Nova xornada no fútbol da Costa, completa de encontros. Coma sempre comezamos o repaso pola Preferente, onde os nosos xa están na parte alta da táboa. Esta xornada a atención centrábase no derbi entre Dumbría e Santa Comba. Os dumbrieses, sorpredenderon aos xallleiros, que levaban un comezo de campaña impecable, e ascenden postos. Ademais o Soneira acadaba a segunda vitoria consecutiva, mentres que o Xallas non puido alonxar ao Grixoa.
Na 1ª Autonómica, unha de cal, a do Ponteceso en Eume; e unha de area, a do Cee, que non colle o ritmo fóra de casa.
Xa na Liga da Costa, o encontro da xornada disputábase no Hermana Patiño. Camariñas e Club do Mar empataban a 3 nun encontro de poder a poder no que os caioneses se puxeron 3 veces por diante e os locais empataron de penalti.
Por detrás, empatado cos caioneses, segue un intratable Dumbría B, que endosaba un 0-3 ao Castriz en San Pedro. O Fisterra amosa a cabeza por primeira vez tras vencer en Lombáns ao Pindo.
Por abaixo, salientar a primeira vitoria do Mazaricos, o empate do Corcubión que non dá saído da zona baixa, e a derrota do Sofán, que non arrinca. O Pindo é o único equipo con 0 puntos.
Ademais, o Nantón-Zas suspendeuse pola morte do fundador do Nantón, ex presidente do clube cabanés, Faustino Montes aos 57 anos.
Na 3ª seguen intratables o Outes e o Montelouro. Ademais o partido da semana era o Cerqueda-Alcaián e os locais vencían empatando na 3ª posición da táboa. O Porteño segue sumando pouco a pouco, e o Coristanco tampouco vai quedar atrás. Bo partido tamén en Lombáns cun 5-3 entre Carnota e Volantes de Baño que dá conta das propostas futbolísticas de ambos cadros.
Por xuvenís, Cee e Outes seguen contando partidos por vitorias (e contundentes) no sur, mentres que no norte Dumbría B e Malpica se distancian de todos os perseguidores.
Ademais, en Veteranos, Corcubión e Xuv. Bergantiños sorprenden no alto da táboa da 1ª División tras 4 xornadas. Na 2ª, é o Milagrosa o líder.
Preferente Norte, xornada 6
| Ribadeo | 1-2 | Soneira |
| Dumbría | 2-1 | Santa Comba |
| Xallas | 1-1 | Grixoa |
1ª Autonómica, xornada 5
| Carral | 2-1 | Cee |
| Eume | 1-4 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 5
| Corcubión | 1-1 | Esteirana |
| Baio | 4-2 | Malpica |
| Nantón | Susp. | Zas |
| Mazaricos | 2-0 | Muros |
| Camariñas | 3-3 | Club do Mar |
| Castriz | 0-3 | Dumbría B |
| Buño | 2-1 | San Lorenzo |
| Sofán | 1-2 | Corme |
| O Pindo | 0-2 | Fisterra |
3ª Autonómica, xornada 5
| Laxe | 4-1 | Atl. Pereiriña |
| Lira | 0-1 | Coristanco |
| Cerqueda | 2-0 | Alcaián |
| Camelle | 1-5 | Montelouro |
| Indep. Carballo | 0-1 | Porteño |
| Carnota | 5-3 | Volantes |
| Fisterra B | 1-0 | Corcoesto |
| Soneira B | 1-4 | Outes |
| Muxía | 3-2 | Xaviña |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 3
Liga Xuvenil Sur, xornada 3
| Outes | 2-1 | Esteirana |
| Fisterra | 2-3 | Dumbría |
| Santa Comba | 6-0 | Muros |
| Soneira | 4-0 | Mazaricos |
| Cee | 1-0 | Corcubión |
Liga Xuvenil Norte, xornada 5
| Camariñas | 6-0 | Laxe |
| Dumbría B | 7-0 | Corme |
| Coristanco | 0-6 | Zas |
| Malpica | 2-1 | Baio |
| Ponteceso | 4-2 | Cabana |
División de Honra Cadete, xornada 3
| Pab. Ourense | 3-0 | Bergantiños |
Segunda Cadete, xornada 3
| Porteño | 0-9 | Dumbría |
| Baio | 8-0 | Coristanco |
| Santa Comba | 1-2 | Esteirana |
| Soneira | 4-1 | Fisterra |
| Muros | 8-0 | Muxía |
| Cee | 9-1 | Malpica |
| Outes | 4-0 | Zas |
| Ponteceso | 1-2 | Cabana |
Liga Cadete, xornada 3
| Muxía | 2-5 | Coristanco |
| Outes | 5-1 | E.M.F. Vimianzo |
| Ponteceso | 0-17 | Cabana |
| Santa Comba | 2-2 | Fisterra |
| Os Miudos | 1-4 | Esteirana |
| Baio | 1-10 | Con. de Carnota |
| Dumbría | 7-0 | Corme |
Ligas de Veteranos, xornada 4
1ª División
| Bergantiños | 3-2 | Castriz |
| Cabana | 3-0 | Camariñas |
| Nantón | 1-1 | Baio |
| Buño | 1-1 | Bergantiños |
| San Román | 2-5 | Corcubión |
| Bértoa | 5-4 | San Lorenzo |
| Zas | 2-0 | Ponteceso |
2ª División
| Soneira | 5-0 | Cerqueda |
| Malpica | 5-2 | Dep. Carballo |
| Leiloio | 1-1 | At. Milagrosa |
| Corcoesto | 2--1 | Sofán |
| Agualada | 3-3 | Corme |
| Camelle | 2-1 | Coristanco |
| Muros | 2-3 | Club do Mar |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).