Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un repaso ás Ligas de Veteranos

Un repaso ás Ligas de Veteranos

Na 1ª División segue o San Román imparable e esta semana era o Camariñas o que sufría a ira do líder. Un líder que leva dende a xornada 8 sen coñecer a derrota, aí é nada.
Por detrás sitúase o Castriz, que mallaba esta fin de semana no pechacancelas, o Buño. Os xalleiros só perderon 1 dos 11 últimos partidos.
Decaído está o Corcubión nos últimos tempos e tras estar de lider moitas xornadas xa leva 4 semanas sen gañar e está a 6 puntos do líder.

Parece que o título decidirase entre estes 3 equipos, se ben o descenso parece que será cousa de dous. Buño e Vimianzo, con 11 e 12 puntos respectivamente, están lonxe da salvación. Unha salvación que marca o Camariñas con 19 puntos.

Na 2ª División parece que os dous postos de ascenso están case sentenciados. Continúa o Soneira como líder destacado con 8 puntos de vantaxe sobre o Coristanco, pero é que o cadro bergantiñán ten outros 9 puntos de vantaxe sobre os perseguidores, Muros, Malpica e Corcoesto.

Unha rede submariña moi activa

Así, non deixamos de invitarvos a que pasedes a coñecer a rede submariña de blogs dos Veteranos. Parece difícil de crer, pero se ben non hai un só blog en toda a bisbarra de fútbol xuvenil, os máis veteranos son os máis activos. Ademais, o humor que destila cada blog dá conta de como se toman a competición: dun xeito moi san.

Rede de blogs dos Veteranos

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios