Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: O Fisterra cólase arriba

2ª Autonómica: O Fisterra cólase arriba
Xornada de tropezos esta 24 na zona alta da Liga da Costa. Ou máis ben de choques directos, nos que os de arriba non demostraron o seu poderío, dando conta da igualdade de forzas na segunda metade da liga. A xornada comezaba o sábado en Ara Solis, cun Fisterra-Camariñas en todo o alto que deixou os 3 puntos, xustamente, para os locais. E o domingo, o Club do Mar podería terse distanciado pero non puido cun Corme que mesmo mereceu algo máis na Porta Queimada. Preto dos, xa, 3 de arriba, temos ao Malpica, que chega con moita forza tras superar a un forte sofán. O Corme mantense 5º a 3 puntos dos malpicáns mentres parece que o Baio sofre as baixas e recúa. A xornada foi intensa na zona baixa, na que o San Lorenzo foi o único que sumou os 3 puntos. Zas e Corcubión empataron, igual que Buño e Mazaricos. O Castriz caía en Muros e a sorpresa a daba O Pindo en Dumbría B, sumando a súa 2ª vitoria da tempada.

Asemblea de clubes

A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.

Fisterra - Camariñas (4-1)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Pana, Gustavo, Manuel Cartamil, Santi, Roco (Insua, min.86), Roa (Rivas, min.79), Guardiola (Eddy, min.70), Dudo (Marco do Cabo, min.83) e Mané (Juan de Elvira, min.62).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Manuel, Carlos, Diango, Maikel, Paco, Moriño (Gatuso, min.80), Brais, Adrián Negro (Yuyo, min.61), Javi (Nené, min.88) e Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.33: Mané; 2-0, min.40: Dudo; 3-0, min.42: Mané; 3-1, min.69: Yuyo; 4-1, min.72: Dudo.
Unhas 400 persoas déronse cita no Arasolis para constatar que aínda queda moita liga e a cousa xa non está só en dúas máns, o Fisterra quixo sumarse a loita. Ao curto plantel do Camariñas estánselle a notar as baixas e suma xa catro xornadas sen gañar. O encontro comezou con respecto mutuo e sen apenas xogadas de gol, pero un arreón fisterrán camiño do descanso deixou o partido sentenciado. En menos de dez minutos os pupilos de Juan Jesús marcaron tres goles que foron irremontables para os de Pepucho. Mané abriu o marcador ao recibir un balón as costas da defensa e marcar de tiro cruzado, seguiulle un fermoso gol de Dudo, que dende o vértice da área pequena empalou unha bolea case en caía e marcou polo pau longo de Pombo e Mané puxo a puntilla ao marcar a pracer tras un centro lateral de Roa que se internou por banda dereita e puxo o balón entre a defensa e o meta Pombo. Tentaron reducir distancias os visitantes antes de ir ao descanso, pero nin Javi nin Juan conseguiron bater a Joselu. Tralo descanso, o partido rompeuse e calquera dos dous equipos puido marcar, quen o faría serían os visitantes por medio de Yuyo que recolleu un balón as costa da defensa e só con Joselu bateuno, a piques estivo de deter o balón o xoven meta fisterrán. Non lle deu tempo aos camariñáns a crer na remontada, pois tres minutos máis tarde Dudo recollía un pase longo e tras un recorte cara o interior da área e desfacerse de Maikel batía a Pombo de tiro raso e pegado ao pau. De aí ao final o partido rompeuse aínda máis, o Camariñas perdeu aínda máis o medio campo coa substitución de Moriño que non foi o motor doutras ocasións, e os visitantes tentaron facer aínda máis dano ao contra, pero o marcador xa non se movería máis.

Club do Mar - Corme (1-1)

  • CLUB DO MAR: Gonzao, Luís, Rubén, Alex (Chori, min.75), Repi, Jonhie, Fran Borrazás (Jacobo, min.46), Chapu (Santi Silva (min.46), Bertín (Brais, min.80), Vituco.
  • CORME: Susiño, Adolfo, Diego (Abel, min.60), Jesús, Pandi, Juan, Adri (Chino, min.85), Alejandro, Lucas, Alejo (Dani, min.75), Iago.
  • Goles: 0-1, min.18: Alejo rematando unha xogada por banda; 1-1, min.55: Vituco de penalti.
Partidazo na Porta Santa entre un Club do Mar tan firme coma sempre e un Corme sen medos. Adiantouse o Corme, que empezou moi aguerrido, e mereceron o gol tras unha ocasión de Alejo, e varias chegadas por banda con velocidade e boas combinacións. Así chegou o gol, nunha xogada por banda que rematou o propio Alejo. Antes do desncaso puido sentenciar o Corme, pero tamén ao fío do descanso un cabezazo dos locais obrigou a Suso a facer unha gran parada. Foi mellorando o Club do Mar no comezo da segunda metade, e tivo a sorte de cara cando o colexiado pitou un penalti por unha man, posiblemente involuntaria nunha xogada sen perigo. Aí chegou o baixón do Corme e o Club do Mar apretou con unha boa ocasión de Bertín, e con moitas faltas laterais e xogadas a balón parado. O Corme agunatou como puido o chaparrón final pero sumou un punto merecido, e xa se prepara para o encontro do próximo domingo, un Corme- Malpica separados por 3 puntos, e cun empate na primeira volta. Os cormeláns levan 19 puntos na casa e 25 puntos fóra, onde só perderon en Esteiro tras ir vencendo 0-2.

Esteirana - Baio (3-2)

  • ESTEIRANA: Benancio, Simón, Suizo (Maxi, min.85), Dani Rama, Adelino, Pichu (Uru, min.50), Andel, Alex, Eloy (Adrián, min.55), Iago (Cajulo, min.46), Roberto Pladur.
  • BAIO: Manuel (Poyo, min.15), Fredi (Fermín, min.70), Iván (Fachal, min.55), Matías, Ramón, Mario, Martín, Eloy, Canai, Javi Suárez, MC.
  • Goles: 1-0, min.5: Roberto Pladur; 2-0, min.10: Roberto Pladur; 2-1, min.55: MC; 3-1, min.70: Roberto Pladur; 3-2, min.84: Fermín.
  • Lesión: o meta baiés Manuel.
Partido moi competido en Esteiro con algo de protagonismo arbitral, que levou a Esteirana con un Roberto Pladur protagonista. O punta local asinou 3 golazos e acabou expulsado, ante un colexiado que fixo sonar demasiado o silbato e non favoreceu a ningún equipo nin ao espectáculo. O Baio, que segue acusando baixas importantes, tardou en meterse no partido. Así se puxo moi fácil para a Esteirana que en 10 minutos xa ían 2-0. Pero saíu a por todas o Baio na segunda e recurtou por medio de MC. E cando mellor estaban os visitantes chegou o terceiro de Roberto Pladur antes de ser expulsado. Fermín puxo a incertidume e a Esteirana acabou pedindo a hora.

Dumbría B - O Pindo (2-3)

  • DUMBRÍA B: Sergio, Samuel, David Carreira, Yerai (José Carreira, min.25), José Manuel (Tati, min.70), Jesús, Capi, Estban, Rodrigo (Ivanete, min.60), Alberto e Pablo Lestón.
  • O PINDO: Bicho, Javi Conexo (Diego, min.50), Alex, Juan de Dios, Juan Fis, Manolito, Lolo, Eloy, Carlos Leis, Diego Riolo (Garrido, min.90), Pablo.
  • Goles: 0-1, min.10: Carlos Leis; 1-1, min.25: David Carreira; 2-1, min.82: Alberto; 2-2, min.85: Diego Riolo; 3-2, min.90: Diego Riolo.
Tremendo final de partido no Conco que deixa a segunda vitoria da temporada para O PIndo. Unha vitoria que chegou remontando, o que lle dá máis valor, pois coa liña que viña traendo, ao porse por debaixo do marcador sempre se viñan abaixo. O partido foi igualado. O Pindo saíu desta volta, crendo na vitoria e Carlos Leis puña en vantaxe aos carnotáns. Pronto respondía os locais, que tardaron en meterse no partido. O partido continuou igualado, e cando parecía que acabaría en empate, Alberto marcou para os locais. Este gol espertou aos carnotáns, que se volcaron e en menos de 10 minutos remontaron con goles de Diego Riolo celebrando unha vitoria moi importante para eles. Así e todo, a salvación aínda queda lonxe.

Zas - Corcubión (2-2)

  • ZAS: Damián, Pereiro, Dani,Oli, Ramón (Quintáns, min.85), Rubio, Mancebo, Jaime, Lagoa, Peque (Pastor, min.60), Pablo Muíño.
  • CORCUBIÓN: Cristian, Conguito, José de Atalaya, José María, Papi, Lema, Alán, Sebas, Edu, Lourido, Mario (Paulo, min.60) (Antonio, min.80).
  • Goles: 1-0, min.15: Rubio; 1-1, min.30: Sebas; 1-2, min.70: Lourido; 2-2, min.80: Lagoa de penalti.
Empate positivo para ambos conxuntos nunha semana de tropezos na zona baixa. Foi todo un partido de poder a poder, cun Zas levando a iniciativa, e un novo Corcubión de Nito ben armado, saíndo con perigo. Rubio adiantaba aos locais, pero Sebas anulaba a renda. Na segunda, o Corcubión apretaba e se puxo por diante cun bo tanto de Lourido. Foi aí cando reaccionou o Zas, que iso si, só puido empatar cun penalti cometido sobre Pablo Muíño.

Muros - Castriz (3-2)

  • MUROS: Trozo; Dani, Marco Antonio, Gael, Gelo, Sexo, Mingos (Teo, min.60), Jesús (Mayu, min.65), Aitor, Oscar (Alberto, min.75), Yanki (Adrián, min.80).
  • CASTRIZ: Herrera, Iván, Alex, Toniño, Sergio Pose (Sergio Gerpe, min.80), Toño, Mauri, Martín (Rubén, min.60), Jonhie, Pablo (Alberto, min.75), Sebas.
  • Goles: 1-0, min.10: Yanki; 1-1, min.25: Mauri; 1-2, min.60: Mauri; 2-2, min.80: Óscar; 3-2, min.85: Aitor.
Partido bonito, con alternativas no xogo e no marcador, que deixa 3 puntos en Muros pero que tamén deixa unha gran imaxe do Castriz, que fallou nos últimos minutos en defensa e deixou escapar a vitoria. Yanki adiantaba aos locais pero de contado Mauir empataba. Así marchaba o partido para os vestiarios. Comezaba o Castriz controlando o balón na segunda metade, e tiveron varias ocasións para poñerse por diante antes de que o fixera Mauri. E cando parecía que a vitoria marcharía para Santa Comba, o Muros tirou de rabia e empurrou ante que deu a volta ao marcador nos últimos 10 minutos.

San Lorenzo - Nantón (3-1)

  • SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Anxo, Quillo, Santi (Casillero, min.55), Adrián, Fuentefría, Cachizo, Jorge Pichel (Miguel, min.70), Carliños (Canteirio, min.85), Chucho.
  • NANTÓN: Ernesto, David Lareo, Eloy (Carlos Santos, min.75), Felix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Iván Rubén, min.65), Manolo, Martín.
  • Goles: 1-0, min.20: Carliños; 1-1, min.44: Martín tras un centro de Iván; 2-1, min.60: Cachizo de rexeite tras unha parada a un tiro de Carliños; 3-1, min.75: Puñal de volea pola escuadra tras unha xogada ensaiada.
Partido importantísimo na zona baixa. A balón parado estaba a clave do partido, e os de Verdillo estivo máis fino. O San Lorenzo tivo máis o control do balón, e se adiantaron por medio de Carliños. Pero o Nantón non se veu abaixo e empataou antes do descanso por medio de Martín tras unha boa combinación dos cabaneses por banda. O campo pequeno non favorecía aos visitantes e os locais fixeron o seu en xogadas de estratexia, asinando dous tantos de bella factura, sobre todo o de Puñal, que nun córner ensaiado, empalmou unha volea de cine para rubricar a vitoria local. Queda agora o Nantón metido na penúltima posición, mentres que o San Lorenzo asoma a cabeza e xa está 13º empatado co Corcubión.

Mazaricos - Buño (0-0)

  • MAZARICOS: Juan, Casais (Marco, min.46), Matías, Tuco, Bubi, Ramón (Chico, min.80), Cristian (Aldo, min.55), Rodri, Estéfano (Esteban, min.55), Kevin, Brais
  • BUÑO: Toni, Ángel, Diego, Brais, Jorge, Luís, Ismael, Dourado (Emilio, min.70), Miguel, Juan, Víctor.
Estreábase José Antonio Alvite no banco do Mazaricos trala renuncia de Raul Periscal. E o partido importante ante un Buño que se mantén lixeiramente por riba da zona de perigo saldouse cun empate a 0. Ningún dos equipos quixo arriscar, e as poucas ocasións que se viviron nin foron demasiado claras nin foron aproveitadas.

Malpica - Sofán (4-2)

  • MALPICA: Suso; Avelino, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, (M. Pardo, min.77), Cheo (Iago, min.83), Pablo, (Marcos Amado, min.62), Tato, Charro, (Daniel, min.71).
  • SOFÁN: Richard (Luis de la Peña, min.46), Adrián, Diego (Juanjo, min.62) Miniño, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Gurita (Jacobo, min.46), Suso Docampo, Berti (Víctor Docampo, min.60), Iván Rey, Abel (Edu, min.46).
  • Goles: 1-0, min.18: Cheo de centrochut que entra pola escuadra; 2-0, min.26: Neucha de volea tras un rexeite; 3-0, min.56: Neucha asina un golazo de falta; 3-1, min.61: Víctor remata un centro de Suso; 4-1, min.62: centro de Cheo que mete Adrian en propia porta. 4-2, min.67: Suso aproveita un erro na defensa local para bater o porteiro malpican.
Partido vibrante e intenso, como non podía ser doutro xeito, entre dous equipazos e ante dúas afeccións volcadas. O Malpica continúa coa súa tremenda racha e xa van 13 xornadas sen coñecer a derrota. Onte saíu convencido duha nova vitoria e no primeiro periodo foi moi superior a unha SD, que o intentaba pero non podía superar a forte presión dos de David Baña, ex do Sofán. Cheo e Neucha adiantaban aos locais aos 25 minutos, e Tato avisaba do terceiro cun balón á madeira e varios pases de calidade. A segunda comezaba cun novo golazo de Neucha que parecía sentnciar o partido, pero o Sofán foise arriba e o partido endureceuse. Recurtou a SD pero non foi quen de igualar. O Malpica sofre iso si unha baixa inesperada. A de Cheo, que por motivos laborais e de estudos, abandona temporalmente a disciplina do clube malpicán, por un período aproximado de catro a seis meses. A Pedra Queimade rendiulle unha boa homenaxe cando foi sustituido.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios