alejandro, Eugenio, Alberto, Ferreiro, Sandelo, Kevin e Mario.
- CORCUBIÓN: Iago, Chema (Denís min 63 (Zaca min 84)), Sergio, Pablo, Marcos, Gabi, Toni (David min 45), Iván (Cristian min 77), Lema, Brais (Kike min 86), Manu.
- Goles: 1-0, min.10: Kevin; 1-1, min.25: Manu; 1-2, min.36: Brais; 2-2, min.47: Kevin; 2-3, min.50: Brais; 3-3, min.60: Sandelo; 3-4, min.65: Lema; 3-5, min.75: Manu; 3-6, min.90: Cristian.
- Expulsións: Os locais Alejandro (min.60) e Ferreiro (min.65) e o adestrador local.
Partido con moita choiva nun campo que non daba abasto a expulsala auga do terreo de xogo. O estado do terreo de xogo estaba moi anegado e facía que o esférico fose con moita rapidez creando serios problemas aos dous equipos. Comezou o partido cun gol do Mazaricos nun mal entendemento entre a defensa visitante e o seu porteiro no minuto 2 de partido. Nun destes balóns rápidos, Manu fixo o primeiro gol visitante no minuto 25 e dispuxo, tanto el como Brais, de pór o seu equipo por diante no marcador. Foi Brais, o goleador do equipo nas últimas xornadas, o que 11 minutos máis tarde desta vez si poría o 1-2 no marcador. Este foi o resultado ate chegar ao descanso aínda que ambos conxuntos tiveron moitas oportunidades para perforala rede.
Nada máis pitar o colexiado o inicio da segunda metade, aos 20 segundos, o Mazaricos volvería por o marcador en táboas cun bo gol dende fora da área de Kevin, que toca no porteiro e logo entra na portería tocando primeiro no pau. Non durou moito a alegría polo gol xa que Brais, o se segundo gol da tarde, volveu marcar nunha xogada rápida aos 2 minutos, aínda que o Mazaricos volvería marcar nun despexe do porteiro da vila de San Marcos que queda no punto de penalti e fusila libre de marca. O Corcubión aproveitouse do estado do terreo do xogo e da rapidez dos seus homes de arriba que puxeron an apuros a defensa local, ademais a presión exercida sobre a defensa, obrigándoa a cometer erros. Nun destes erros Lema, aproveitando a súa velocidade sobre a defensa, volvería a adiantar ao seu equipo. A defensa local seguía cometendo erros en un saque de banda rápido, Manu faría o seu segundo gol da tarde cando se encontraba so contra o cancerbeiro. O Mazaricos non escatimou nas súas protestas, dada a mala actuación do colexiado nalgunhas xogadas clave, ademais da expulsión de 2 xogadores e o adestrador. Xa co partido case rematado, Cristian estreábase como goleador e metería o sexto gol tras un córner.
A acta do partido recolle que trala expulsión do adestrador, que "este negouse nun primeiro momento a abandonalo terreo de xogo, ademais de proferir ameazas contra o colexiado", segundo sinalaba a acta. Así que o colexiado pediu ao adestrador visitante, nese intre o actual delegado pola expulsión no anterior encontro do adestrador Alfonso, que chamase a Garda civil para o final do partido xa que temía pola súa seguridade, aínda que logo non apareceron por non localizar o campo, pero non houbo altercados ao final do encontro.
Cabe destacar a voa actuación da recente fichase corcubionesa de Gabi, o que fai que Lema poida desenvolver as súas funcións na banda que e onde mellor se adapta, aumentando a velocidade do equipo na parte dianteira.
Esteirana - Dumbría (3-3)
- Esteirana: Carrilo, Moncho, Chus, Abel, Nico, Jacobo (Xián, min.80), Eloy, David, Bruno, Canario, Adrián (Pesi, min.75).
- Dumbría: Ángel, Rubén (Coque, min.60), Samuel, Adrián Ozón, Jose, Dito, Blanco, Martín, Israel, Dani, Marco.
- Goles: 1-0, min. 20: Adrián; 1-1, min.25: Israel de penalti; 1-2: Coque; 2-2: Adrián; 3-2: Adrián; 3-3, min.80: Marco.
- Expulsión: o dumbriés Dani na primeira metade e ao esteirán Canario no penalti.
Cee - Muros (2-0)
- Cee: Adrián, José Ramón, Isma Trinidad, Rubén, Lucas, José Antonio, Isma Lamela, Diego Cespón, Uri (Armando, min.60), Chiru, Moncho (Iago, min.85).
- Muros: Iago, Bolo, Berni, Pelos, Pedro (Diego), Fernando (Trozo), Gabriel el Guapo, Santi de Silvia, Minos, Santi Chuvasco e Iván.
- Goles: 1-0, min.60: Jose Ramón; 2-0, min.75: Chiru de cabeza.
- Lesións: Os muradáns Fernando e Pedro saíron lesionados.
Patrocina esta Liga
Máis información
- Crónicas da Liga Xuvenil Sur.
- Crónicas da Liga Xuvenil Norte.
Máis información
Novas relacionadas
- 3ª Autonómica: Os nobles non perdoan.
- 2ª Autonómica: Unha liga de 3?.
- 1ª Autonómica: 2 equipos da Costa en ascenso.
- Preferente: Preferente: O Soneira suma e segue.
- Resultados do fútbol da Costa.
- Excepcional xornada de Reis no fútbol da Costa.
- Manuel Varela: Por Nadal, datos e turrón.
- As outras pelotas dos xogadores do Camariñas.
- O San Lorenzo quita a roupa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora Jorge Domínguez.
- Fotos de Jorge Domínguez, de traslamirillablanquiazul.blogspot.com.