Comezou marzo e segue a tope o #futboldacosta (animávosvos a seguir e actualizar os resultados a través deste hastag de twitter).
Só o Xallas venceu na Preferente, e facendo un favor ao Soneira, pero xa sabiamos que era unha xornada complicada. O Grixoa foi superior, sobre todo na segunda metade ao Dumbría, e o Compos foi demasiado para un Santa Comba que segue en progresión e que para nada tira a toalla. O Soneira non puido dicir adeus ao grupo de abaixo e caeu co Xove Lago e queda a 3 puntos da zona de descenso.
Na 1ª, o doble choque costeiro-coruñés rematou en táboas. O Cee empatou na casa co Victoria pero lle soubo a pouco, e o Ponteceso sacou un bo punto do campo do Imperátor.
Xa na Liga da Costa, resultados sorpredentes. Se o Club do Mar non fallaba onte en Buño, hoxe tampouco o facía o Camariñas ante a Esteirana nun partido máis difícil do que sinala o 5-2 final. Pero o que si non puido manter o ritmo foi o Fisterra, que caeu no sempre complicado campo do Carral ante un Sofán que dá o máximo ante os de arriba. Xa está o Malpica a tan só 1 punto dos fisterráns e a 5 do Camariñas, i é que os de David Baña veñen como motos e superaron ao Corme no Cairo con protestas locais pola arbitraxe.
Por abaixo a xornada era importante. Clave a vitoria do Mazaricos en Nantón, que deixa aos cabaneses en situación máis que complicada. No outro choque directo Castriz e San Lorenzo empataban, mentres que o Corcubión caía nun partido tolo co Muros e o Zas non pasaba do empate a 0, e gracias, ante un Pindo moi mellorado. Así, ata o Buño non se pode despistar pois está con 29 puntos, polos 26 do San Lorenzo, e os 25 do grupo formado por Zas, Mazaricos e Corcubión, mentres que Castriz está con 24, 3 por riba do Nantón.
E xornada tremendamente atípica na 3ª da Costa. Colócase líder o Outes, tras superar ao Porteño pola mínima, tras aproveitar os tropezos dos 5 de arriba. I é que Carnota e Cabana asinaban táboas o sábado, e quedan a 1 e 4 puntos respectivamente do liderato. Fallaba o Coristanco na casa ante o Soneira B deixándose 2 puntos vitais para achegarse aos de arriba; e o mesmo lle ocorreu ao Montelouro, que ve agora como o Cerqueda, que sacou 3 puntazos do Agra da Figueira, queda a 3 dos muradáns. Outros que fallaron foron os Volantes, e na casa, ante o Independiente, pero aínda así seguen empatados cos cerquedáns loitando polas 6 prazas de arriba.
Na Liguilla de ascenso Xuvenil comezan xa a notarse as diferencias entre os de arriba e os de abaixo. Dumbría B e Baio manteñen o liderato con 12 puntos, tras barrer os malpicáns a un decaído Camariñas, e tras vencer o Baio en Vimianzo ao Soneira. Por detrás segue o Malpica, que fulminou ao Corcubión, mentres que o Cee, a 2 do liderato, empataba con Santa Comba, que malia estar con tan 5 puntos non se deixa levar.
Na Copa, no Gr.1 Fisterra, Outes e Dumbría loitarán pola 3ª e 4ª praza, se ben parece que Zas e Coristanco están decididos. Pero a sensación segue a ser de gañas de rematar...
Preferente, xornada 26
Xove Lago
1-0
Soneira
Xallas
1-0
Gal. Mugardos
Dumbría
0-2
Grixoa
S.D. Compostela
3-2
Santa Comba
1ª Autonómica, xornada 25
Cee
1-1
Víctoria
Imperator
0-0
Ponteceso
2ª Autonómica, xornada 25
Buño
1-3
Club do Mar
Corme
0-1
Malpica
Sofán
2-1
Fisterra
Baio
4-0
Dumbría B
O Pindo
0-0
Zas
Corcubión
4-5
Muros
Nantón
0-2
Mazaricos
Camariñas
5-2
Esteirana
Castriz
2-2
San Lorenzo
3ª Autonómica, xornada 29
Atl. Pereiriña
0-3
Fisterra B
Xaviña
2-3
Lira
Cabana
2-2
Carnota
Muxía
1-1
Camelle
Coristanco
2-2
Soneira B
Volantes
1-2
Indep. Carballo
Montelouro
2-3
Cerqueda
Corcoesto
1-2
Alcaián
Outes
1-0
Porteño
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5