Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Preferente: O primeiro derbi sáldase cunha relativa sorpresa

Preferente: O primeiro derbi sáldase cunha relativa sorpresa
O Soneira celebrou a vitoria ante o XSC-Foto-Jorge Parri Primeiro derbi da tempada na Preferente entre equipos costeiros, que se saldaba cunha relativa sorpresa. I é que tralo visto nas dúas primeiras xornadas o XSC non sufrira tanto o cambio de cromos e viña de gañar os dous primeiros choques, mentres que o Soneira só sumaba un punto. Pero o cadro de Felipe Candamo sacaba a súa primeira vitoria cun rotundo 1-4, nun choque non exento de polémica. Polo demais, boas novas para Bergantiños e Dumbría. Os carballeses seguen imbatidos, e son xunto a Ribadeo e Estudiantil os únicos que suman 3 vitorias en 3 partidos. Ademais, o Dumbría abría a lata das vitorias cun apurado 2-1 ao Castro no Conco.

Xallas Santa Comba - Soneira (1-4)

Primeira vitoria do Soneira en Fontenla-Foto-Jorge Parri
  • XSC: Pablo, Rubén Forján (Ismael, min.75), Iván Forján (Richi, min.31) (César, min.46), Héctor (Maneiro, min.75), Rubio, Alfonso, Darío, Jesús, Arnejo, Alberto e Marcos.
  • SONEIRA: Víctor, Pichi (Brais, min.65), Fran, Sito (Mayuyo, min.46), Maikel, Óscar, Christian Canosa (De la Sierra, min.60), Riki, Basti (Leo, min.80), Javi e Baba.
  • Goles: 0-1, min.1: Basti; 0-2, min.4: Riki, de penalti; 0-3, min.13: Basti; 1-3, min.55: Darío; 1-4, min.73: Baba, de penalti.
  • Expulsións: os xalleiros Arnejo por unha entrada e o porteiro suplente no banco Diego no min.88.
Marcos e Pichi-Foto-Jorge Parri Relativa sorpresa a colleitada en Fontenla tras un partido atípico que se rompía nada máis comezar. O Soneira saía a por todas e aproveitaba a "páxara" inicial dos locais para endosar 2 tantos en apenas 4 minutos. Basti e Riki aproveitaban para poñer por diante aos de Candamo e encarrilar así o partido. Non pasaban 13 minutos cando Basti metía o terceiro, case que sentenciando o choque. O partido igualouse. O XSC tomou o bando, o Soneira replegou filas pero as ocasións non chegaban demasiado claras pois a defensa soneirá estaba bastante segura. Só ao comezo da segunda os de Julio Martínez conseguiron recurtar por medio de Darío, pero Baba, no segundo penalti da tarde, facía o cuarto, provocando a desesperación nas filas locais que acaban protestando airadamente e recibindo dúas expulsións.

Dumbría - Castro (2-1)

Dumbria-Castro-Foto-Maricuns Alvite
  • DUMBRÍA: Julián, Cote, Óscar, Pablo, Aarón Fdez., Aarón López, Doro, Jota, Adrián Makaay, Iago e Jesús. Tamén: David Carreira, Iván, Luisito, Rudi e Dani Casal.
  • Goles: 1-0, min.12: Cote á saída dun córner; 1-1, min.60; 2-1, min.75: Doro aproveita un rexeite do meta visitante a tiro de Adrián Makaay.
Sufriu o cadro de Canosa para acadar a primeira vitoria pero finalmente esta chegou e os tres puntos quedaron no Conco. Adiantábase pronto o cadro local por medio de Cote, tanto que asentaba o xogo dos dumbrieses e permitía chegar con máis claridade. Doro e Adrián Makaay puideron ampliar a renda nunha primera metade na que o Dumbría foi mellor. Cambiou o conto ao voltar do descanso, pois o Castro asumiu o mando do balón e meteu moita presión sobre Julián. Chegaría o empate tras unha xogada pola banda esquerda, provocando ademais un desaxuste no equipo dumbriés durante varios minutos. Pero se recompuxo a tempo, e foi Doro, con picardía no lugar xusto, o que metiu o segundo. O Castro intentouno pero a defensa local estivo moi seria e as contras puideron ampliar a renda. O pau repeliu un balón de Adrián Makaay e o partido morreu entre as protestas dos visitantes.

Carral - Bergantiños (0-3)

Celebracion gol de Sergio no Bergantiños-Carral-Foto de Suso Carleos
  • BERGANTIÑOS: Christopher, Miguel Loureiro, Dany Becerra, Álex Canedo, Sergio, Toni, Gonzalo (Brais Garrido, min.59), Alexandre (Souto, min.55), Roberto Piñeiro (Josiño, min.62), Luis e Iván Amor (Michi Castro, min.64).
  • Goles: 0-1, min.9: Córner botado por Roberto Piñeiro e Sergio remata ao fondo da rede; 0-2, min.21: Lanzamento dende fóra da área de Roberto Piñeiro que se cola na porta do Carral; 0-3, min.33: Roberto Piñeiro, ao aproveitar un mal despexe do porteiro local.
O Bergantiños segue sumando de tres en tres e segue demostrando o porque de ser o favorito neste grupo Norte da Rexional Preferente. Partido apracible para os carballeses, o que se celebrou na tarde do domingo no Municipal de O Castro (Carral). Debido ás medidas do campo carralés, o equipo que dirixe Javier Lavandeira aproveitouse das xogadas a balón parado e das segundas xogadas para levarse os 3 puntos a Carballo. Aos 3 minutos do comezo, xa avisaría o Bergantiños logo dun córner botado por Roberto Piñeiro que remata Dany Becerra a rentes do pau da portería do Carral. Adiantaríase o Bergantiños , logo doutro córner botado polo propio Roberto Piñeiro e que remata Sergio ao fondo da rede. O ex xogador do Negreira non fallaría a súa cita co gol e tras un lanzamento dende fóra da área poñería o 0-2 no marcador, para poñer terra de por medio. Antes do descanso, de novo Roberto Piñeiro faría o terceiro para os carballeses ao aprobeitar un mal despexe do porteiro local. Co 0-3 chegaríase ao descanso e xa non se movería máis ata o final do encontro. Na segunda parte, puidemos ver un partido bronco con moito balón en largo, moitas interrupcións e na que os carballeses foron quen de aguantar a súa vantaxe ata o final. Con esta vitoria o equipo presidido por Luciano Calvo, colócase colíder empatado a puntos co recién ascendido Agrupación Estudiantil e o Ribadeo FC.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios