![Fisterra-Camarinas]()
Nova xornada de 
#futboldacosta esta fin de semana de 25 e 26 de febreiro de 2012. E moi interesante ademais, comezando pola 
Preferente, que se centraba nun novo derbi en Fontela que volveu deixar os 3 puntos para o cadro laranxa. Parece que os derbis están servindo para espertar ao 
Santa Comba e desta volta foi o Dumbría o que sufriu a derrota. Ademais o 
Xallas acadou un bo punto en Grixoa e o 
Soneira quedou cun respectuoso empate ante o Ribadeo nun choque directo e que sabe a pouco aos soneiráns.
Mala xornada, unha vez máis, para os nosos 
na 1ª. O Ponteceso non podía ante o líder, e o Cee volvía de baleiro de Noia.
Xa na Liga da Costa, moitas novidades. Fallaron os de arriba, e se o 
Fisterra superaba con claridade ao 
Camariñas o sábado en Ara Solis, hoxe o 
Club do Mar non era quen de superar a un descarado 
Corme, que arrincou 1 punto da Porta Santa e puido levar algo máis. Por detrás segue forte o 
Malpica que superaba a un Sofán que viña cunha liña moi positiva. Parece que o 
Baio se descolga tras caer en 
Esteiro e queda en zona morna cos esteiráns e o 
Muros.
Por abaixo houbo xornada intensa. Só o 
San Lorenzo sumaba os 3 puntos ante o 
Nantón nun choque directísimo, polo que queda agora na 13ª posición empatados co 
Corcubión, que con Nito no banco trala destitución de Manín, sumou o seu primeiro punto ante o Zas. 
O Mazaricos, con novo adestrador, José Antonio Alvite, trala dimisón de Persical empataba co 
Buño e o 
Castriz caía en Muros, polo que queda o Nantón no 2º posto de descenso con 21 puntos, Mazaricos con 22, Castriz con 23, Zas con 24 e San Lorenzo e Corcubión con 25. Salientable tamén a 2ª vitoria do ano do Pindo, remontando e todo, ante o Dumbría B.
Segue a loita encarnizada nos postos altos da 
3ª. O líder, o 
Carnota non falla e mallaba no Muxía. A 1 punto segue o 
Outes, que gañaba comodamente en Alcaián. E a 3 está o 
Cabana, que sufría pero superaba ao Lira. 4º, e xa a 8 puntos do líder, está o 
Coristanco, que venceu en Fisterra e aproveitou o tropezo do 
Montelouro en Carballo. Así, o 
Volantes achégase a ese 5º posto tras vencer ao Soneira B quedando a 3 puntos, 3 por diante á súa vez do 
Cerqueda, que parece ser a fronteira dos equipos con opcións.
En 
xuvenís a cousa ponse verdadeiramente igualada. Na Liguiña Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega as vitorias de Cee e Baio sobre Dumbría B e Santa Comba e o empate do Malpica en Vimianzo, deixa un 
triple empate na cabeza entre dumbrieses, baieses e ceenses, con 9 puntos, só un máis que o Malpica. Parece que os 4 serán os que loiten polas 2 prazas que dan acceso á Fase de Ascenso.
Na 
Copa, Zas e Mazaricos seguen destacados nos seus grupos, e os que se descolgan son Esteirana e Dumbría A no Gr.1  e Muros no Gr.2.
Preferente, xornada 25
| Soneira | 0-0 | Ribadeo | 
| Grixoa | 2-2 | Xallas | 
| Santa Comba | 2-1 | Dumbría | 
1ª Autonómica, xornada 24
| Ponteceso | 0-2 | Sada | 
| Noia | 2-0 | Cee | 
2ª Autonómica, xornada 24
| Fisterra | 4-1 | Camariñas | 
| Club do Mar | 1-1 | Corme | 
| Esteirana | 3-2 | Baio | 
| Dumbría B | 2-3 | O Pindo | 
| Zas | 2-2 | Corcubión | 
| Muros | 3-2 | Castriz | 
| San Lorenzo | 3-1 | Nantón | 
| Mazaricos | 0-0 | Buño | 
| Malpica | 4-2 | Sofán | 
3ª Autonómica, xornada 28
| Laxe | 5-0 | Xaviña | 
| Lira | 0-1 | Cabana | 
| Camelle | 0-1 | Atl. Pereiriña | 
| Indep. Carballo | 2-1 | Montelouro | 
| Soneira B | 0-2 | Volantes | 
| Carnota | 13-2 | Muxía | 
| Fisterra B | 1-2 | Coristanco | 
| Cerqueda | 6-0 | Corcoesto | 
| Alcaián | 1-4 | Outes | 
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 4
| Camariñas | 1-2 | Corcubión | 
| Soneira | 1-1 | Malpica | 
| Baio | 2-1 | Santa Comba | 
| Cee | 2-0 | Dumbría B | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 4
| Outes | 1-2 | Coristanco | 
| Fisterra | 3-3 | Zas | 
| Esteirana | 1-2 | Dumbría A | 
Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 4
| Muros | 1-3 | Mazaricos | 
| Cabana | 2-2 | Ponteceso | 
2ª Cadete, xornada 24
| Camariñas | 1-2 | Cabana | 
| Esteirana | 1-1 | Coristanco | 
| Fisterra | 0-7 | Dumbría | 
| Ponteceso | 5-1 | Porteño | 
| Muxía | 1-4 | Baio | 
| Zas | 0-8 | Soneira | 
| Malpica | 1-1 | Santa Comba | 
| Outes | 5-2 | Muros | 
2ª Infantil, xornada 24
| Fisterra | 5-0 | E.M.F. Vimianzo | 
| Dumbría | 11-0 | Baio | 
| Coristanco | 1-11 | Cabana | 
| Esteirana | 6-2 | Ponteceso | 
| Con. de Carnota | 1-1 | Outes | 
| Corme | 3-3 | Muxía | 
| As Baleas | 1-6 | E.D. Os Miudos | 
Ligas de Veteranos, xornada 22
1ª División
| Buño | 0-8 | Castriz | 
| Bértoa | 1-2 | Baio | 
| Cabana | 2-0 | Bergantiños | 
| Nantón | 2-1 | Vimianzo | 
| Zas | 4-3 | Bergantiños | 
| Ponteceso | 2-2 | Corcubión | 
| San Román | 5-0 | Camariñas | 
2ª División
| Porteño | 4-0 | Sofán | 
| Soneira | 3-0 | Corme | 
| Malpica | 2-1 | Leiloio | 
| Agualada | 1-2 | Dep. Carballo | 
| Camelle | 2-3 | At. Milagrosa | 
| Muros | 3-0 | Corcoesto | 
| Cerqueda | 2-1 | Coristanco | 
Máis información
Crónicas da semana
Máis novas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).