Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Arrinca a I Copa da Costa Cadete

Arrinca a I Copa da Costa Cadete
Pasillo aos Cadetes da Esteirana-Foto- Jorge parri

Onte acordábase en Baio o comezo da I Copa da Costa de Cadetes. Unha primeira Copa que comezará este mesmo sábado 14 de setembro, dado que a competición ligueira non o fará ata o 2 de novembro, e deste xeito os equipos poden comezar a rodarse. A proposta foi realizada polo Cabana ante a retirada do Ponteceso e o retraso no comezo da Liga.

A I Copa da Costa Cadete desenvolverase en dúas fases. Unha primeira de liguiña a dobre volta, con catro grupos (dous de catro e dous de tres equipos), dos que se clasifican os dous primeiros para a segunda fase. Esta segunda fase xa será en eliminatorias a partido único ata a final.

Realizado o sorteo dos grupos da primeira fase, quedaron así conformados (xogarán do 14-09 ao 19-10), tralas retiradas do Corcubión e do Carnota:

Grupo 1Grupo 2Grupo 3Grupo 4
As Baleas FSSD FisterraMuxía CFCF Outes
UC CeeCD BaioSp. ZasSD Cabana
SD MurosSCRD EsteiranaSD CoristancoXallas Santa Comba CF

O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30.
Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos:

  • G1: Muros- As Baleas (10:30 (descansa Cee).
  • G2: Fisterra-Esteirana (10:30) (descansa Baio).
  • G3: Muxía - Coristanco (Aprazado) (descansa Zas).
  • G.4: Outes - XSC (10:00h) (descansa Cabana).

A partir de aí, os emparellamentos dos cuartos, semifinais e final, que se xogarán a partido único no campo do citado en primeiro lugar, serán así:

  • Cuartos de Final (26-10-2013):
    - A) 1º Grupo 3 vs. 2º Grupo 4;
    - B) 1º Grupo 4 vs. 2º Grupo 1;
    - C) 1º Grupo 1 vs. 2º Grupo 2;
    - D) 1º Grupo 2 vs. 2º Grupo 3.
  • Semifinais (04-01-2014):
    - I) Vencedor A) - Vencedor B);
    - II) Vencedor C) - Vencedor D)
  • Final (01-05-2014): Vencedor I) - Vencedor II.

Hoxe completaremos o cadro completo de partidos da primeira fase.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios