Último día para anotarse nun Desafío con máis de 370 inscritos

Hoxe, mércores 4 de xuño ás 23:59h, remata o prazo para inscribirse no Desafío del Atlántico. Se o máis probable é que a cita supere os 400 ao final da xornada de hoxe, por agora xa temos inscritos de toda Galicia, Castilla e León, Extremadura… así como nótase un aumento de participación feminina.

Ademais, a través do Facebook do Desafio van subindo datos interesantes como estos:

Máis profesionais na saída

Se o humorista Marcos Pereiro (a Nucha) estará na saída e intentará subir por primeira vez o Mirador (esperemos que non lle pase nada…), o profesional Gustavo César Veloso, segundo clasificado na pasada Volta a Portugal, será un dos protagonistas na liña de saída. Trátase do único galego que ascendeu o Mirador de Ézaro nunha gran competición, durante a Volta a España 2012. Xunto a el, estará tamén Delio Fernández. Ambos son compañeiros de equipo no OFM - Quinta da Lixa e manteñen unha gran relación. O elenco de ciclistas complétano Ezequiel Mosquera, presente xa en 2013, e Miguel Ángel Igrexas, mencionado en informacións anteriores.

Exposición

Desde este martes 3 de xuño xa está aberta a exposición sobre a “Historia da Bicicleta” no Ézaro. Sobre ela, o alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, subliñou que é unha exposición do vehículo protagonista da marcha. Poderase apreciar a diferenza das bicicletas entre as de agora, coas que é relativamente fácil ascender Ézaro, e as de antes, coas que era imposible.

Máis información e inscrición

Novas relacionadas

Fonte