Nova xornada completa de fútbol da Costa, marcada desta volta polo destape do Camariñas. E non sentou ben en Camariñas, que caeu na casa ante o Fisterra provocando que a Liga da Costa se apreté un pouco máis. Polo demais, na 2ª, o Club do Mar perdía onte unha boa ocasión para alzarse ao liderato, feito que aproveita o Ponteceso, que logo de sufrir ante o Malpica ponse de líder empatado cos de Manolín. O Fisterra súbese de novo ao carro e xa está a tan só 6 puntos, mentres que o Sofán, caladiño, segue a tiro de pedra.
Subimos a repasar o que aconteceu cos nosos nas ligas maiores. O Soneira non puido completar unha semana perfecta e caeu en Padrón. E na 1ª, dúas vitorias e dúas derrotas. Zas e Cee caían con contundecia, pero os de Pato seguen en postos de ascenso. Achégase o Dumbría trala cómoda vitoria de hoxe e empata a puntos co Cee na 3ª praza. O Xallas vencía en Cambre está a tan só 4 puntos dos equipos costeiros.
Ollamos a 3ª e vemos como o Mazaricos xa non descansa e vencíu nun encontro moi difícil ante o Muxía. O Nantón non pasaba do empate no campo do pechacancelas, feito que aproveitaron Cerqueda, que vencía ao Outes, e Corcubión, que sufría, coma sempre, para gañar ao Cabana nun encontro moi importante para os de Manín.
Cómpre mencionar a Liga Xuvenil Sur, que segue moi disputaba entre Santa Comba e Soneira. Se a semana pasada os xalleiros vencía aos soneiráns, esta semana a táboa volve estar igualada trala derrota do Santa Comba en Cee, cun gran gol de Diego Cespón, unha das estrelas da liga, e a vitoria dos de Miguel ante un difícil Fisterra.
Preferente Norte, xornada 18
Flavia
2-1
Soneira
1ª Autonómica, xornada 15
Zas
0-6
Atl. Arteixo
Cambre
0-3
Xallas
Dumbría
6-3
Calo
Sada
4-0
Cee
2ª Autonómica, xornada 15
Carnota
1-2
O Pindo
Dumbría B
0-1
Sofán
Baio
2-3
San Lorenzo
Club do Mar
1-1
Porteño
Corme
2-1
Vimianzo
Muros
4-1
Buño
Ponteceso
1-0
Malpica
Camariñas
0-2
Fisterra
Castriz
3-0
Esteirana
* O encontro entre Sofán e Dumbría altera o orde e se disputa no Conco por mor do mal estado do Carral.