Tres piragüistas dumbrieses, finalistas nos Campionatos de España de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría regresou de La Seu d´Urgell cumplindo coas súas espectativas, que non eran muitas máis que entrar nas máis finais posibles, posto que as medallas, a excepción de Iago Canosa, que foi quen máis cerca estivo do podium cun fantastico cuarto posto, nunca estiveron ó alcance dos deportistas do CDM Piragüismo Dumbría, e nos casos de Kiara Martinez e Javier Trigo, nin sequera se pasou o corte das preliminares, ainda habendo estado ambos a un bó nivel, pero un Campeonato de España na Canle Oimpica ten sempre un plus de nivel.

Se falabamos da gran competición de Iago, loitando polas medallas ata a ultima porta, nos casos de Marco Oreiro, no C1 xuvenil, e Antía Loira no caso do Kayak femenino cumpliron o seu obxetivo metendose na final, pero realizando ambolos dous unha moi mala manga final que, así e todo, non os relegou moito máis atrás do posto que en xusticia lles correspondería.

Vindeira cita

A vindeira cita do CDM Piragüismo Dumbría é a Copa Galega de Promoción en Caldelas de Tui, onde os mais pequenos do clube loitarán por subir o máis alto do podium na clasificación por clubes.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte