Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Resultados dunha xornada completa de Difuntos

Resultados dunha xornada completa de Difuntos
SO o Zas segue o ritmo do Ponteceso na Liga da Costa-Foto-Alejandro Mel Só o Zas segue o ritmo do Ponteceso na Liga da Costa-Foto-Alejandro Mel

Xornada da ponte de Difuntos con máis de 70 partidos en liza no Fútbol da Costa.

Unha xornada que nos depara moitas cousas, como que o Dumbría sae dos postos de descenso da Preferente Norte ao sumar a súa segunda vitoria seguida, mentres o Xallas volvía caer na casa e queda metido no pozo.

O partido da xornada xogábase na Primeira Autonómica, cun derbi no Carral cun ambiente de excepción e que levou o cadro local pola mínima ante un gran Corme. Pero o que segue impecable é o Soneira, con 25 puntos de 27 posibles, e volvía superar con solvencia ao pechacancelas, e xa ten 4 puntos sobre os seus perseguidores.
Malas novas, de novo, para os outros 3 equipos costeiros da categoría. Derrota do Outes, Malpica e Baio, que deixan ao cadro baiés, xunto co cormelán, en postos de descenso.

Xa na Liga da Costa, na Segunda Autonómica, só o Zas, que cumple 40 anos, aguanta o ritmo do Ponteceso. Por detrás fallaron o san Lorenzo en Buño, o Baíñas en Cee co Ameixenda, e o Castriz que non pasou do empate na Ponte do Porto, permitindo así que Mazaricos e Fisterra se metan nese grupo perseguidor. Por abaixo segue preocupando o Cabana e o Volantes, mentres o Cee vencía na volta de Cambeiro a Lombáns, salvando así unha serie negativa de resultados e ambiente.

Aproveitaron Laxe, Montelouro, Camelle e Muxía para achegarse ao Corcubión, que descansaba, na xornada da Terceira Autonómica.

Xa na base, o que segue incrible é o Dumbría da Xuvenil - Liga Galega, que vencía na Coruña e segue de líder. Mentres, o cadro da Cadete - División de Honra non pasaba do empate na casa pero mantense na zona media con solvencia.

Ademais de todos as ligas de base e dos Veteranos, saben que teñen tamén actualizadas as Ligas de FS de Cee e Carballo.

 

Preferente Norte, xornada 11

 

Primeira Autonómica, xornada 9

Segunda Autonómica, xornada 9

Terceira Autonómica, xornada 7

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 8

Orillamar2-3Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 8

Dumbría0-0Victoria
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 9

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 9

 

Primeira Cadete, xornada 8

Primeira Infantil, xornada 8

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 5

BenxamínCosta Sur F8, xornada 5

 

Veteranos, 1ª División, xornada 7

Veteranos, 2ª División, xornada 7

 

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios