Luns. 29.04.2024
El tiempo

O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom

O CDM Piragüismo Dumbría colleita un fabuloso sexto na Copa de España de Slalom
Piragüismo Dumbría na Copa de España de Slalom en Mondariz

Con 12 palistas se presentaba o CDM Piragüismo Dumbría na Copa de España de Slalom. E os resultados foron espectaculares, pois rodos os deportistas costeiros pasaron o corte, sete disputaron finais, e tres subiron ao podio. Antía Loira logrou unha fantástica segunda praza, e Iago Canosa e Marco Oreiro quedaron terceiros en C2.

I é que xa habían moi bos augurios dende a Copa Galega de Slalom de fai quince días no mesmo local, en Mondariz - Balenario, na que a comitiva dumbriesa colleitaba 4 ouros e 1 bronce. Pero esto xa era un paso máis, a Copa de España, cos mellores de toda a xeografía española.

O río presentaba un caudal excepcional, o nivel ideal o sabado grazas ás chuvas do venres á noite, pero xa un pouquiño máis baixo o domingo.
Nestas condicións, arrancaron unhas preliminares nas que todos os nosos deportistas pasaron o corte, e muitos e zona de podium coma o C2 de Marco Oreiro e Iago Canosa de segundos, Kiara Martinez de Terceira no K1 cadete e Antía Loira segunda tanto no C1 coma no K1 senior femenino. Complentaban esa bóa mañan Aarón Rey noveno en K1 senior, Marco Oreiro octavo en C1 xuvenil e Iago Canosa e Javier Trigo decimo primeiro e decimo octavo respectivamente.

Coa sensación do deber moi ben complido fomos a descansar unha vez máis ó Albergue de San Campio en Figueiró, coa intención de acudir nas mellores condicións as rondas finais do domingo.

As finalísimas

E arrancou bastante ben a xornada colando a todos os nosos deportistas nas finais, coa única excepción de Javier Trigo, que mesmo así fixo unha das súas mellores competicións en muito tempo. Nas finais, a Kiara se lle escapou o podium nun remonte onde non superou correctamente unha porta, por que o seu tempo na chegada era de podium. Finalmente foi quinta. Aarón fixo unha excelente competición, a mellor ata o de agora, alcanzando o noveno posto final. Iago loitou polas plazas de podium despois de entrar de segundo nas finais, pero se tivo que conformar co cuarto posto despois dunha final na que non fallou ningún dos favorítos. Marco Oreiro moi regular toda a competición foi noveno na final.

Finalmente os podiums foron para Antía Loira, que ó seu cuarto posto na canoa femenina lle puxo a guinda co segundo posto na competición en Kayak. O outro podium foi para a aposta máis regular do clube, o C2 de Marco Oreiro e Iago canosa que foron terceiros finalmente.

6º por clubes, e con canteira

Todas estas excelentes prestacións tiveron o seu reflexo na clasificacións por clubes, onde o CDM piragüismo Dumbría alcanzou un excepcional 6º posto, o seu mellor na súa aínda corta historia. Se en Irún falabamos dunha competición fallida, aquí en Mondariz-Balenario hai que falar dunha competición exitosa, e na que ainda quedamos despois dos excelentes resultados da ronda preliminar coa sensación de que algunha medalla máis podería ter caído nas mans dos deportistas da Costa da Morte.

Mención especial hai dos rapaces que acudiron a competir coma abridores. Jorge Quintáns, Lorena Costa, Fran Romar, Tomas Quintáns e Marcos Cancela demostran que hai moito futuro nos brazos dos rapaces do CDM Piragüismo Dumbría.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios