![Soneira-Xallas]() 
Repasamos o acontecido no #fútboldacosta (o hastag xa comeza a funcionar para informarnos todos os amantes das nosas ligas) nesta fin de semana de 10 e 11 de marzo, non sen antes repasar as novidades da Federación sobre os ascensos, as propostas da Asociación de Clubes e as clasificacións das xa actualizadas Ligas de Fútbol Sala de Cee.
A xornada tiña un claro foco en Vimianzo, cun novo derbi costeiro na Preferente que rematou cun soso empate a 1. Ademais o Dumbría non podía co Mugardos facéndolle fraco favor aos soneiráns mentres que o Santa Comba vencía ao Boiro e volve mirar cara arriba.
Na 1ª, boas novas por unha semana, con vitoria do Ponteceso na casa, e empate do Cee ante o Estudiantil sumando o primeiro punto fóra de casa.
Xa na Liga da Costa todos os ollos miraban a Pedra Queimada. E o choque entre o equipo máis en forma e o líder non defraudou, e deixou un partido dos que fan afección, con goles, alternativas, xogo duro, para o disfrute dos moitos afeccionados que foron ao campo. Ao final, xusto empate a 2. O Camariñas volve coller confianza e venceu con solvencia no Conco e por detrás o Fisterra non puido superar a un sempre temido Corme. Os fisterráns sacan 1 punto ao Malpica, mentres que quedan a 7 desa 4ª praza os Baio (que gañaba sobrado o derbi), Muros (que superaba ao pechacancelas) e o propio Corme.
 Por abaixo, a xornada era clave, e deixa ao Nantón máis afundido. Parece que houbo tormenta en Cabana e caían 0-3 ante o Buño, que lle permite escapar aos malpicáns e que deixa a 4 puntos da salvación ao Nantón. É agora o Corcubión, tras caer 1-0 e no último minuto en Verdillo, o que marca a salvación, pero empatado co propio Zas e co Mazaricos, pois o Castriz sacaba 3 puntos vitais do Pino do Val.
 
Na 3ª, a loita pola 6ª praza segue fervendo. O Carnota recuperou o liderato tras vencer ao Xaviña aproveitando o descanso do Outes. Queda agora con 2 puntos máis que os da Serra e 3 do Cabana, que vencía en Camelle, pero cun partido máis. A fenda entre a 3ª e a 4ª praza é clara, 8 puntos entre Cabana e Montelouro e Coristanco, que parecen case fixos nas quinielas para entrar entre os 6 primeiros. Pero a 6ª praza ferve. Cerqueda e Volantes loitarán ata o último día como demostraron hoxe, cun empate que demostra a igualdade total entre ambos.
Pola súa banda, os xuvenís tamén xogaron unha completa xornada intensa na Liguilla de ascenso. E con algunha sorpresa, como o espertar do Corcubión ante todo un Dumbría B. Queda agora só no liderato o Malpica, tras vencer e convencer ante o Baio. O Cee non pasou do empate ante o Soneira e queda 4ª. Por detrás xa o Corcubión, que non decae, e o Santa Comba que empata a 5 co Camariñas.
 
Preferente, xornada 27
| Soneira | 1-1 | Xallas | 
| Gal. Mugardos | 2-1 | Dumbría | 
| Santa Comba | 2-0 | Boiro | 
1ª Autonómica, xornada 26
| Estudiantil | 1-1 | Cee | 
| Ponteceso | 1-0 | Villestro | 
2ª Autonómica, xornada 26
| Fisterra | 2-2 | Corme | 
| Malpica | 2-2 | Club do Mar | 
| Esteirana | 1-1 | Sofán | 
| Dumbría B | 1-5 | Camariñas | 
| Muros | 5-1 | O Pindo | 
| San Lorenzo | 1-0 | Corcubión | 
| Mazaricos | 0-2 | Castriz | 
| Nantón | 0-3 | Buño | 
| Zas | 0-4 | Baio | 
3ª Autonómica, xornada 26
| Lira | 0-1 | Laxe | 
| Indep. Carballo | 3-1 | Coristanco | 
| Camelle | 1-2 | Cabana | 
| Soneira B | 2-0 | Atl. Pereiriña | 
| Carnota | 5-1 | Xaviña | 
| Fisterra B | 3-0 | Muxía | 
| Cerqueda | 2-2 | Volantes | 
| Alcaián | 1-3 | Montelouro | 
| Porteño | 6-1 | Corcoesto | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 6
| Malpica | 3-0 | Baio | 
| Cee | 1-1 | Soneira | 
| Corcubión | 4-3 | Dumbría B | 
| Camariñas | 5-5 | Santa Comba | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 6
| Fisterra | 1-0 | Outes | 
| Zas | 1-0 | Dumbría | 
| Coristanco | 3-2 | Esteirana | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 6
| Corme | 3-2 | Muros | 
| Ponteceso | 4-3 | Mazaricos | 
| Cabana -- Descansa | 
2ª Cadete, xornada 26
| Ponteceso | 1-4 | Coristanco | 
| Muxía | 1-7 | Dumbría | 
| Zas | 1-7 | Baio | 
| Outes | 5-1 | Soneira | 
| Fisterra | 0-6 | Esteirana | 
| Camariñas | 0-1 | Santa Comba | 
| Malpica | 8-0 | Porteño | 
| Cee | 6-2 | Cabana | 
2ª infantil, xornada 26
| Esteirana | 13-0 | E.M.F. Vimianzo | 
| Dumbría | 14-0 | Muxía | 
| Coristanco | 0-1 | Fisterra | 
| Con. de Carnota | 2-6 | Cabana | 
 
| Corme | 4-4 | Outes | 
| As Baleas | 0-11 | Santa Comba | 
| Cee | 9-0 | E.D. Os Miudos | 
Ligas de Veteranos, xornada 24
1ª División
| Buño | 1-4 | Xv. Bergantiños | 
| Bértoa | 0-5 | Castriz | 
| Nantón | 0-1 | Cabana | 
| Zas | 4-4 | Camariñas | 
| Ponteceso | 0-2 | Baio | 
| San Lorenzo | 1-1 | Bergantiños | 
| San Román | 4-3 | Vimianzo | 
2ª División
| Muros | 4-1 | Dep. Carballo | 
| Soneira | 3-1 | At. Milagrosa | 
| Club do Mar | 0-3 | Corme | 
| Leiloio | 2-4 | Sofán | 
| Malpica | 3-3 | Agualada | 
| Porteño | 1-1 | Camelle | 
| Cerqueda | 2-2 | Corcoesto | 
Nova relacionadas
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).