Resultados da primeira xornada de outubro no fútbol da Costa

Nova xornada no fútbol da Costa, completa de encontros. Coma sempre comezamos o repaso pola Preferente, onde os nosos xa están na parte alta da táboa. Esta xornada a atención centrábase no derbi entre Dumbría e Santa Comba. Os dumbrieses, sorpredenderon aos xallleiros, que levaban un comezo de campaña impecable, e ascenden postos. Ademais o Soneira acadaba a segunda vitoria consecutiva, mentres que o Xallas non puido alonxar ao Grixoa.

Na 1ª Autonómica, unha de cal, a do Ponteceso en Eume; e unha de area, a do Cee, que non colle o ritmo fóra de casa.

Xa na Liga da Costa, o encontro da xornada disputábase no Hermana Patiño. Camariñas e Club do Mar empataban a 3 nun encontro de poder a poder no que os caioneses se puxeron 3 veces por diante e os locais empataron de penalti.
Por detrás, empatado cos caioneses, segue un intratable Dumbría B, que endosaba un 0-3 ao Castriz en San Pedro. O Fisterra amosa a cabeza por primeira vez tras vencer en Lombáns ao Pindo.
Por abaixo, salientar a primeira vitoria do Mazaricos, o empate do Corcubión que non dá saído da zona baixa, e a derrota do Sofán, que non arrinca. O Pindo é o único equipo con 0 puntos.
Ademais, o Nantón-Zas suspendeuse pola morte do fundador do Nantón, ex presidente do clube cabanés, Faustino Montes aos 57 anos.

Na seguen intratables o Outes e o Montelouro. Ademais o partido da semana era o Cerqueda-Alcaián e os locais vencían empatando na 3ª posición da táboa. O Porteño segue sumando pouco a pouco, e o Coristanco tampouco vai quedar atrás. Bo partido tamén en Lombáns cun 5-3 entre Carnota e Volantes de Baño que dá conta das propostas futbolísticas de ambos cadros.

Por xuvenís, Cee e Outes seguen contando partidos por vitorias (e contundentes) no sur, mentres que no norte Dumbría B e Malpica se distancian de todos os perseguidores.

Ademais, en Veteranos, Corcubión e Xuv. Bergantiños sorprenden no alto da táboa da 1ª División tras 4 xornadas. Na 2ª, é o Milagrosa o líder.

Preferente Norte, xornada 6

Ribadeo1-2Soneira
Dumbría 2-1Santa Comba
Xallas 1-1 Grixoa

1ª Autonómica, xornada 5

Carral 2-1Cee
Eume 1-4Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 5

Corcubión 1-1 Esteirana
Baio 4-2 Malpica
Nantón Susp. Zas
Mazaricos 2-0 Muros
Camariñas 3-3Club do Mar
Castriz0-3Dumbría B
Buño 2-1 San Lorenzo
Sofán 1-2 Corme
O Pindo 0-2 Fisterra

3ª Autonómica, xornada 5

Laxe 4-1Atl. Pereiriña
Lira 0-1Coristanco
Cerqueda 2-0 Alcaián
Camelle 1-5 Montelouro
Indep. Carballo 0-1 Porteño
Carnota 5-3Volantes
Fisterra B 1-0 Corcoesto
Soneira B 1-4 Outes
Muxía 3-2Xaviña

Liga Nacional Xuvenil, xornada 3

Bergantiños 3-1 Lérez

Liga Xuvenil Sur, xornada 3

Outes 2-1 Esteirana
Fisterra 2-3 Dumbría
Santa Comba 6-0 Muros
Soneira 4-0Mazaricos
Cee 1-0 Corcubión

Liga Xuvenil Norte, xornada 5

Camariñas 6-0 Laxe
Dumbría B 7-0 Corme
Coristanco 0-6 Zas
Malpica 2-1Baio
Ponteceso 4-2 Cabana

División de Honra Cadete, xornada 3

Pab. Ourense 3-0 Bergantiños

Segunda Cadete, xornada 3

Porteño 0-9Dumbría
Baio8-0 Coristanco
Santa Comba1-2 Esteirana
Soneira 4-1Fisterra
Muros8-0 Muxía
Cee 9-1Malpica
Outes 4-0 Zas
Ponteceso 1-2Cabana

Liga Cadete, xornada 3

Muxía 2-5 Coristanco
Outes 5-1 E.M.F. Vimianzo
Ponteceso 0-17 Cabana
Santa Comba 2-2 Fisterra
Os Miudos1-4 Esteirana
Baio 1-10 Con. de Carnota
Dumbría 7-0 Corme

Ligas de Veteranos, xornada 4

1ª División

Bergantiños 3-2 Castriz
Cabana 3-0 Camariñas
Nantón 1-1 Baio
Buño 1-1 Bergantiños
San Román 2-5 Corcubión
Bértoa 5-4 San Lorenzo
Zas 2-0 Ponteceso

2ª División

Soneira 5-0 Cerqueda
Malpica 5-2 Dep. Carballo
Leiloio 1-1 At. Milagrosa
Corcoesto 2--1 Sofán
Agualada3-3 Corme
Camelle 2-1 Coristanco
Muros 2-3 Club do Mar

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).