Domingo. 05.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Arranca a Liga da Costa con gran igualdade

2ª Autonómica: Arranca a Liga da Costa con gran igualdade
Cee-Castriz-Foto-UC-Cee Bazarra patrocina as crónicas do ACB Costa da Morte - Coñece as nosas ofertas en neumáticos Apenas unha vitoria contundente, 5 vitorias pola mínima e 3 empates demostran que esta campaña vai estar moi bregada a gran Liga da Costa. Con moitos candidatos ao título e ao ascenso, a priori, iremos vendo quen aguanta o tirón inicial, pero aínda hai moito peixe por vender. Dous eran os partidos máis atractivos da fin de semana, con dous choques entre os chamados candidatos. A tempada abríase e Ara Solis, cun Fisterra-Sofán por todo o alto, pero a presencia de Eolo empañaba o xogo e o empate final reiteraba a igualdade entre ambos conxuntos. Mentres, en Cee, o Castriz impuña a súa seriedade ante un Cee aínda en proceso de asentamento coas novas caras. Así, o primeiro líder é o Outes, tras endosar 4 a un Corcubión demasiado renovado e sen tempo para facer unha pretemporada completa. Moito terá que traballar Nito para ensamblar o cadro corcubionés.

Fisterra - Sofán (1-1)

Toni carretando no Fisterra-Sofan-Foto-Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Piti, Dani, Roco, Robertín, Bebeto, Tati (Guardiola, min.88), Hugo, Aitor (Bruno, min.71), Toni (Naranjo, min.74) e Mané.
  • SOFÁN: Buggy, Cantudo, Eloy Boedo, Pablo Martinez, Diego, Jorge, Brais (Michel, min.70), Martín (Santi, min.76), Raúl (Marcos Pensado, min.90), Iván Rey e Iván Rojo (Suso Docampo, min.75).
  • Goles: 0-1, min.35: Iván Rojo recorta e bate a Joselu tras un pase de Raúl; 1-1, min.92: Roco tras un córner.
Foi o vento o protagonista en Ara Solis na tarde sabatina para abrir a tempada cun dos choques máis interesantes, a priori, desta primeira xornada. Dous equipos que saen este ano co ascenso como obxectivo, pero que non puideron desplegar o seu mellor fútbol no céspede fisterrán. Desta volta, os de Juan Jesús, que non puido estar no banco, e os Pablo Mallón acabaron en táboas. O novo Fisterra comezou mandando con Tati e Toni mandando no centro do campo, e Hugo na banda dereita creando moito porigo. Pronto avisou o cadro verde pero Bugy estivo moi atinado salvando un tiro de Hugo e Tati mandou fóra un bo pase de Mané. Baixou o ritmo o Fisterra e o Sofán aproveitouse para vir arriba, e Raúl facía que Joselu tivese que intervir no man a man. Foi Raúl quen meteu un pase interior a Iván Rojo, quen recurtaba e superaba no tiro a Joselu facendo o 0-1 a falta de 10 minutos para o descanso. Volvía o Fisterra á carga quen durante toda a segunda parte o intentaba con Mané e Aitor, e despois Bruno. Pero O Sofán aguantaba cun Bugy excepcional, e non foi ata pasados varios minutos dos 90 regulamentarios, cando un saque de esquina, deixaba un balón morto que Roco, que mandara un cabezazo ao longueiro, atinaba a meter entre os tres paus. A garra fisterrá demostrou o por que da súa fama para conseguir o empate. Bugy foi o mellor do Sofan ante o Fisterra-Foto-Jorge Parri

Cabana - Carnota (0-1)

  • CABANA: Añón, Ismael (Eloy, min.46), Charli, Iván de Treos, Pepe, Fariña (Diego, min.46), Eloy Pereira, Sandro, Josiño, Fernando e Berti (Manolo, min.60).
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Ferreiro (Pablo, min.60), Pedro Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Boni (Adrián, min.65), Nakata, Rodrigo, Pumuky (Joselu, min.70), Manuel Luís (David, min.80) e Miguel Poyo (Elías, min.85).
  • Gol: 0-1, min.20: Miguel Poyo.
Partido igualado nas Redondas entre dous equipos bastante renovados. O Cabana controlou máis o balón, facendo un bo partido, pero o Carnota estivo máis firme atrás e foi digno merecedor da vitoria polo seu bloque. Tivo un par de ocasións o Cabana na primeira, como unha falta directa de Josiño que sacou Luís de la Peña, e dúas xogadas por banda que non chegaron a rematar Manolo e Berti. Foi Miguel Poyo, que debutaba ás ordes de Cambeiro, o que abría o marcador cun bo zurdazo. O Carnota tivo na segunda un par de ocasións para sentenciar, un man a man que lle sacou Añón a Manuel Luís e unha vaselina que non entrou. Pero tamén o Cabana apretou no treito final facendo sufrir a defensa carnotá. Pero o gol do empate non chegou. A pesar da derrota quedou contento co rendemento do equipo Raúl Periscal, que asegura que o equipo está moi ben, e se ben recoñece que ten algúns problemas co gol, considera que o cadro rossonero non terá tantos problemas este curso coma o ano pasado. Pola súa banda, Cambeiro amósase moi contento co plantel deste ano, con varias altas importantes, e esperan non botar demasiado de menos a Casti, que parece que este curso non poderá vir máis ata a Costa por motivos laborais e persoais.

Corcubión - Outes (0-4)

Corcubion-Outes-Foto-Jorge Parri
  • CORCUBIÓN: Rafa, Paulo (Trillo, min.60), Gabi, Iago Lema, Jesús da Anchoa, Balucho (David, min.71), Alán, Edu, Sebas (Chechu, min.83), Lucas e Mario.
  • OUTES: Gato, Maduro, Chúa, Borja, Martín, Chía, Fabio, Piki, Migui, Edu. Tamén xogaron: Mosto, Saúl e Elías.
  • Goles: 0-1, min.43: Fabio; 0-2, min.55: Edu; 0-3, min.68: Migi; 0-4, min.72: Elías.
Aínda está o Corcubión en plena formación, e así quedou patente no Cubaleiro este pasado sábado, na presentación oficial do novo adestrador, Nito, e da nova directiva comandada por Carlos Lema. Saiu o Outes de Manu Roque a por todas e o equipo, cunha media de idade moi baixa, puido desplegar o seu mellor fútbol. Aínda así non había demasiadas ocasións de gol ata que Fabio ao fío de desacanso abría o marcador. Non se puido recompoñer o Corcubión que se viu claramente superado na segunda metade por un Outes con vantaxe, e a base de contras matou o partido cos goles de Edu, Migi e Elías. Corcubion-Outes-Foto-Jorge Parri

Corme - Volantes (2-1)

Corme-Volantes-Foto-O Futbol unha pasion
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Dani, Juan Chans, Adrián Doldán, Alejo (Joshua, min.91), Brais (Manu, min.48) e Lucas.
  • VOLANTES: Iago Romero (Rubén Santos, min.73), Yeray (Kukurro, min.46), Isma, Mingos, Juan, Miguel, Ivi, Iago (Maikel, min.81), Gabriel (Cajulo, min.46), Piru e Vidal (Pardelo, min.75).
  • Goles: 1-0, min.32: Gran centro desde a banda de Jesús e mellor definición de Juan Chans ante o porteiro do Volantes, Iago; 2-0, min.35: Pandi resolve unha melé na área visitante tras un saque de esquina; 2-1, min.69: Gran pase de Iago a espalda da defensa do Corme para que Piru fusile ao porteiro cormelán.
  • Árbitro: David Vázquez Lema. Moi protestado por ambos bandos, xa que foi bastante permisivo cos dous equipos.
Partido bastante bronco e con demasiadas interrupcións no xogo, o que puidemos ver na tarde do sábado no Cairo. Na primeira metade, o equipo local foi superior ao Volantes de Alex Romero, que intentaba aguantar como podía as continuas acometidas do Corme de, un ano máis, Juan Lentejo. Pronto avisarían os do Cairo, no minuto 6, recuperación de Alejandro en tres cuartos de campo, pase interior para Alejo e o lanzamento do dianteiro cormelán vaise rozando o pau da porta de Iago. Minutos despois logo dunha falta colgada á área polo visitante, Miguel, e Dani está a piques de introducir o esférico na súa propia portería. No minuto 21, primeira xogada polémica da tarde xa que os cormeláns pedirían un posible penalti sobre Adrián Doldán. Voltaría a avisar o Corme cando corría o minuto 24. Falta botada por Brais, Alejandro cede para Juan Chans que remata en boca de gol pero Iago evítao sobre a mesma línea. 8 minutos despois, gran centro dende a banda de Jesús e mellor definición do pichichi da tempada pasada, Juan Chans, ante a saída do porteiro do Volantes para facer o primeiro gol da tarde. Tan só 3 minutos, tardarían en poñer terra de por medio os locais. Pandi resolve unha melé na área visitante tras un saque de esquina, para facer o segundo. Co 2-0 e cun Corme mellor chegaríamos ao tempo de lecer. Sentaríalle moi ben o descanso ao Volantes, ao igual que a entrada ao terreo de xogo da súa nova fichaxe, Kajulo. O ex da Esteirana daríalle máis estabilidade e máis posesión aos de Baño. A volta do tempo de lecer, outra xogada polémica. Os locais pedirían a expulsión de Kukurro, logo dunha patada ao De Jong a Manu, pero o colexiado do encontro decidiu sacarlle o cartón amarelo ao xogador laranxa. No minuto 68, avisaría o revulsivo do Volantes, Kajulo, cunha falta lateral que se escachou no longueiro da porta defendida por Javi. Pero, un minuto despois, gran pase de Iago a espalda da defensa do Corme para que Piru fusile ao porteiro cormelán para facer o definitivo 2-1. De aquí ao final do encontro os visitantes buscarían o empate con máis corazón que cabeza e sen claras ocasións de gol. Primeiros tres puntos para o equipo do Cairo, que comeza a nova tempada gañando, mentras que os de Baño buscarán a súa primeira victoria para a vindeira semana ante o Corcubión no Eleuterio Balayo. Corme-Volantes-Foto-O Futbol unha pasion

Muros - Porteño (1-2)

  • MUROS: Fabio, Ramón (Juanito, min.75), Paky (Gabo, min.55), Teo, Pedro de Nieto, Dani, Bibi, Piti, Gelo, Sexo e Yanki.
  • PORTEÑO: Bonano, Pejo (Gabi, min.46), Oscar, Maikol, Iago, Carlos (Marcos, min.70), Doyle, Felipe (Varela, min.65), Cousillas, Carlos Meular, Ismael.
  • Goles: 0-1, min.18: Ismael, de cabeza a centro de Iago; 0-2, min.36: Carlos Meular, de cabeza tras un barullo na área; 1-2, min.48: Bibi, de penalti.
Unha das relativas sorpresas da fin de semana tivo lugar en Miraflores onde o Porteño estreaba categoría cunha inesperada vitoria ante un Muros moi ben renovado. Os da Ponte prantexaron un encontro moi ordenados, sen correr riscos, e aproveitando os balóns parados para facer dano. De feito, os dous tantos chegaban tras dúas faltas que co vento a favor facían un estrano despistando á defensa e Ismael e Carlos Meular puñan o 0-2 no marcador. A segunda comeza co gol de Bibi de penalti que metía de cheo ao Muros no partido. Pero a sorte non estivo cos de Manolo Camello, que fallaron varias claras ocasións, ante un Porteño sempre agazapado pero que tamén intentaba saír á contra, pero sen demasiado perigo. Bonano acabou sendo o mellor do partido, salvando un man a man a Piti, un tiro a Sexo que pegou no longueiro, e mesmo facendo un paradón a bocajarro a Yanki. Ademais, Bibi tamén mandaba unha falta ao longueiro. Moi contentos quedaron pola Ponte co novo proxecto de Ángel Insua ao mando, con 3 puntos cos que non contaban nas contas da salvación. Mentres, Manolo Camello amósase cauto, pois o equipo non puido facer practicamente pretemporada (en verán todo o mundo traballa en Muros) e conta con que o cadro celeste, que tan ben se reforzou este verán, vaia mellorando.

San Lorenzo - Camelle (1-1)

San Lorenzo e Camelle saltando ao campo de Verdillo-Foto-O Futbol unha pasion
  • SAN LORENZO: Sergio, David (Zeus, min.79), David Rey, Germán, Casillero, Anxo, Chucho (Sergio, min.84), Cachizo, Eloy (Joaquín, min.46), Javi Pensado (Dani Fuentefría, min.46) e Schuster.
  • CAMELLE: Ángel Luis, Carlos de Dido, Valiña, Matías, Iván (Manuel, min.86), Ángel Riveiro, Mario, Jati (Sergio, min.46), Miguel Riveiro, Javi Rañal (Varu, min.77) e Barreiro.
  • Goles: 0-1, min.5: Bonita xogada trenzada entre os irmáns Riveiro, logo dunha recuperación en mediocampo, que finaliza Miguel Riveiro ante a saída do porteiro local. 1-1, min.45+1: Balón colgado a área de Casillero, mal despexe de Ángel Luis e Schuster de primeiras cunha vaselina fai o empate.
Partido, cunha parte dominada por cada equipo, o que se disputou na tarde do domingo no campo das Pedreiras (Verdillo). Na primeira parte o Camelle dominou a un San Lorenzo de Gueli que entrou como dormido ao encontro pero que co paso dos minutos foille collendo o ritmo do xogo e terminou o partido mellor que os visitantes. Aos cinco minutos do comezo, bonita xogada trenzada entre os irmáns Riveiro, logo dunha recuperación en mediocampo, que finaliza Miguel Riveiro ante a saída de Sergio, para facer o 0-1. Logo do gol, o dominio do Camelle non se reflexaría nin en goles nin en ocasións. No tempo de prolongación da primeira metade, o San Lorenzo faría a igualada logo dun balón colgado a área por Casillero e Schuster de primeiras cunha vaselina aproveita un mal despexe de Ángel Luis. A segunda parte comezaría co dominio dos locais pero non se convertiría en ocasións claras de gol. Tan só contarían cunha clarísima ocasión de Germán que en boca de gol enviou o balón ás nubes, para lamentación da afección local e alivio do cadro de Ángel Carballo. Reparto xusto de puntos no campo das Pedreiras, logo do que se viu sobre o terreo de xogo. San Lorenzo-Camelle-Foto-O Futbol unha pasion

Cee - Castriz (1-2)

Cee-Castriz-LLanero-Foto-UC-Cee
  • CEE: Cristian, Nico, Jorgito (Yayá, min.80), Fiuza (Poky, min.70), Berto, Jacobo, Diego Cespón, Javi (Cristian, min.52), Rodri (Piquero, min.54), Josiño e Llanero.
  • CASTRIZ: Juan, Chinda (Fabio, min.87), Marcos, Bruno, Alejandro, Rubén (Sergio Gerpe, min.86), David Agra (Sergio, min.43), David Pose, Esteban, César (Yordi Rial, min.67) e Anxo (Martín, min.50).
  • Goles: 0-1, min.10: David Agra de falta directa; 0-2, min.55: Bruno; 1-2, min.94: Llanero.
  • Lesión: o xalleiro David Agra.
Era outro dos partidos desta primeira xornada entre dous dos candidatos ao ascenso. E sorprendeu o Castriz vencendo no San Paio de Refoxos, aproveitando dúas xogadas a balón parado. David Agra abría o marcador aos 10 minutos cunha bonita falta. O Cee respondía con algunha chegada de Diego Cespón ou un cabezazo de Javi. O Castriz perdía a David Agra por lesión, e á volta dos vestiarios era o cadro ceense o que saía a por todas, cun Castriz que esperaba e saía á contra. Llanero tivo o empate nas súas botas tras un gran pase de Cespón, pero unha nova falta, desta volta por medio de Bruno, superaba a Cristian Lourido para facer o 0-2. Juan evitaba outro gol de Llanero, e Jacobo mandaba ao lateral da rede. Cristian tampouco podía superar ao meta rossonero, e só co partido rematado Llanero marcaba o gol ceense que non servía para apurar a remontada. Como era de prever, vemos un Castriz de Corredoira moi ben armado defensivamente que vai ser un equipo moi difícil a bater. Pola súa banda, Floreal ten que seguir armando as súas novas pezas. Cristian-debutou-co-Cee-Foto-UC-Cee

Independiente - Mazaricos (1-2)

IDC-Mazaricos-Foto-O Futbol unha pasion
  • IDC: Noé, Jonathan, Belarmino (Athu, min.80), Rafa, Pichel, Carlos, Gato, Fraga (Manuel, min.70), Cholo, Juny (David, min.85) e Mario.
  • MAZARICOS: Pejo, Chico, Martín, Tuco (Casais, min.80), Matías, Sandelo (David, min.55), Oreiro, Ricardo, Estéfano, Esteban (Ferreiro, min.60) e Molinos (Coxo, min.75).
  • Goles: 0-1, min.15: Estéfano; 0-2, min.25: Estéfano; 1-2, min.65: Cholo.
  • Expulsión: o mazaricán Oreiro por dous cartóns.
IDC-Mazaricos-Foto-O Futbol unha pasion Comezou durmido o IDC de Rafa, e o Mazaricos de Couso aproveitou presionando moito arriba, sen deixar sacar o balón e roubando arriba e facendo dano. E en dúas chegadas rápidas Estéfano facía o 0-2 deixando o partido encarrilado. Os carballeses quedaron a remolque todo o partido e só durante o segundo tempo foron quen de chegar á meta rival. E abofé que o fixeron, pero non non tiveron sorte cara gol nunha segunda metade na que foron superiores. Buscando ás costas da defensa tiveron boas ocasións por medio de Juny, Cholo e Mario, e sobre todo trala expulsión de Oreiro o IDC foi a por todas, e o Mazaricos tivo que meterse atrás e aguantar botando balóns para fóra non sen sufrimento. IDC-Mazaricos-Foto-Sara Ramos

Buño - Zas (2-2)

Buno-Zas-Foto-Monica
  • BUÑO: Brais, Rubén, Ángel, Iago (Diego, min.40), Fran Borrazás, Dani Calvete, David Dourado (Eloy, min.65), Miguel Dourado (Gurita, min.70), Charro, Elías (Martín, min.46) e Víctor.
  • ZAS: Rizos, Lagoa (Amado, min.60), Pereiro, Oliver (Martín, min.80), Víctor Vecino, Canedo, Peque, Jaime (Mario, min.75), Pablo (David, min.55), Rubio e Isma.
  • Goles: 1-0, min.20: Fran Borrazás, de falta directa pola escuadra; 1-1, min.50: Jaime, a centro de Rubio; 2-1, min.52: Rubio, no segundo pau a centro de Isma; 2-2, min.75: Fran Borrazás, de falta de novo.
  • Lesión: Iago cunha lesión muscular.
Buno-Zas-Foto-Paula Partido igualado, empate bastante xusto, sen demasiadas ocasións para ningún lado, e sen un claro dominador, típico de comezo de temporada. Comezou gañando o Buño de Esmorís na primeira metade aproveitando a calidade de Fran Borrazás a balón parado. Seus, en sendas faltas coa zurda, foron os tantos do Buño. Entrementres o Zas de Iván Cancela conseguía remontar nos primeiros minutos da segunda metade con dous zarpazos, dous tantos de Jaime e Rubio, moi activo todo o partido. Antes, na primeira houbo un par de córners con perigo por cada bando, unha de Víctor Vecino que petou no longueiro para o Zas e un balón peinado por Víctor que se paseou por diante da meta de Rizos. Ademais, Peque tivo un man a man que non valeu e Rubio tamén tivo un remate no segundo pau que saí frouxo. Buño-Zas-Foto-Wash Calvo

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios