3ª Autonómica: Xa temos ascensos
Dos cinco primeiros só o Montelouro fallou e pese a estar ao comezo da campaña varias xornadas no máis alto da táboa agora ve ameazado o quinto posto polo Cerqueda e Volantes que veñen apretando forte. O Volantes desfíxose do Soneira B e o Cerqueda goleou no derbi de proximidade ao Corcoesto. O Cabana tivo que sufrir moito en Lira para sacar os tres puntos no tempo de desconto nun partido moi cargado de polémica, pola contra o líder Carnota pasaba por enriba do Muxía endosándolle a goleada da tempada.
O Outes gañou con comodidade no campo do Alcaián nun partido moi práctico, mentres que a vitoria máis dolorosa foi para o Coristanco, sacou os tres puntos en tempo de desconto, pero a mala noticia foi a lesión do seu goleador e buque insignia, Toniño, o dianteiro rompeu o talón de Aquiles e ve como se acaba a campaña para el. Coa goleada ao Xaviña, o Laxe volve a coller unha boa racha e suma xa cinco encontros sen perder.
2 prazas de ascenso directo
E parece que xa están determinadas as prazas que ascenderán á Liga da Costa. Os 2 primeiros ascenderán directamente e o resto de prazas que queden vacantes polos ascensos á nova 1ª Autonómica, xogaranse en sistema de Copa entre o 3 e o 6º, enfrontándose o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º.
Así, entre os gañadores xogarase un novo partido para determinar quen é 1º e 2º, e entre os perdedores ocorrirá o mesmo. Faise necesario determinar a orde pois ao ser incerto o número de ascensos, é preciso determinar as posicións na táboa. Agárdase que non haia en ningún caso a posibilidade de que ascendan máis de 6 equipos.
Asemblea de clubes
A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.
Un dos temas a falar será precisamente o das prazas de ascenso.
Cerqueda - Corcoesto (6-0)
- CERQUEDA: Fredi, Rober (Bastón), Dani, Javi, Jorge, Manu (Maikel, min.52), Alex, Lorenzo, Dieguito, You (Rubén, min.66) e Juanjo.
- CORCOESTO: Siro, Lista (Manuel, min.65), Edelmiro, Pablo, Germán, Couto (Xabi, min.46), Rodri, Uru (Javi, min.20), Martín (Pichón, min.60), Miguel e Héctor.
- Goles: 1-0, min.21: Alex; 2-0, min.32: Alex, de penalti; 3-0, min.40: Alex; 4-0, min.48: Manu; 5-0, min.50: Manu; 6-0, min.81: Alex.
- Lesións: O local Rober cun tirón muscular e o visitante Uru cun esguince.
Sorprende que houbera tantos goles nun partido que o árbitro non deixou que se xogara, constantes interrupcións no xogo por faltas e múltiples fóras de xogo foron unha queixa dos dous equipos. O Cerqueda estivo moi acertado no remate e propiciou que gañara con comodidade. Os visitantes protestaron os dous primeiros goles, o primeiro por que entendían que había fóra de xogo e o segundo por un penalti inexistente.
Tralo descanso, Manu con dous goles a saída de dous córners puxo a sentenza definitiva.
Lira - Cabana (0-1)
- LIRA: Santi, Manolo, Suso Perico, Yeray, Michelón, Jose, Gabri, Suso Patachín, Abel (Lalo, min.50), Ancho e Fran Perico.
- CABANA: Añón, Pancho (Sandro, min.61), David, Marcos, José, Eloy García, Darío, Fernando, Eloi Pereira, Diego e Eliseo.
- Goles: 0-1, min.96: Eloy García.
- Expulsión: Michelón (min.2) do Lira.
Independiente - Montelouro (2-1)
- INDEPENDIENTE: Upi, Toni (Brais, min.74), Ruben, Rafa (Dani, min.66), Efrén, Scott (Jonathan, min.60), Carlos, Sande, Cholo, Braian e Juni.
- MONTELOURO: Isma, Bolo, Alvaro (Teo, min.46), Pablo, García (Canelo, min.70), Chema, Fernando, Denís (Rico, min.39), Edu, Pesco e Geiko (Raúl, min.70).
- Goles: 1-0, min.27: Cholo; 1-1, min.89: Rico; 2-1, min.94: Cholo.
Camelle - Atl. Pereiriña (0-1)
- CAMELLE: Carlos Purrúa, Carlos de Bido, Manuel, Mauri, Adrián, René, Varu (Valiña, min.55), Jose (Tedín, min.75), Sergio, Iván e Mario.
- ATL. PEREIRIÑA: Simón, Jorge, Mateo, Alvaro Fiuza, Javichu, Riki, Javier, Víctor, Poki, Néstor e Grille.
- Gol: 0-1, min.75: Néstor.
Fisterra B - Coristanco (1-2)
- FISTERRA B: David Perlón, Rubia, Cote, Pablo, Noé, Eddy (Eloy, min.70), Gaby (Champy, min.55), Hidalgo, Carlos (Diego, min.80), Bruno e Insua.
- CORISTANCO: Pombo, Arantón, Germán, Óscar, Marcos, Luís, Sergio, Mallón (Adrián, min.70), Pazos, Castro (Benitez, min.60) e Toniño.
- Goles: 1-0, min.61: Carlos, de tiro desde fóra da área tras tocar en Arantón, 1-1, min.85: Toniño de penalti por mans de Cote; 2-1, min.92: Germán define no man a man tras pase de Benitez.
- Expulsión: O local Cote (min.85) con cartón vermello directo por sacar un balón coa man baixo paus.
- Lesión: O goleador visitante Toniño un forte golpe nun nocello.
Laxe - Xaviña (5-0)
- LAXE: Illote, Rellán, Jacinto, Naya (Nucho, min.65), Ventura, Roi (Rivera, min.55), Borja (Felipe, min.69), Darío, Manuel, Samuel, e Zurich (Aarón, min.46).
- XAVIÑA: Pablo, Alberto, Chiribí (Diango, min.60), Sergio, Rubén, Adrián (Brion, min.46), Carlos, Caamaño, Elvis, Diego (Diego II, min.46) e Búa.
- Goles: 1-0, min.10: Zurich; 2-0, min.25: Zurich; 3-0, min.30: Samuel; 4-0, min.70: Felipe; 5-0, min.80: Samuel.
Alcaián - Outes (1-4)
- ALCAIÁN: Rizos, Paris, Rubén, Dani, Souto, Luisito, Víctor Pazos, Portillo, Tote, Daviciño e Roberto.
- OUTES: Gato, Alvaro, Rafa, Lago, Debé, David, Martín, Fabio (Elías, mi.76), Deivi (Kin, min.31), Potro (Damián, min.84) e Fernando (Pesco, min.58)
- Goles: 0-1, min.6: Lago; 0-2, min.20: Lago; 1-2, min.85: Roberto; 1-3, min.85: Elías; 1-4, min.88: Kin.
Soneira B - Volantes (0-2)
- SONEIRA B: Víctor, Chans, Vicente, Alberto, Chuchi (Héctor, min.46), Jemisa, Quilmes, Dani, Cho (Borja Cadete, min.63), Capote e Cristian Figueroa (Curra, min.46).
- VOLANTES: Yago, Fran, Jose, Mou, Paquy (Juan, min.46), Nimo (Javi, min.55), Ramón, Seluco, Piti, Brais e Ivi (Edu, min.66).
- Goles: 0-1, min.39: Ivi; 0-2, min.57: Seluco.
Carnota - Muxía (13-2)
- CARNOTA: Peipo, Tono da Caixa, Manolo (Urko, min.55), Pedro (Boni, min.55), David de Brea, Manuel Luís (Tono Goyanes, min.25), Borja Santos (Pumuki, min.35), Jacobo (David Castreje, min.55), Manoliño e Joselu.
- MUXÍA: Jose Antonio, Currás, Carrera, Sergio, Carrera, Ramón, Ziro, Julián, Raúl, Pesqui, Felipe, e Arxires (Antonio, min.46).
- Goles: Os locais foron obra de Joselu (4), Borja Santos (3), Manoliño (3), Davis Castreje, Rodrigo e Tono Goyanes. Os goles do Muxía foron de Arxires (2-1) e de Pesqui, de penalti (10-2).
- Lesións: Os locais Manuel Luís e Borja Santos.
Máis información
Crónicas da semana
- 2ª Autonómica: O Fisterra cólase arriba.
- Preferente: O Santa Comba resurxe a base de derbis.
- 1ª Autonómica: Nova xornada de derrotas.
- Resultados da última fin de semana de febreiro no fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora David Castro.