Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Crónicas dos encontros aprazados

Crónicas dos encontros aprazados
Esta ponte da Inmaculada tiveron lugar varios encontros que estaban aprazados. Algún polémico, como ese Vimianzo-O Pindo que se tivo que disputar logo das idas e voltas da federación, e que rematou cun empate que non lle vale de moito nin a uns nin a outros. Ademais na Preferente había xornada de Liga e o Soneira venceu de novo e xa está 9º na táboa. Pola súa banda, na 3ª Autonómica, o Coristanco gañoulle a partida ao Muxía por achegarse aos postos altos da táboa nun encontro aprazado polas Festas da Barca aló por setembro.

Preferente: Soneira - Viveiro (2-1)

  • SONEIRA: Jose Angel, Ferreiro, Fran de Urroa, Miguel, Javi, Taibo, Santi, Míchel, Mario Toja (Quique, min.80), Vituco (Vía, min.80) e Iago.
  • Goles: 1-0, min.30: Iago; 1-1, min.59: Propia porta; 2-1, min.90: Ferreiro.
Triunfo agónico do Soneira ante un rival que non tivo moitas ocasións de gol, pero unha desafortunada xogada do meta local propiciou que se creceran e puxeran en perigo a vitoria dos soneiráns nun partido que dominou. Na primeira metade os locais foron os donos do partido. Entraban ben os pupilos de Manolito tanto pola banda dereita como pola esquerda. Pouco antes do primeiro gol Santi tivo unha dobre oportunidade para os de Vimianzo. A media hora chegou o gol de Iago ao se aproveitar dun rexeite dentro da área pequena. A rentes do descanso Mario Toja primeiro e logo Santi de cabeza a saída do córner provocado da xogada anterior puideron de poñer tranquilidade no marcador. O Soneira desconectou ao comezo da segunda metade e pouco apouco foi recuando, os visitantes sen empurrar moito encontráronse cun gol regalado. O meta Jose Angel despexa de puños e o balón bate nas costas dun compañeiro del e entra na porta. Reaccionou o Soneira e volveu a coller a iniciativa do partido, pero as ocasións de gol non era moi claras. Xa no desconto un centro por banda esquerda de Fran de Urroa é cabeceado en primeira instancia por Miguel e logo por Ferreiro. Con esta importante vitoria o Soneira colócase noveno con 24 puntos e está a 11 puntos dos postos de descenso.

2ª Autonómica: Vimianzo - O Pindo (2-2)

  • VIMIANZO: Damián, Amarelle, Maikol, Camilo, Sergio de Quintáns, Iván de Treos, Mario (Martín, min.46), Lagoa, David Pose (Iván de Baiñas, min.55), Arán e Javi Marroco (Diego, min.84).
  • O PINDO: Garrido, Mateo, César, Jose Espress, Pulpo, Edu, Diego Leon, Julian, Rivas, Borja e Aitor. Tamén xogaron Coti e Víctor.
  • Goles: 0-1, min.49: Aitor; 1-1, min.53: Javi Marroco; 1-2, min.76: Aitor; 2-2, min.86: Amarelle.
Finalmente xogouse o partido do desencontro entre Vimianzo e Pindo da xornada 4 e saldouse cun empate que permite a Vimianzo seguir aumentando a confianza e ao Pindo manter a distancia co penúltimo clasificado que marca o descenso directo, posto que ocupa o Vimianzo. Todo os antecedentes do partido indicaban que podería ser un partido tenso, os dous equipos loitaron duro para sumar os tres puntos, pero coa máxima deportividade. A igualdade foi a tónica durante os 90 minutos e ao final esta reflexouse no marcador. Aitor adiantou aos carnotáns ao pouco de saír do vestiario ao aproveitar un centro lateral e marcou a porta valeira. Pronto reaccionaron os vimianceses e Javi Marroco estreábase como goleador nesta campaña con todo un golazo, enganchou unha volea no vértice da área grande e marcou pola escadra do pau longo defendido por Garrido que nada puido facer ante a velocidade que levaba o balón. De novo Aitor adiantou aos visitantes e ao pouco para final Amarelle descubriuse como lanzador de faltas ao transformar unha por toda a escadra. Tivo Arán no desconto a vitoria local, un balón prolongando por Iván de Treos de cabeza caeulle ao dianteiro de Santa Comba, pero inexplicablemente non marcou. Ao final reparto de puntos que non axuda aos de Vimianzo na escalada polos postos de salvación, pero si para coller moral para os vindeiros choques. Para o Pindo o empate tampouco lle resolve moito, pois o terceiro posto pola cola tamén ten moito perigo.

3ª Autonómica: Coristanco - Muxía (4-1)

  • CORISTANCO: Gonzalo, Cota, Luís, Germán, Marcos, Mallón (Toni, min.70), Fran Fariña (Oscar, min.65), Carlos (Iván, min.60), Benitez, Dani (Arantón, min.46)
  • MUXÍA: Angel Luis, (Martín, min.46), Jose, Currás, Chori, Dani (Dimas, min.65), Jose Antonio, Papi, Gerardo, Chans, Fran Pioto (Albertiño, min.20), Oscar (Sancho, min.70)
  • Goles: 1-0, min.35: Germán; 2-0, min.50: Benitez; 3-0, min.55: Germán; 3-1, min.60: Dimas; 4-1, min.75: Marcos, de falta directa.
  • Expulsión: o xogador visitante Albertiño no min.70.
No día de onte xogouse o encontro aprazado da 2ª xornada, da 3ª Autonómica G5, que no seu día non se xogou por mor da celebración da Romaría da Barca, o pasado setembro. O equipo muxián tiña unha ocasión inmellorable de auparse os postos altos da clasificación, pero mal lle comezaron as cousas, cando á media hora de xogo, tiña que saír lesionado, Fran "Pioto", e no 44 lesionábase o porteiro Ángel Luis. Nise mesmo minuto, adiantábase o Coristanco, tras un córner. Xa na segunda metade, o equipo da vila da Barca, pasou a porta a Santi "Papi", que estaba a xogar no medio do campo, pero pronto poñería terra de por medio o equipo da Terra da Pataca, nunha boa xogada combinada. Á hora de xogo, un novo tanto local, feríu no orgullo ós de Luis Romaní, que acurtaron distanzas, cun gol de Dimas, que pouco despois, sufreu un penalti, pero o seu intento de marcar fíxoo seguir a xogada e que o colexiado non o sinalase. Se ían mal as cousas para os visitantes, peor se puxeron, cando, foi expulsado Albertiño por protestar unha falta, falta ca que o Coristanco, acadou o cuarto e último tanto da tarde. Esta vitoria válelle os de Coristanco, para colocarse na 6ª posición, ben situado para a loita polo ascenso.

Liga Xuvenil: Cabana - Dumbría B (0-3)

  • Goles: 0-1, min.15: Jesús de cóner; 0-2, min.30: Toja; 0-3, min.90: Toja
O Dumbría B ponse serio en defensa e rompeu o partido a balón parado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios