Fin de semana marcada polo lume pero que tamén deixou espazo para o Fútbol da Costa.
E comezamos o repaso pola Preferente, onde esta 4ª non foi unha xornada moi positiva. O Bergantiños foi o único que acadou os 3 puntos e xa van 4 vitorias consecutivas neste ilusionante comezo de campaña. Polo demais, só o XSC sumou, un empate en Narón que mantén aos de Julio Martínez na 7ª praza con 7 puntos. Os que quedaron sen premio foron o Soneira, que víu como O Val lle remontaba na casa, e o Dumbría, que loito en Monforte ata o último suspiro pero o Lemos pegou de último. Ambos quedan con 4 puntos.
Na 1ª, un pouco de todo. Unha vitoria, da man do Camariñas onte ante o Piloño estreando o taboleiro. Unha derrota, a do Ponteceso en casa ante o potente Puebla. E 3 empates, da Esteirana en Arzúa, do Baio en Padrón, e do Malpica en casa ante o Unión.
Mentres na Liga da Costa, seguen sorprendendo o Outes e o Porteño, os únicos que suman 2 de 2, tras arrasar co Cabana e superar pola mínima a todo un Corme, respectivamente. Mentres, favoritos como Fisterra, Zas ou Cee van collendo o tono, coas súas primeiras vitorias. Polo de pronto, quedan sen puntuar IDC e Cabana.
E seguen Dumbría e Ponteceso implacables nas Ligas Xuvenís. Polo Sur, o cadro dumbriés vencía 1-4 en Vimianzo ante o Soneira e suma 3 de 3 con moi bos números. Por detrás esa Esteirana que o ano pasado despuntou en cadetes parece xa adaptada á categoría, e se sitúa 2º con 7 puntos tras vencer 5-0 ao Fisterra.
Polo Norte, o Ponteceso vencía 4-2 a un Laxe que tamén chegaba imbatido, polo que se queda só no máis alto da táboa, por diante do Corme, que vencía a un Castriz que segue adaptándose pouco a pouco á categoría no ano da súa estrea.
Gran debut dos cadetes do Dumbría na División de Honra, nada menos que traendo os tres puntos de Lugo, ante o equipo da cidade.
Non foi, sen embargo, tan positiva a primeira xornada na Liga Galega Infantil. Si gañou o Bergantiños ao Orillamar, pero o Dumbría e o Xallas de Santa Comba sucumbían ante o Monteañeros e o Ural.
E tamén deu comezo a I Copa da Costa Cadete, da que esta semana traeremos todo o calendario.
E de estreas tamén andan nos Veteranos, que comezaron a nova campaña. Os primeiros líderes, evidentemente polos goles, son o Castriz e o Coristanco en 1ª e o Corcoesto en 2ª.
Preferente, xornada 4
Bergantiños | 1-0 | Residencia |
Soneira | 1-2 | O Val |
Narón | 0-0 | Xallas StComba |
Lemos | 2-1 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 2
Camariñas | 3-1 | Piloño |
Flavia | 1-1 | Baio |
Arzúa | 0-0 | Esteirana |
Malpica | 1-1 | Unión |
Ponteceso | 0-3 | Puebla |
2ª Autonómica, xornada 2
Porteño | 2-1 | Corme |
Camelle | 2-2 | Muros |
Sofán | 2-1 | Buño |
Carnota | 2-4 | Fisterra |
Outes | 8-0 | Cabana |
Volantes | 2-2 | Corcubión |
Zas | 4-1 | Indep. Carballo |
Mazaricos | 0-2 | Cee |
Castriz | 1-1 | San Lorenzo |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 3
Soneira | 1-4/td> | Dumbría |
Outes | 2-2 | Xallas StComba |
Lira | 1-9 | Muros |
Esteirana | 5-0 | Fisterra |
- Descansan o Cee e Mazaricos.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 3
Baio | 0-0 | Coristanco |
Camariñas | 4-0 | Porteño |
Ponteceso | 4-2 | Laxe |
Castriz | 0-4 | Corme |
Malpica | 2-1 | Cabana |
División de Honra Cadete, xornada 1
I Copa da Costa Cadete
O Horario oficial será os sábados as 10:30, agás Muros e Zas que en casa xogarán os sábados ás 16:00 e o XSC, que pedíu xogar os domingos ás 10:30. Esta fin de semana do sábado 14 de setembro, temos os seguintes partidos:
- G1: Muros- As Baleas (8-0) (descansa Cee).
- G2: Fisterra-Esteirana (7-1) (descansa Baio).
- G3: Muxía - Coristanco (Aprazado) (descansa Zas).
- G.4: Outes - XSC (0-2) (descansa Cabana).
Liga Infantil, xornada 1
Ural | 4-0 | Xallas StComba |
Bergantiños | 2-1 | Orillamar |
Montañeros | 1-0 | Dumbría |
1ª Infantil, xornada 2
Cabana | 7-2 | Muxía |
E.M.F. Vimianzo | 2-4 | Corme |
Os Miudos | 11-1 | Ponteceso |
Cee | 7-2 | Esteirana |
Sofán | 3-3 | Baio |
Fisterra | 6-1 | Outes |
Ligas de Veteranos, xornada 1
1ª División
Baio | 0-2 | San Lorenzo |
Camariñas | 1-3 | Nantón |
Bértoa | 18/11 - 21:00 | Ponteceso |
Laxe | 2-0 | Xv. Bergantiños |
Castriz | 4-1 | San Román |
Dumbría | 1-3 | Soneira |
Coristanco | 4-1 | Zas |
Muros | 0-2 | Cabana |
2ª División
Cerqueda | 0-1 | Buño |
Corcoesto | 4-0 | Dep. Carballo |
Agualada | 2-1 | Poniente |
Corme | Apraz. | Vimianzo |
Porteño | 1/11 - 17:00 | Camelle |
Erbecedo | 3-3 | Sofán |
At. Milagrosa | 5-2 | Malpica |
Crónicas da semana
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).