E voltou ao completo o #futboldacosta tralo parón de Nadal. E volveu con intensidade, como non podía ser doutro xeito, cun ollo posto na última xornada da Liga Xuvenil, que abaixo analizamos. Pero sorprende, e xa viña sendo algo habitual, a diferente atención que viven as Ligas. Non deixa de resultar curioso que no Municipal de Vimianzo haia o doble de xente o domingo no derbi de 3ª entre Baíñas e Soneira B que o sábado para ver ao Soneira da Preferente. Pero xa se sabe cales son as auténticas Ligas da Costa.
En todo caso, o repaso semanal o comezamos sempre por arriba, pola Preferente, onde onte, precisamente o Soneira non pasaba do empate ante o Chantada nun soso e feo partido. Hoxe, o Dumbría celebraba o título xuvenil cunha cómoda vitoria ante un rival directo, o Ribadeo, ao que separa a 7 puntos. Ademais, os de Canosa pasan ao Xallas de Santa Comba, unha vez que os de Corredoira voltaban de baleiro de Páramo, unha dura derrota que os deixa 5º, a 1 do Dumbría, 2 do Boiro, e 6 do ascenso directo.
Na 1ª Autonómica, a xornada case non puido ser peor. Apenas un punto, colleitado polo Malpica en Amio, e que deixa aos de Baña na metade da táboa, pero xa moito máis cerca dos de abaixo que dos de arriba. Fisterra, Camariñas e Ponteceso empéñanse en seguir sufrindo e forman un grupo preto do abismo.
A primeira xornada do ano na 2ª Autonómica, deixa as cousas como estaba. A Esteirana mantén o liderato tras vencer no partido da semana ante un Corme que non acaba de acadar o rendemento que se lle esperaba. Por detrás, a 6 puntos, Cee, que non fallaba ante o Outes, e Baio, que empataba no derbi zaense, e que deixa aos veciños do Zas 5º con 32 puntos. Entre eles, o Sofán, que sufríu para vencer ao pechacancelas.
Por abaixo segue a ser preocupante a racha do Montelouro, que caía nas Redondas por 4-0 e ve como o Cabana o supera na táboa. Queda agora o Outes acompañanado ao Dumbría B neses dous postos de descenso directo. O Mazaricos segue con dificultades e caía en Muros, que pega un estiron como o Corcubión e o San Lorenzo.
En 3ª Autonómica voltaba a competición xa sen o Fisterra B. O Cerqueda é o primeiro en sumar ese 2-0 co que quedan todos os partidos do cadro fisterrán da segunda volta, xa actualizados en www.futboldacosta.com, polo que ao acceder á táboa da 3ª, teremos que pinchar a xornada en xogo, neste caso a 18ª.
A sorpresa da xornada tivo lugar en Camariñas, onde o Camelle, no exilio do Hermanas Patiño ante o mal estado do Rodeiro, caeu ante o Laxe por 0-3. Os camelláns deixa escapar a Porteño e Independiente, que non fallaban. O líder sufría un partido moi duro para superar ao Ameixenda, mentres que os carballeses non tiveron oposición nun Xaviña que acusou demasiado o parón.
No derbi vimiancés e ante unha gran expectación, o Baíñas vencía e se apunta á loita pola 6ª praza. Unha loita na que se mantén o filial soneirán, o Muxía, que podía co Corcoesto, o Laxe tralo seu vitorión; e os Ameixenda e Lira a pesar das derrotas, a dos lirachos, moi rotunda ante o Alcaián e que supón a dimisión de Caluso. O Nantón, que hoxe descansba, tamén está preto.
Xa temos campións xuvenís
Xa o celebraba o Ponteceso antes do parón no Norte. E onte tocoulle celebrar ao Dumbría Xuvenil, tras vencer con moita comodidade ao Muros. A festa foi total no Conco para un cadro que buscará a Fase de Ascenso á Liga Galega ante os outros 5 equipos clasificados, que non son outros que Xallas de Santa Comba e Fisterra polo sur (o Cee quedou ás portas empatado a puntos cos fisterráns pero co golaverage individual para os verdes) e Ponteceso (campión destacado que o sábado rubricou o seu título vencendo ao Cabana nas Redondas), Malpica e Cabana.
Preferente, xornada 20
Soneira S.D. | 1-1 | S.D. Chantada |
C.F. Dumbría | 3-0 | Ribadeo F.C. |
S.D. O Paramo | 2-1 | Xallas de Santa Comba CF |
1ª Autonómica, xornada 18
S.D. Fisterra | 1-3 | Puebla FC |
SD Amio | 1-1 | S.C.D. Malpica |
C.D. Unión | 3-0 | Ponteceso S.D. |
Camariñas F.C. | 0-3 | C.F. Noia |
2ª Autonómica, xornada 18
U.C. Cee | 2-1 | Outes C.F. |
Cabana S.D. | 4-0 | U.D. Montelouro |
Muros S.D. | 2-0 | Mazaricos C.F. |
C.D. Baio | 1-1 | Sp. Zas |
S.D. Esteirana | 1-0 | Corme C.F. |
S.D.San Lorenzo | 3-0 | U.D. Carnota |
U.D. Corcubión | 3-1 | S.D. Castriz |
Buño S.D. | 3-2 | Volantes F.C. |
Dumbría C.F. B | 1-3 | S.D. Sofán |
3ª Autonómica, xornada 18
Camelle S.D. | 0-3 | S.D. Laxe |
C.F. Castrelo | 0-1 | S.D. Coristanco |
Indep. Carballo | 8-0 | Xaviña F.C. |
Muxía C.F. | 2-0 | SDC Corcoesto |
Lira C.F. | 0-7 | S.D. Alcaián |
C.D. Baíñas | 3-1 | Soneira S.D. B |
S.D. Ameixenda | 0-2 | Porteño C.F. |
- O Fisterra B - Cerqueda xa ten resultado final trala retirada do cube fisterrán: 2-0.
- Descansa Nantón.
Xuvenís, Gr.3, xornada 18
Xallas de Santa Comba CF | 3-1 | Outes C.F. |
S.D. Esteirana | 5-4 | Mazaricos C.F. |
C.F. Dumbría | 7-0 | Muros S.D. |
Soneira S.D. | 0-6 | S.D. Fisterra |
U.D. Corcubión | 1-6 | U.C. Cee |
Xuvenís, Gr.4, xornada 18
Cabana S.D. | 1-2 | Ponteceso S.D. |
Camariñas F.C. | 5-2 | Corme C.F. |
S.C.D. Malpica | 5-0 | S.D. Laxe |
S.D. Coristanco | 0-6 | C.D. Baio |
Muxía C.F. | 2-1 | Sp. Zas |
Liga Galega Cadete, xornada 17
C.F. Dumbría | 6-0 | Montañeros B |
Bergantiños C.F. | 1-1 | Imperator O.A.R |
Liga Galega Infantil, xornada 18
Val do Ulla | 0-2 | Bergantiños C.F |
R.C. Deportivo | 10-0 | C.F. Dumbría |
Primeira Cadete, xornada 10
Cabana S.D. | 9-1 | Muxía C.F. |
C.D. Baio | 1-4 | Muros S.D. |
Con. de Carnota | 2-3 | Sp. Zas |
Xallas StComba | 2-1 | Outes C.F. |
Ponteceso S.D. | 4-1 | S.D. Coristanco |
S.D. Fisterra | 2-4 | U.C. Cee |
Porteño C.F. | 1-3 | S.D. Esteirana |
Primeira Infantil, xornada 10
Muxía C.F. | 2-1 | E.M.F. Vimianzo |
E.D. Os Miudos | 0-2 | U.C. Cee |
Ponteceso S.D. | 0-15 | Cabana S.D. |
As Baleas | 2-9 | S.D. Esteirana |
Corme C.F. | - | S.D. Sofán |
C.D. Baio | 0-8 | Xallas StComba |
S.D. Coristanco | - | Outes C.F. |
Ligas de Veteranos, xornada 17
1ª División
Vimianzo | 1-2 | Bértoa |
Coristanco | 3-1 | Xuv. Bergantiños |
Cabana | 3-1 | San Lorenzo |
Corcubión Vet. | 5-4 | Nantón |
San Román | 1-3 | S.D. Castriz |
Zas | 4-2 | Soneira |
Camariñas | 0-1 | Ponteceso |
Baio | 1-5 | Bergantiños |
2ª División
Dep. Carballo | 1-2 | Porteño |
Leiloio | 1-1 | Camelle |
Buño | 0-1 | Corcoesto |
Muros | 3-0 | Sofán |
Laxe | 3-1 | Malpica |
At. Milagrosa | 1-3 | Cerqueda |
Corme | 0-0 | Agualada |
Máis información
Novas relacionadas
Artigos relacionados
Fonte