Luns. 16.09.2024
El tiempo

O circuíto Travesía Costa chega este sábado ao seu fin no Ézaro

Máis de 1.500 deportistas participaron nas 6 probas que se realizaron en distintos puntos da provincia
O circuíto Travesía Costa chega este sábado ao seu fin no Ézaro

Este sábado, día 7, o Ézaro será o punto final do circuíto Travesía Costa Duacode, apoiado pola Deputación da Coruña, despois das seis probas na provincia nas que participaron máis de 1.500 deportistas chegados de todos os puntos de Galicia, pero tamén de Portugal, Asturias, Madrid ou Canarias, entre outras localizacións xeográficas.

A cita do sábado forma parte, ademais, do Campeonato de España de Aguas Abiertas da Real Federación Española de Natación. Concretamente, é a décimo sexta proba dunha competición que conta con 18 no seu calendario.

A proba deportiva presentouse onte na Deputación da Coruña nun acto no que participou o deputado de Deportes, Antonio Leira, o alcalde de Dumbría, Raúl González Lado, e o presidente do Club Hercules Xtreme, Sergio Castellanos, ademáis doutros representantes do concello anfitrión e da organización do evento.

O Ézaro será o peche dun circuíto que comezou o pasado mes de xuño e xa pasou pola Coruña, Oleiros, Sisargas-Malpica, Finisterre e Portosín. En todos eses lugares, Travesía Costa mesturou diferentes probas en canto a distancias e modalidades, xa que o obxectivo da organización é fusionar a competitividade co deporte popular e a súa función integradora.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, e o alcalde de Dumbría, Raúl González, animaron a participar no evento e na gran festa final do Circuíto, no que participaron este ano 1.500 nadadores e nadadoras e que segundo o rexedor contará cunha final espectacular nas augas do Ézaro.

Leira puxo en valor a Travesía Costa como un “exemplo” de evento que acada todos os obxectivos que debería ter o deporte: “Desde a transmisión de valores como a necesidade de integrar e coidar o medio ambiente ata a promoción do territorio e da actividade física como elemento fundamental para ter unha boa saúde”.

Realizamos probas para menores e tamén adaptadas para deportistas con algún tipo de discapacidade, xa que a integración é unha das nosas labores paralelas”, apuntou Sergio Castellanos, presidente do Hércules Xtreme e organizador da cita.

A maiores, C

astellanos destacou o incremento de presenza feminina, con máis dun 30% de nadadoras, e a contribución do evento á “dinamización do turismo” e a “promoción da sustentabilidade e coidado dos mares”, traballando sen plásticos.

E evento contará coa proba de 4.500 metros do Campeonato de España de Aguas Abiertas e ademais dúas probas populares de dúas distancias: os devanditos 4,5 quilómetros e outra de 2.000 metros. Cada unha das travesías conta con disciplina absoluta, júnior, máster por grupos de idades e equipos.

Como evento especial non competitivo realizarase unha travesía a nado nocturno na contorna da Cascada do Ézaro. Deste xeito, o evento alongarase ata a medianoite tras comezar a partires das 16:00 horas.

Comentarios