E voltou ao completo o #futboldacosta tralo parón de Nadal. E volveu con intensidade, como non podía ser doutro xeito, cun ollo posto na última xornada da Liga Xuvenil, que abaixo analizamos. Pero sorprende, e xa viña sendo algo habitual, a diferente atención que viven as Ligas. Non deixa de resultar curioso que no Municipal de Vimianzo haia o doble de xente o domingo no derbi de 3ª entre Baíñas e Soneira B que o sábado para ver ao Soneira da Preferente. Pero xa se sabe cales son as auténticas Ligas da Costa.
En todo caso, o repaso semanal o comezamos sempre por arriba, pola Preferente, onde onte, precisamente o Soneira non pasaba do empate ante o Chantada nun soso e feo partido. Hoxe, o Dumbría celebraba o título xuvenil cunha cómoda vitoria ante un rival directo, o Ribadeo, ao que separa a 7 puntos. Ademais, os de Canosa pasan ao Xallas de Santa Comba, unha vez que os de Corredoira voltaban de baleiro de Páramo, unha dura derrota que os deixa 5º, a 1 do Dumbría, 2 do Boiro, e 6 do ascenso directo.
Na 1ª Autonómica, a xornada case non puido ser peor. Apenas un punto, colleitado polo Malpica en Amio, e que deixa aos de Baña na metade da táboa, pero xa moito máis cerca dos de abaixo que dos de arriba. Fisterra, Camariñas e Ponteceso empéñanse en seguir sufrindo e forman un grupo preto do abismo.
A primeira xornada do ano na 2ª Autonómica, deixa as cousas como estaba. A Esteirana mantén o liderato tras vencer no partido da semana ante un Corme que non acaba de acadar o rendemento que se lle esperaba. Por detrás, a 6 puntos, Cee, que non fallaba ante o Outes, e Baio, que empataba no derbi zaense, e que deixa aos veciños do Zas 5º con 32 puntos. Entre eles, o Sofán, que sufríu para vencer ao pechacancelas. Por abaixo segue a ser preocupante a racha do Montelouro, que caía nas Redondas por 4-0 e ve como o Cabana o supera na táboa. Queda agora o Outes acompañanado ao Dumbría B neses dous postos de descenso directo. O Mazaricos segue con dificultades e caía en Muros, que pega un estiron como o Corcubión e o San Lorenzo.
En 3ª Autonómica voltaba a competición xa sen o Fisterra B. O Cerqueda é o primeiro en sumar ese 2-0 co que quedan todos os partidos do cadro fisterrán da segunda volta, xa actualizados en www.futboldacosta.com, polo que ao acceder á táboa da 3ª, teremos que pinchar a xornada en xogo, neste caso a 18ª. A sorpresa da xornada tivo lugar en Camariñas, onde o Camelle, no exilio do Hermanas Patiño ante o mal estado do Rodeiro, caeu ante o Laxe por 0-3. Os camelláns deixa escapar a Porteño e Independiente, que non fallaban. O líder sufría un partido moi duro para superar ao Ameixenda, mentres que os carballeses non tiveron oposición nun Xaviña que acusou demasiado o parón. No derbi vimiancés e ante unha gran expectación, o Baíñas vencía e se apunta á loita pola 6ª praza. Unha loita na que se mantén o filial soneirán, o Muxía, que podía co Corcoesto, o Laxe tralo seu vitorión; e os Ameixenda e Lira a pesar das derrotas, a dos lirachos, moi rotunda ante o Alcaián e que supón a dimisión de Caluso. O Nantón, que hoxe descansba, tamén está preto.
Xa temos campións xuvenís
Xa o celebraba o Ponteceso antes do parón no Norte. E onte tocoulle celebrar ao Dumbría Xuvenil, tras vencer con moita comodidade ao Muros. A festa foi total no Conco para un cadro que buscará a Fase de Ascenso á Liga Galega ante os outros 5 equipos clasificados, que non son outros que Xallas de Santa Comba e Fisterra polo sur (o Cee quedou ás portas empatado a puntos cos fisterráns pero co golaverage individual para os verdes) e Ponteceso (campión destacado que o sábado rubricou o seu título vencendo ao Cabana nas Redondas), Malpica e Cabana.
Preferente, xornada 20
Soneira S.D.
1-1
S.D. Chantada
C.F. Dumbría
3-0
Ribadeo F.C.
S.D. O Paramo
2-1
Xallas de Santa Comba CF
1ª Autonómica, xornada 18
S.D. Fisterra
1-3
Puebla FC
SD Amio
1-1
S.C.D. Malpica
C.D. Unión
3-0
Ponteceso S.D.
Camariñas F.C.
0-3
C.F. Noia
2ª Autonómica, xornada 18
U.C. Cee
2-1
Outes C.F.
Cabana S.D.
4-0
U.D. Montelouro
Muros S.D.
2-0
Mazaricos C.F.
C.D. Baio
1-1
Sp. Zas
S.D. Esteirana
1-0
Corme C.F.
S.D.San Lorenzo
3-0
U.D. Carnota
U.D. Corcubión
3-1
S.D. Castriz
Buño S.D.
3-2
Volantes F.C.
Dumbría C.F. B
1-3
S.D. Sofán
3ª Autonómica, xornada 18
Camelle S.D.
0-3
S.D. Laxe
C.F. Castrelo
0-1
S.D. Coristanco
Indep. Carballo
8-0
Xaviña F.C.
Muxía C.F.
2-0
SDC Corcoesto
Lira C.F.
0-7
S.D. Alcaián
C.D. Baíñas
3-1
Soneira S.D. B
S.D. Ameixenda
0-2
Porteño C.F.
O Fisterra B - Cerqueda xa ten resultado final trala retirada do cube fisterrán: 2-0.