Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas

Xuvenís: Arrincaron dúas Ligas tremendamente abertas
Cabana-Muxia xuvenil-Foto- O Futbol unha pasion

2ª xornada das Liga Xuvenís e polo de pronto está todo moi aberto. Non podemos falar aínda de favoritos pois os equipos non son os mesmos que o ano pasado. Imos repasando o acontecido nas dúas ligas, e repasamos tamén todos os adestradores para este ano.

Xuvenil, Gr.3, xornada 2

Un Grupo Norte que vén marcado pola retirada do Corcubión a última hora, que provoca que queden 10 equipos en competición pero cun calendario preparado para 11, polo que cada semana serán dous os equipos que descansen... Sen embargo, precisamente esta xornada xogaron todos pois era ao Corcubión ao que lle tocaba descansar.

O líder é polo de pronto o Dumbría, que suma 2 vitorias en 2 encontros, ademais vencendo con serias goleadas e sen recibir un só tanto. Pola parte de arriba tamén asoman a cabeza a Esteirana e XSC.

Mazaricos - Soneira (2-4)

  • MAZARICOS: Carreira, Licerino, Rubén, Marcos, Bieito, Jose, Ángel, Borja, Samuel, Raúl, Tiago, Bruno. Tamén: Guillermo, Torión, GTI, Canario, Álvaro.
  • SONEIRA: Josiño, Manuel, Miguel, Adrián, Samuel, Rodrigo, Aarón, Espi, Damián, Cheo, Carlos. Tamén: Vimka, Jordi, Uxío.
  • Goles: 1-0, min.15: Raúl; 1-1, min.40: Espi ; 1-2, min.55: Espi; 1-3, min.60: Carlos dende fóra da área pola escuadra; 2-3, min.70: Arturo; 2-4, min.87: Uxío
  • Expulsión: o amarelo Carreira por protestar.

Moi renovado o equipo amarelo de Casais, que conta con 10 rapaces novos, e da boa fornada só queda José Ángel e Carrera, pois os Molinos, Sandelo, Oreiro, Ferreiro xa están cos maiores. Mentres, o equipo de Antelo, a pesar das baixas polas festas de Baíñas e do piragüismo, segue tamén en proceso de construción e este foi o seu debut e a súa primeira vitoria.

O partido comezaba co Mazaricos algo máis metido, co vento a favor e aproveitando as súas primeiras ocasións. Pero antes do descanso Espi empataba e na segunda metade só houbo un equipo sobre o campo, que foi o Soneira. Espi de novo, Carlos e Uxío sentenciaron o partido.

Fisterra - Cee (3-0)

Capitans do Cee e do Fisterra de Xuvenis
  • FISTERRA: Ángel, Javi Suárez, Noé, Rubén, Jose, Gabi (Breixo, min.50), Abel, Manute, Angel, Adrián (Joseman, min.76), Beto.
  • CEE: Paulo, Abraham, Jicho (Alex, min.46), Rafa, Tivi, Esteban, Tebo, Ferrío (Marco, min.81), Kevin (Germán, min.59), Nanón (Carlos Leis, min.46), Andrés.
  • Goles: 1-0, min.34: Manute; 2-0, min.38: Adrián; 3-0, min.42: Javi Suárez.
  • Lesión: Jicho nunha man.

Partido limpo, sen unha soa tarxeta, nun dos derbis tradicionalmente máis quentes do sur da Costa. Este ano é Nacho, ex do Ponteceso e dos xuvenís do Baio o que toma o mando dos xuvenís dun Fisterra que apunta boa maneiras e que non podía debutar de mellor xeito.
Pola súa banda, José Carlos mantén un bo plantel, con bastantes xogadores do ano pasado que seguen crecendo como futbolistas e como conxunto.

O choque comezaba tolo, con moitas ocasións e Ángel e Paulo con moito traballo. Pero tres xogadas, acompañadas un par de erros defensivos, case consecutivas ao fío do descanso, sentenciaban o partido. Manute e Adrián en días ocasións facían o 3-0 antes de ir aos vestiarios, polo que a segunda metade case non tivo historia.

Dumbría - Outes (4-0)

  • Goles: Javi (3) e Kevin.

Os de Diego Lobelos e Óscar Leis puideron cos de Roque nun dos partidos da xornada. O Dumbría, que parte como un dos favoritos, tiña a sorte de marcar pronto, no primeiro minuto, e as cousas se puxeron máis fáciles. Pero o equipo de Manu Roque, xa con varios xogadores alternando co primeiro equipo, aguantou o que puido, dando a cara en todo momento e tamén ameaza con estar na zona de arriba.

Xallas StComba - Lira (8-0)

  • Goles: Iván (5), Styven (2) e Tefi.

Recuperándose do accidente de Esteiro, o equipo de Rafa vai collendo o ritmo, con 4 ou 5 caras novas e as baixas que subiron ou saíron ao Castriz. Puido aínda acabar con máis goles o cadro xalleiro, que fallaron 2 penaltis e mesmo un bo porteiro. Mentres, o Lira na súa estrea na categoría está moi verde, con 3 ou 4 bos xogadores e 1 bo porteiro pero aínda ten que facerse. Ademais, tiveron a mala sorte de comezar con Dumbría e Xallas, dous dos candidatos ao título, polo que esperemos que os rapaces non se desanimen.

Muros - Esteirana (0-8)

  • Goles: Mitri (2), Rafa (2), Adrián (2), Codesido, Pablo.

Mal comezo do Muros, este curso, ás ordes de Bibi, con dúas derrotas. O Muros volve estar cheo de mozos de primeiro e segundo ano, polo que se prantexa un ano de formación, e onte Bibi non podía contar con varios dos seus "veteranos", incluído o porteiro. Así, a Esteirana, aproveitando esta circunstancia, aproveitou xogadas a balón parado como saques de banda longos para sentenciar na segunda metade, logo dunha primeira parte bastante igualada que remataba con 2-0.

A Esteirana, con Martín no banco, o mesmo entrenador que quedou campión da liga cadete o ano pasado arrasando, ten un bo bloque formado precisamente que chega dende abaixo. Deste maioría son de primeiro ano

Xuvenil, Gr.4, xornada 2

Moi igualada se presenta esta liga no Grupo Norte. Non valen as contas do ano pasado pois os Malpica, Ponteceso e cabana, grandes dominadores da tempada pasada, mudaron de pel. Arrinca moi aberta, con moitas incógnitas e equipos que se veñen formando nos últimos anos e que poden dar guerra, como o Camariñas, Corme ou Laxe, e outros novos como o Porteño e o Castriz, que de seguro que sofren o salto.

Precisamente son o Laxe e mais o Ponteceso son os líderes, con 6 puntos. O Corme avisa tamén con 4 puntos, quedando aínda sen puntura, o Muxía, o Castriz e o Baio, este cun partido menos.

Cabana - Muxía (9-2)

Cabana-Muxia xuvenil-Foto- O Futbol unha pasion
  • CABANA: Adrián, Villar, Raúl, Dani, Aurelio, Diego Cachadiña, Álex Fraga, Samuel, Iván, Álex e Pablo. Tamén xogaron: David, Diego, Grille, Cristian Varela e Darío.
  • MUXÍA: José Manuel, Carlos, Eddy, Gerardo, Macareno, Paulo, Castreje, Jose Ramón, Víctor Alcaina, Andrés e Juanjo. Tamén xogaron: Iván e Tomás.
  • Goles: 1-0, min.3: Centro ao segundo pau de Raúl, mal remate de Álex, o rexeite cáelle a Iván que define cunha bonita volea. 2-0, min.6: Pase en largo de Villar para Pablo que define ante José Manuel con moita tranquilidade. 2-1, min.18: Pérdida de Samuel no borde da área, e Castreje define no man a man ante o porteiro local, Adrián. 3-1, min.24: Pérdida do Muxía en mediocampo, pase en profundidade de Pablo para Iván que define no man a man ante o porteiro muxián. 4-1, min.29: Tras un mal despexe da defensa visitante, ademáis dunha mala saída de José Manuel, o balón cáelle a Pablo, na frontal da área, que remata a gol. 5-1, min.35: Pase de Samuel a espalda da defensa e Iván define cunha vaselina. 5-2, min.41: Falta botada por Víctor Alcaina, que empurra a gol Castreje, aproveitando un erro de marca da defensa local. 6-2, min.48 Iván, cun tiro cruzado que se cola pola escadra da portería muxiana. 7-2, min.69: Diego Cachadiña, cunha vaselina dende 30 metros. 8-2, min.76: Gran xogada colectiva do Cabana, que inicia Cacha, o esférico chégalle a Cristian Varela que fai un centro espectacular e Darío remata a gol dentro da área pequena. 9-2, min.85: Álex, cun lanzamento dende fóra da área.
Cabana-Muxia xuvenil-Foto- O Futbol unha pasion

Na tarde deste sábado estrenábase o Cabana SD na Liga da Costa xuvenil, e fíxoo dunha forma autoritaria e presentando a súa candidatura o título de liga.
Os rapaces dirixidos por Fernando, adestrador que se estrea esta tempada na categoría, non lle deron tempo nin a respirar aos muxiáns, xa que no minuto 6, o marcador xa reflexaba un 2-0 a prol dos locais con goles de Iván e Pablo. No minuto 18, Castreje reduciría distancias tras unha perda de Samuel no borde da área. Logo do gol, os das Redondas en lugar de virse abaixo, serían quen de marcar tres goles máis antes do descanso, por medio de Iván, en dúas ocasións, e Pablo. O Muxía de Javier Lema faría o seu segundo tanto tamén antes do tempo de lecer, tras unha falta botada por Víctor Alcaina, que empurra a gol o dianteiro muxián, Castreje aprobeitando un erro de marca da defensa cabanesa. Co 5-2 no marcador chegaríase o descanso.

Os rapaces que dirixe Javier, recibiría o sexto nada máis regresar dos vestiarios, tras un gran lanzamento cruzado de Iván que se cola pola escadra da portería visitante, e esto faríalle baixar os brazos. Avisaría Diego Cachadiña aos 22 minutos cun lanzamento que se vai por riba da portería defendida por José Manuel pero no minuto 69, o propio faría un gran gol cunha vaselina desde 30 metros para poñer o 7-2. A falta de 15 minutos para o final gran xogada colectiva do Cabana, que inicia Cacha, o esférico chégalle a Cristian Varela que fai un centro espectacular e Darío, que debutaba na tarde do sábado, remata a gol dentro da área pequena. Aínda habería tempo para un último gol tras un lanzamento dende fóra da área de Álex, que significaría o 9-2 definitivo.

Laxe - Castriz (7-0)

  • LAXE: Manuel; Sergio, Simal, Pibe, Sergio; Djamel, Santi, Ferri, Adrian; Saleta e Elias. Tamén: Adrián, Santi, Nicolás.
  • CASTRIZ: Javi, Yordi, Alberto, Alex, Pablo, Balsa, David, José Ángel, Andi, Diego, Manu. Tamén: Iván, Javi, Miguel, Carlos.
  • Goles: Adrián (3), Ferri (1), Saleta (2) e Djamel (1) (as descanso: 5-0).
  • Gran partido do Laxe, no que impuxo a súa verticalidade e definición dende os primeiros minutos, marcando moi pronto os dous primeiros goles, ademais dun tiro ao pau, todo esto antes do minuto 20 de partido. Co 2-0 estirouse o Castriz, e tivo as súas mellores ocasións, mediante unha gran internada polo lateral da área de David, na que salva cos pés o porteiro do Laxe, e cun penalti que fallou o Castriz co 2-0 en contra por medio de Balsa. A partir de aí, o Laxe acadou o tercer gol, e aínda tivo tempo antes do descanso con anotar dous máis, para irse ao descanso con 5-0.

    Xa na segunda metade, o partido non tivo emoción, e os dous entrenadores aproveitaron para facer todos os cambios dispoñibles, e o partido volveuse soso, agás os dous goles acadados nese periodo.

    Evaristo e Lorenzo, os adestradores deste novo Castriz, aínda teñen moito traballo, con moitos xuvenís de primeiro e mesmo varios cadetes, e cun porteiro de circunstancias, xa que Javi é dianteiro. O equipo empezou hai só 3 semanas, con só un partido de pretemporada e aínda co proceso de fichaxes aberto. Polo de pronto amosou boas maneiras, con bo toque en medio do campo e cun equipo que se lle ve que ten que conxuntarse un pouco máis, e acabará obtendo os resultados esperados.
    Pola súa parte, Fernando Mohedano, míster do Laxe, conta cun equipo moi similar ao do ano pasado, cun gran once titular no que destaca o trio de dianteiros (saleta, Elias e Adrian), equipo cunha gran pegada á hora de definir ante o porteiro rival. O Laxe tamén amosou maneiras, i é un firme candidato a loitar polos tres primeiros postos da liga, sempre e cando o equipo de maiores, unha vez empece a liga de 3ª Autonómica non faga uso deles.

    Coristanco - Ponteceso (0-3)

    • Goles: Pablo (2), Damián.

    Parte de cero Dani Pallas unha vez que a camada dos Brais, Bieito, Puente, Recarey... xa pasaron de idade. Pero moi ben armado ten o equipo, que pasa de centrarse nas súas boas figuras a apostar polo bloque. Polo de pronto leva dous partidos, dúas vitorias e cero goles encaixados, o que supón un comezo inmellorable.

    Pola súa banda, Da Silva, adestrador dos maiores e dos xuvenís, terá que traballar con este Coristanco. A semana pasada comezaba ben cunha vitoria ante o primerizo Castriz, pero o sábado tocaba sufrir ante o Ponteceso.

    Camariñas - Malpica (2-3)

    Camarinas xuvenil-Foto- Luis E Porto
    • CAMARIÑAS: José Luís, Chuki, Pose, Ariel, Javi, Mateo, Chicotiño, Carlos, Nené, Sergi, Juan.
    Malpica Xuvenil-Foto-Luis E Porto
    • MALPICA: Manuel, Brais, (Chols, min.67), Víctor Novo, Stiven, (Jorge, min.54), Canario, Mouri, (Gabi, min.71), Pitís, Diego, Almeida, Guille, (Alberto, min.58), Kevin.
    • Goles: 1-0, min.26: Nené de gol olímpico. 1-1, min.33: Kevin remata un centro pasado de Pitís; 1-2, min.50: Kevin de vaselina a pase de Diego; 2-2, min.65: Nené. 2-3, min.75: Almeida controla de peito e marca.
    Arbitro e capis Camarinas e Malpica xuvenil-Foto- Luis E Porto

    Bonito partida en Camariñas cun Malpica que non é a apisonadora do ano pasado, pois varios dos seus mellores xogadores superaron a idade xuvenil. Ademais, o Camariñas, este ano dirixido por Pirucho, amosouse como un equipo moito máis firme, moi máis compacto, que tamén foi pola vitoria en todo momento. Foi clave a preparación física dos de Tato, que a pesar de abusar das xogadas individuais, fixeron un bo partido e puideron levar os 3 puntos respondendo aos envites do cadro camariñan.

    Corme - Porteño (4-4)

    • Goles: 0-1: Maikel; 0-2: David da Fonte; 1-2: Juanma de penalti (descanso); 1-3: David Camariñas de córner directo; 2-3: Kike; 2-4: David a Fonte; 3-4: Antonio; 4-4: Fran.

    Neste primerizo Porteño é Ordóñez, presidente do equipo, o adestrador que chega con eles de cadetes dende hai dous anos, polo que xa é un bloque creado. Así e todo este ano prantéxase como un ano de formación xa que o equipo ten con moitos xuvenís de primeiro ano e varios cadetes.
    Pola súa banda, Corme de Lelo é un ano mellor que o ano pasado e seguramente estará na zona de arriba.

    Con respecto ao partido, o cadro da Ponte comezou algo máis entonado, e se metía por diante aproveitando algún erro da defensa e do porteiro cormelán. Os ataques podían cas defensas. O Corme, malia ir a remolque, recuperábase dos golpes iniciais e se achegaba no marcador pero o Porteño volvía escapar. Ao final apretou moito o Corme, que conseguía empatar e mesmo estivo a piques de darlle a volta ao marcador, fallando varias ocasións de Franpara deixar os 3 puntos no Cairo.

    Crónicas da semana

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Máis información

    Artigos relacionados

    Fonte

Comentarios