E comezamos o repaso pola Preferente, onde esta 4ª non foi unha xornada moi positiva. O Bergantiños foi o único que acadou os 3 puntos e xa van 4 vitorias consecutivas neste ilusionante comezo de campaña. Polo demais, só o XSC sumou, un empate en Narón que mantén aos de Julio Martínez na 7ª praza con 7 puntos. Os que quedaron sen premio foron o Soneira, que víu como O Val lle remontaba na casa, e o Dumbría, que loito en Monforte ata o último suspiro pero o Lemos pegou de último. Ambos quedan con 4 puntos.
Na 1ª, un pouco de todo. Unha vitoria, da man do Camariñas onte ante o Piloño estreando o taboleiro. Unha derrota, a do Ponteceso en casa ante o potente Puebla. E 3 empates, da Esteirana en Arzúa, do Baio en Padrón, e do Malpica en casa ante o Unión.
Mentres na Liga da Costa, seguen sorprendendo o Outes e o Porteño, os únicos que suman 2 de 2, tras arrasar co Cabana e superar pola mínima a todo un Corme, respectivamente. Mentres, favoritos como Fisterra, Zas ou Cee van collendo o tono, coas súas primeiras vitorias. Polo de pronto, quedan sen puntuar IDC e Cabana.
E seguen Dumbría e Ponteceso implacables nas Ligas Xuvenís. Polo Sur, o cadro dumbriés vencía 1-4 en Vimianzo ante o Soneira e suma 3 de 3 con moi bos números. Por detrás esa Esteirana que o ano pasado despuntou en cadetes parece xa adaptada á categoría, e se sitúa 2º con 7 puntos tras vencer 5-0 ao Fisterra. Polo Norte, o Ponteceso vencía 4-2 a un Laxe que tamén chegaba imbatido, polo que se queda só no máis alto da táboa, por diante do Corme, que vencía a un Castriz que segue adaptándose pouco a pouco á categoría no ano da súa estrea.
Gran debut dos cadetes do Dumbría na División de Honra, nada menos que traendo os tres puntos de Lugo, ante o equipo da cidade. Non foi, sen embargo, tan positiva a primeira xornada na Liga Galega Infantil. Si gañou o Bergantiños ao Orillamar, pero o Dumbría e o Xallas de Santa Comba sucumbían ante o Monteañeros e o Ural. E tamén deu comezo a I Copa da Costa Cadete, da que esta semana traeremos todo o calendario.
E de estreas tamén andan nos Veteranos, que comezaron a nova campaña. Os primeiros líderes, evidentemente polos goles, son o Castriz e o Coristanco en 1ª e o Corcoesto en 2ª.
Preferente, xornada 4
Bergantiños
1-0
Residencia
Soneira
1-2
O Val
Narón
0-0
Xallas StComba
Lemos
2-1
Dumbría
1ª Autonómica, xornada 2
Camariñas
3-1
Piloño
Flavia
1-1
Baio
Arzúa
0-0
Esteirana
Malpica
1-1
Unión
Ponteceso
0-3
Puebla
2ª Autonómica, xornada 2
Porteño
2-1
Corme
Camelle
2-2
Muros
Sofán
2-1
Buño
Carnota
2-4
Fisterra
Outes
8-0
Cabana
Volantes
2-2
Corcubión
Zas
4-1
Indep. Carballo
Mazaricos
0-2
Cee
Castriz
1-1
San Lorenzo
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 3
Soneira
1-4/td>
Dumbría
Outes
2-2
Xallas StComba
Lira
1-9
Muros
Esteirana
5-0
Fisterra
Descansan o Cee e Mazaricos.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 3
Baio
0-0
Coristanco
Camariñas
4-0
Porteño
Ponteceso
4-2
Laxe
Castriz
0-4
Corme
Malpica
2-1
Cabana
Descansa Muxía.
División de Honra Cadete, xornada 1
Lugo
1-3
Dumbría
I Copa da Costa Cadete
O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30. Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos: