Venres. 29.03.2024
El tiempo

Aberto o prazo de inscrición para o Desafío del Atlántico

Aberto o prazo de inscrición para o Desafío del Atlántico
Desafio del Atlantico 2014

Trala celebración da numerosa BTT Dumbría non deixa que a paixón polas dúas rodas decaia. E se este 2014 non teremos Vuelta, si teremos un gran Desafío del Atlántico. A proba cicloturista, xa unha referencia a nivel galego trala numerosa proba do ano pasado, e este 7 de xuño intentará que toda Galicia bote unha ollada ao Mirador do Ézaro.

Este ano esperan superar os 300 valentes que desafiaron o mal tempo, e para iso xa se abriou o prazo de inscrición, cunha cota reducida ata o domingo 13 de abril. Nestas datas a inscrición será de 15€.
Dende o luns 14 de abril ata o 4 de xuño, a corta será de 20€.

A proba serán 166km que partirán do Ézaro, no concello de Dumbría, e irá neutralizada durante 50km polos concellos de Cee e Muxía. Sobre as 12:0, darase a saída lanzada dende Bustelo, subirase ata o alto de Brens, polo Monte Pindo ata finalizar no famoso Mirador de Ézaro (1.800 metros ao 14,4%), protagonista da Volta de España nas dúas últimas edicións como final de etapa e punto de paso.

A presentación oficial da proba será o 7 de maio en Compostela.

Novas relacionadas

Comentarios