Nova xornada de #futboldacosta esta do 18 e 19 de marzo. E completa de resultados interesantes.
Foi o que máis o necesitaba o que levou o derbi da Preferente. O Soneira sacou 3 puntazos do Conco que lle permiten mirar o descenso a 6 puntos. O Xallas onte empataba ante todo un Laracha, mentres que o Santa Comba volve meterse defintivamente arriba e xa é 4º tras vencer ao Unión.
En 1ª, doble derrota do Ponteceso en Riveira e do Cee en casa, perdendo así os ceenses o último vagón da permanencia. Os ceenses, na última oportunidade, amosaron unha mala imaxe e pode ser esta derrota a súa sentencia pois a salvación xa queda a 12 puntos a falta de 7 partidos.
Foi xornada de empates na Liga da Costa. Buño e Malpica, Sofán e Dumbría B, Baio e Muros, Corcubión e Mazaricos e Castriz e Nantón asinaron táboas, que máis valen para que os rivais non sumen que para outra cousa. O Camariñas aguantou hoxe o estirón de onte do Club do Mar, que vencía a un Fisterra coa cabeza aínda no desfile do venres.
Na 3ª, o trío de arriba non fallaba e segue a loita polas 2 primeiras prazas encarnizada. Pero si que fallaban varios do grupo perseguidor, apretando a zona de promoción. O Montelouro se deixaba sorprender por un Porteño que non tira a toalla para meterse entre os 6 primeiros, e no partido da semana o Cerqueda, igualado co Volantes, superou ao Coristanco e se mete a tan 2 puntos dos coristanqueses.
En xuvenís o Malpica pegou enriba da mesa e se destaca como gran favorito tras superar 2-3 ao Dumbría. Baio e Cee empataron polo que deixan escapar aos malpicáns, xa con 4 puntos de vantaxe sobre os baieses, e un máis sobre dumbrieses e ceenses. O Santa Comba superou ao Corcubión e pode ser o 5< equipo que loite polas 2 prazas.
Preferente, xornada 28
| Xallas | 1-1 | Laracha |
| Dumbría | 1-2 | Soneira |
| Unión | 0-1 | Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 27
| Atl. Riveira | 3-0 | Ponteceso |
| Cee | 0-3 | Cariño |
2ª Autonómica, xornada 27
| Club do Mar | 3-0 | Fisterra |
| Buño | 0-0 | Malpica |
| Baio | 1-1 | Muros |
| O Pindo | 1-2 | San Lorenzo |
| Corcubión | 1-1 | Mazaricos |
| Corme | 3-1 | Esteirana |
| Sofán | 0-0 | Dumbría B |
| Camariñas | 1-0 | Zas |
| Castriz | 2-2 | Nantón |
3ª Autonómica, xornada 31
| Xaviña | 1-4 | Camelle |
| Atl. Pereiriña | 1-3 | Indep. Carballo |
| Laxe | 0-4 | Carnota |
| Cabana | 6-0 | Fisterra B |
| Coristanco | 1-2 | Cerqueda |
| Volantes | 3-0 | Alcaián |
| Montelouro | 0-1 | Porteño |
| Corcoesto | 1-5 | Outes |
| Muxía | 5-3 | Soneira B |
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 7
| Baio | 1-1 | Cee |
| Soneira | 2-4 | Camariñas |
| Santa Comba | 5-1 | Corcubión |
| Dumbría B | 2-3 | Malpica |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 7
| Outes | 4-3 | Zas |
| Esteirana | 3-0 | Fisterra |
| Dumbría A | 1-0 | Coristanco |
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 7
| Mazaricos | 3-2 | Corme |
| Muros | 0-3 | Cabana |
| Ponteceso -- Descansa |
2ª Cadete, xornada 27
| Esteirana | 4-4 | Ponteceso |
| Coristanco | 2-2 | Muxía |
| Santa Comba | 3-1 | Outes |
| Soneira | 0-0 | Cee |
| Cabana | 1-2 | Muros |
| Porteño | 2-2 | Zas |
| Baio | 4-1 | Camariñas |
| Dumbría | 7-1 | Malpica |
2ª Infantil, xornada 27
| Santa Comba | 1-5 | Dumbría |
| E.M.F. Vimianzo | 0-5 | Con. de Carnota |
| Fisterra | 3-5 | Esteirana |
| Outes | 3-1 | As Baleas |
| Muxía | 1-6 | Cee |
| E.D. Os Miudos | 2-0 | Baio |
| Ponteceso | 3-4 | Corme |
Ligas de Veteranos, xornada 25
1ª División
| Bergantiños | 0-6 | Corcubión |
| Cabana | 4-0 | Buño |
| Xv. Bergantiños | 1-3 | San Román |
| Castriz | 2-0 | Zas |
| Camariñas | 2-2 | Ponteceso |
| Baio | 2-2 | en Zas San Lorenzo |
| Vimianzo | 0-2 | Bértoa |
2ª División
| Muros | 3-1 | Porteño |
| Dep. Carballo | 1-8 | Soneira |
| Leiloio | 0-0 | Agualada |
| Malpica | 2-0 | Camelle |
| Corcoesto | 5-3 | Club do Mar |
| Corme | 2-5 | Coristanco |
| At. Milagrosa | 0-1 | Cerqueda |
Nova relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).