Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Preferente: Novo derbi con táboas

Preferente: Novo derbi con táboas

A xornada 27 da Preferente tiña a atención posta nun novo derbi costeiro. O Soneira recibía, máis necesitado, a un Xallas cómodo. E non puido o cadro vimiancés sumar os 3 puntos tras estar toda a segunda metade enriba dos verdes.

Entrementres parece que o Santa Comba volve a retomar a intensidade e o xogo da primeira volta. Os de Gelucho demostraron ante todo un Boiro, 3º clasificado, que aínda contan para entrar na loita pola 3ª praza, que pode que traia premio se non descende o Monteañeros, que parece recuperar a boa liña.

Polo demais, destacar que a derrota do Dumbría en Mugardos faille un fraco favor aos soneiráns, que terán que seguir loitando, entre outros co cadro ferrolán, por evitar o descenso.

Soneira -Xallas (1-1)

  • SONEIRA: Durán, Martín, Pablo, Vecino, Ferreiro, Andrés (Brais, min.68), Santi, Quique (Pichi, min.89), Míchel, Iago (Javi, min.75) e Vía.
  • XALLAS: Cheli, Isma, Alvaro, Rubén Forján, Iván Forján, Pio (Elvis, min.70), Ricardo, Toni, Luís, Beiro e Brais.
  • Goles: 0-1, min.30: Luís; 1-1, min.40: Quique a centro de Míchel.
  • Expulsión: O visitante Iván Forján (min.54) por dobre cartón amarelo, o segundo por protestar.
Parece que esta escrito que os derbis teñen que acabar en empate e moitas veces o xogo no campo non pode coa tradición. Esto lle pasou ao Soneira, que na segunda metade embotellou ao Xallas no seu campo e tivo múltiples ocasións de gol, pero o balón quixo que os puntos se repartiran, Os xalleiros marcharon contentos cun puntiño que os alonxa cada vez máis dos postos de descenso e máis contra un rival directo como o Soneira. O equipo de Miguel esta a dalo todo, pero cando te atopas na parte baixa a sorte brilla pola sua ausencia. A primeira metade non foi moi vistosa, salvo os goles non houbo moitas máis aproximacións a ambas áreas. Luís abriu o marcador para os xalleiros, mentres que Quique recolleu un centro raso de Míchel e tras regatear un defensa marcou cun forte disparo raso case polo medio da porta ao que Cheli cuberto por xogadores nada puido facer. Na segunda metade e trala expulsión de Iván Forján por dobre cartón amarelo, o Soneira fíxose co dominio do partido e con moi boas ocasións de gol, pero nin Iago, Quique e Vía por varias veces foron quen de bater a Cheli. No equipo sonierán debutou Andrés, ex-xogador do Silva e do Larín. O punto sentou mi ben nos xalleiros, pero para os brancos que non dan fuxido da parte baixa, non lle axuda a saír da complicada situación.

Gal. Mugardos - Dumbría (2-1)

  • DUMBRÍA: Juan, Tantán, Isma (Roberto, min.70), Suso, Aarón López, Iago, Aarón Fdez., Schuster (Eloy, min.46), Piri (Iván, min.85), Poyo, Toni (Cacho, min.46).
  • Goles: 1-0, min.40; 1-1, min.70: Eloy; 2-1, min.87.
  • Expulsión: min.68 un xogador local.
  • Lesión: Piri que se lle saíu a clavícula.

Mal partido dos dumbrieses, no que non saíu nada. O choque foi un correcalles continuo, que non beneficiou aos costeiros. O balón marchaba dun lado para outro e os dumbrieses ademais tiveron 2 erros defensivos claves para regalar os puntos.

De feito, o cadro local xogou con 10 toda a segunda metade, e cando o Dumbría estaba mellor, unha vez conseguido o máis importante, empatar, regalou un tanto contra o final. Un empate sería máis xusto pero o Dumbría volve de baleiro de Mugardos.

Santa Comba - Boiro (2-0)

  • SANTA COMBA: Diego, Gelo, Agustín (Óscar, min.70), Roberto Amoedo, Gonzalo, Jota, Doro (David Blanco, min.70), Toni, Noli (Colón, min.87), Julián, Orlando (Mon, min.77).
  • Goles: 1-0, min.74: Julián de penalti sobre Orlando; 2-0, min.91: David Blanco tras roubar ao porteiro no medio campo.

Volve o cadro laranxa a mirar para arriba, e xa está a 3 puntos do 3º (o propio Boiro) e 4º posto, e se o Monteañeros non descende se cadra aínda valen esas prazas.

Na mesma liña que contra Compos, o cadro laranxa xogou con moita intensidade, pero aínda con dificultade cara gol. Moitas ocasións na primeira metade, con erros de Noli nun man a man ou un remate ao longueiro tras un córner. Toni tamén tivo unha no segundo pao ca porta baleira e mandouna ao lateral da rede.

Tivo que ser de penalti e tras unha boa xogada de Orlando driblando na área, como chegase o gol cando só faltaban 15 minutos para o final. O Boiro apenas apretou nos minutos finais pero a sentencia non chegou ata o desconto cando David Blanco presionou ao meta local, rouboulle un balón fóra da área e marcou.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios