Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Costa tamén participa no Campionato de Seleccións de Malta

A Costa tamén participa no Campionato de Seleccións de Malta
A Selección Galega de Fútbol está presente na Copa das Rexións UEFA, unha copa entre nacións na que participa o noso país. coa selección galega de afeccionados. Xogadores de equipos da 3ª División como o Ordes, Cerceda, Racing de Ferrol, Negreira e Ourense forman a selección, na que hai varios integrantes da nosa bisbarra. O fisterrán Noé López, eterno capitán cercedán, é fixo no 1 galego. Outro costeiro participante é Javi Villar, xogador do Arteixo, naceu en Vimianzo, tendo nai de Vimianzo e pai de Zas. Mentres que Manuel Mira Llopis faino como fisoterapeuta da expedición. Carlos Ballesta é o adestrador, e o coñecido por Zas Manolo Corredoira, é o representante da Federación na viaxe.

Xa en marcha

A competición comezaba onte e non o podía facer mellor. A selección vencía ao representate griego no primeiro partido da competición por 1-3. O segundo partido disputábase esta mañá de xoves 9 de decembro ante o representante alemán. Encontro clave para as aspiracións dos galegos de pasar de ronda xa que o combinado xermano tamén vencera no primeiro encontro ante o combinado de Malta. O partido acaba de rematar e a Selección Galega acadou o empate no min.87 por medio de Javi Álvarez. O último partido da primeira fase será contra Mala este sábado 11 de decembro ás 14:30h

1º encontro

  • Resultado: Grecia, 1 - Galicia, 3
  • Selección Galega: Cristopher, Noé, Jesús Torres (Josu), David Rey, Jova VIllar, Poratti, Mariño (Jesús); Javi Álvarez, Felipe, Pablo Rei, Marcos Suárez (Souto).
  • Goles: 1-0, min.49: Javi Álvarez; 2-0, min.57: Jesús Torres; 2-1, min.87; 3-1, min.90: Souto.

2º encontro

  • Resultado: Galicia, 1 - Württembergischer, 1
  • Selección Galega: Carlos Perez, Jesús Torres (Javi Álvarez), Javi Villar, Adrián Padrón, Alberto Mariño (Poratti), Felipe, Pablo TRey, Juan Martínez, Martín Pérez (Marcos Suárez), José Souto, José María Gómez.
  • Goles: 0-1, min.13; 1-1, min.87: Javi Álvarez.

Máis información

Fonte

Comentarios