venres. 06.12.2024
El tiempo

Resultados do #futboldacosta na primeira xornada de marzo

Resultados do #futboldacosta na primeira xornada de marzo
Comezou marzo e segue a tope o #futboldacosta (animávosvos a seguir e actualizar os resultados a través deste hastag de twitter). Só o Xallas venceu na Preferente, e facendo un favor ao Soneira, pero xa sabiamos que era unha xornada complicada. O Grixoa foi superior, sobre todo na segunda metade ao Dumbría, e o Compos foi demasiado para un Santa Comba que segue en progresión e que para nada tira a toalla. O Soneira non puido dicir adeus ao grupo de abaixo e caeu co Xove Lago e queda a 3 puntos da zona de descenso. Na 1ª, o doble choque costeiro-coruñés rematou en táboas. O Cee empatou na casa co Victoria pero lle soubo a pouco, e o Ponteceso sacou un bo punto do campo do Imperátor. Xa na Liga da Costa, resultados sorpredentes. Se o Club do Mar non fallaba onte en Buño, hoxe tampouco o facía o Camariñas ante a Esteirana nun partido máis difícil do que sinala o 5-2 final. Pero o que si non puido manter o ritmo foi o Fisterra, que caeu no sempre complicado campo do Carral ante un Sofán que dá o máximo ante os de arriba. Xa está o Malpica a tan só 1 punto dos fisterráns e a 5 do Camariñas, i é que os de David Baña veñen como motos e superaron ao Corme no Cairo con protestas locais pola arbitraxe. Por abaixo a xornada era importante. Clave a vitoria do Mazaricos en Nantón, que deixa aos cabaneses en situación máis que complicada. No outro choque directo Castriz e San Lorenzo empataban, mentres que o Corcubión caía nun partido tolo co Muros e o Zas non pasaba do empate a 0, e gracias, ante un Pindo moi mellorado. Así, ata o Buño non se pode despistar pois está con 29 puntos, polos 26 do San Lorenzo, e os 25 do grupo formado por Zas, Mazaricos e Corcubión, mentres que Castriz está con 24, 3 por riba do Nantón. E xornada tremendamente atípica na 3ª da Costa. Colócase líder o Outes, tras superar ao Porteño pola mínima, tras aproveitar os tropezos dos 5 de arriba. I é que Carnota e Cabana asinaban táboas o sábado, e quedan a 1 e 4 puntos respectivamente do liderato. Fallaba o Coristanco na casa ante o Soneira B deixándose 2 puntos vitais para achegarse aos de arriba; e o mesmo lle ocorreu ao Montelouro, que ve agora como o Cerqueda, que sacou 3 puntazos do Agra da Figueira, queda a 3 dos muradáns. Outros que fallaron foron os Volantes, e na casa, ante o Independiente, pero aínda así seguen empatados cos cerquedáns loitando polas 6 prazas de arriba. Na Liguilla de ascenso Xuvenil comezan xa a notarse as diferencias entre os de arriba e os de abaixo. Dumbría B e Baio manteñen o liderato con 12 puntos, tras barrer os malpicáns a un decaído Camariñas, e tras vencer o Baio en Vimianzo ao Soneira. Por detrás segue o Malpica, que fulminou ao Corcubión, mentres que o Cee, a 2 do liderato, empataba con Santa Comba, que malia estar con tan 5 puntos non se deixa levar. Na Copa, no Gr.1 Fisterra, Outes e Dumbría loitarán pola 3ª e 4ª praza, se ben parece que Zas e Coristanco están decididos. Pero a sensación segue a ser de gañas de rematar...

Preferente, xornada 26

Xove Lago 1-0 Soneira
Xallas 1-0 Gal. Mugardos
Dumbría 0-2 Grixoa
S.D. Compostela 3-2 Santa Comba

1ª Autonómica, xornada 25

Cee 1-1 Víctoria
Imperator 0-0 Ponteceso

2ª Autonómica, xornada 25

Buño 1-3 Club do Mar
Corme 0-1 Malpica
Sofán 2-1 Fisterra
Baio 4-0 Dumbría B
O Pindo 0-0 Zas
Corcubión 4-5 Muros
Nantón 0-2 Mazaricos
Camariñas 5-2 Esteirana
Castriz 2-2 San Lorenzo

3ª Autonómica, xornada 29

Atl. Pereiriña 0-3 Fisterra B
Xaviña 2-3 Lira
Cabana 2-2 Carnota
Muxía 1-1 Camelle
Coristanco 2-2 Soneira B
Volantes 1-2 Indep. Carballo
Montelouro 2-3 Cerqueda
Corcoesto 1-2 Alcaián
Outes 1-0 Porteño

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 5

Santa Comba 2-2 Cee
Soneira 0-2 Baio
Dumbría B 7-1 Camariñas
Malpica 8-0 Corcubión

Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 5

Dumbría 2-0 Outes
Coristanco 3-2 Fisterra
Zas 8-2 Esteirana

Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 5

Corme 1-2 Cabana
Ponteceso 11-0 Muros
Mazaricos -- Descansa

2ª Cadete, xornada 25

Coristanco 6-0 Fisterra
Santa Comba 7-0 Zas
Soneira 0-2 Camariñas
Muros 2-2 Cee
Baio 03-3 Malpica
Porteño 1-3 Muxía
Cabana 3-5 Outes
Dumbría 12-0 Ponteceso

2ª Infantil, xornada 25

Santa Comba 9-1 Corme
E.M.F. Vimianzo 0-1 Coristanco
Cabana 7-0 Esteirana
Muxía 7-0 As Baleas
E.D. Os Miudos 0-18 Dumbría
Baio 0-5 Cee
Ponteceso 0-7 Con. de Carnota

Ligas de Veteranos, xornada 23

1ª División

Bergantiños 1-4 Ponteceso
Xv. Bergantiños 3-4 Nantón
Vimianzo 3-1 Buño
Castriz 1-0 San Román
Camariñas 2-1 Bértoa
Corcubión 5-0 San Lorenzo
Baio 1-1 Zas

2ª División

Dep. Carballo 0-0 Camelle
Sofán 1-2 Malpica
Agualada 1-5 Porteño
Corcoesto 1-1 Soneira
Corme 2-3 Cerqueda
Coristanco 11-0 Club do Mar
At. Milagrosa 0-1 Muros

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios