Sábado. 27.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Cee xa suma fóra da casa

1ª Autonómica: O Cee xa suma fóra da casa

Poucas veces dicimos este ano aquelo do "boa xornada na 1ª para os equipos da Costa". I é que está sendo boa, e proba delo é que o Cee sumaba o primeiro punto fóra da casa.. Non cambian moito as cousas así e todo para os ceenses que seguen a 12 puntos da salvación.
Pola súa banda, o Ponteceso vencía ante o Villestro, unha vitoria que case lle permite respirar sen necesidade de mirar cada semana cara abaixo.

Estudiantil - Cee (1-1)

  • CEE: Parroto, Nico, Luis (Moncho, min.65) Julio, Rafa, Fermin, Fer, Jorge (Carlos, min.79), Victor (Uri, min.87) Angel, Tasky (Diego, min.18)
  • Goles: 0-1, min.30: Angel; 1-1, min.52: Robinson.
  • Expulsión: por doble amarilla ao ceense Fer (min 42-46) e a un xogador local no 57.

Moi boa primeira parte do Cee que estivo moi ben plantado e foi superior ao Estudantil. O equipo local apenas tivo oportunidades do gol, aínda que a primeira ocasión clara do partido foi para eles, na que Parroto sacou unha man prodixiosa a tiro de Pepe que se prantou só diante del.
O Cee creaba perigo con Ángel, Víctor e Tasky. Un Tasky que tivo que saír do campo no min 18 despues de recibir un pelotazo na cara, que lle nublou a vista.
O gol chegaría nun saque de esquina que o porteiro non chega a coller e tras un rexeite o balón pega en Ángel e entra. Aínda tivo Victor unha boa opción para meter o segundo tras roubar un balon en campo contrario pero cando encaraba a porteria rival é molestado por un rival e o seu tiro despéxao o porteiro.

Na segunda parte, a expulsión de Fer por dobre amarela no minuto 1 condicionou o xogo ceense. Primeiro Chechu, en clarisimo fóra de xogo, atópase cun bo Parroto que para o balón. Na seguinte xogada un balon en longo sen aparente complicacion para Parroto cando estaba no chan para atallalo, o local Robinson quítalla das mans e marca o 1-1.

Quedaríase con dez tamén o Estudantil cunha arbitraxe moi tarxeteira, e a última media hora xa non tivo un dominador claro e apenas ocasións para os equipos.

Ponteceso - Villestro (1-0)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén (Jorge, min.75), Fabián, Dani Pallas, Ramón, Pablo Vázquez, Tucho, Alberto Recarey, Borja (Puente, min.70), Mendieta (Alex, min.70), Luisete (Adrián Porteiro, min.80).
  • Gol: 1-0, min.43: Fabián de cabeza a un córner botado por Recarey.

Custou sacar adiante o partido, pero a verdade é que se puido sentenciar en máis dunha ocasión, e o partido tampouco perigou, sendo un resultado corto pero xusto. Na primeira tivo o Ponteceso varias ocasións como un lanzameto de Borja que deu nos 2 paos ou unha xogada de Luisete que non definiu diante do porteiro. Ao fío do descanso chegou o gol de Fabián de cabeza a un córner botado por Alberto Recarey, un dos xuvenís que xa forman parte do primeiro equipo, con Borja, Puente ou Jorge.

Na 2ª puido sentenciar de novo o cadro local, pero Recarey mandou ao poste de falta. Tamén fixo falta que aparecese Norberto que fixo un paradón, demostrando que sempre responde cando se lle necesita.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios