Nova xornada de #futboldacosta esta do 18 e 19 de marzo. E completa de resultados interesantes.
Foi o que máis o necesitaba o que levou o derbi da Preferente. O Soneira sacou 3 puntazos do Conco que lle permiten mirar o descenso a 6 puntos. O Xallas onte empataba ante todo un Laracha, mentres que o Santa Comba volve meterse defintivamente arriba e xa é 4º tras vencer ao Unión.
En 1ª, doble derrota do Ponteceso en Riveira e do Cee en casa, perdendo así os ceenses o último vagón da permanencia. Os ceenses, na última oportunidade, amosaron unha mala imaxe e pode ser esta derrota a súa sentencia pois a salvación xa queda a 12 puntos a falta de 7 partidos.
Foi xornada de empates na Liga da Costa. Buño e Malpica, Sofán e Dumbría B, Baio e Muros, Corcubión e Mazaricos e Castriz e Nantón asinaron táboas, que máis valen para que os rivais non sumen que para outra cousa. O Camariñas aguantou hoxe o estirón de onte do Club do Mar, que vencía a un Fisterra coa cabeza aínda no desfile do venres.
Na 3ª, o trío de arriba non fallaba e segue a loita polas 2 primeiras prazas encarnizada. Pero si que fallaban varios do grupo perseguidor, apretando a zona de promoción. O Montelouro se deixaba sorprender por un Porteño que non tira a toalla para meterse entre os 6 primeiros, e no partido da semana o Cerqueda, igualado co Volantes, superou ao Coristanco e se mete a tan 2 puntos dos coristanqueses.
En xuvenís o Malpica pegou enriba da mesa e se destaca como gran favorito tras superar 2-3 ao Dumbría. Baio e Cee empataron polo que deixan escapar aos malpicáns, xa con 4 puntos de vantaxe sobre os baieses, e un máis sobre dumbrieses e ceenses. O Santa Comba superou ao Corcubión e pode ser o 5< equipo que loite polas 2 prazas.
Preferente, xornada 28
Xallas
1-1
Laracha
Dumbría
1-2
Soneira
Unión
0-1
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 27
Atl. Riveira
3-0
Ponteceso
Cee
0-3
Cariño
2ª Autonómica, xornada 27
Club do Mar
3-0
Fisterra
Buño
0-0
Malpica
Baio
1-1
Muros
O Pindo
1-2
San Lorenzo
Corcubión
1-1
Mazaricos
Corme
3-1
Esteirana
Sofán
0-0
Dumbría B
Camariñas
1-0
Zas
Castriz
2-2
Nantón
3ª Autonómica, xornada 31
Xaviña
1-4
Camelle
Atl. Pereiriña
1-3
Indep. Carballo
Laxe
0-4
Carnota
Cabana
6-0
Fisterra B
Coristanco
1-2
Cerqueda
Volantes
3-0
Alcaián
Montelouro
0-1
Porteño
Corcoesto
1-5
Outes
Muxía
5-3
Soneira B
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7