Un centenar de cativos xa disfruta do xadrez na Costa da Morte

Xadrez xa en Mazaricos

Segue o xadrez, dende o Touriñán, invandido a Costa da Morte ao completo. O último reduto que quedaba libre de peóns era Mazaricos, pero gracias á ANPA Barcoma do CPI A Picota, e agora xa da man do Concello, xa teñen un bo grupo de escolares disfrutando deste marabilloso deporte.

O pasado sábado 13 rapaces de Mazaricos, xunto cun grupo de compañeiros de Muxía celebraron un adestramento na Casa da Cultura. Á fronte, o percebeiro Santiago Pérez Haz, o culpable da gran expansión do xadrez por toda a volta, dende o seu Club de Xadrez Cabo Touriñán. Foi precisamente a sesión previa á comezar as clases.

Xa andan pensando en máis torneos, mesmo nun campamento de surf en Nemiña, onde poderán disfrutar da natureza costeira e do propio xadrez.

E o proxecto estrella é facer un Circuito por toda a Costa da Morte, así que a ver se se van apuntado as vilas da volta.

Un centenar de nenos

Facendo contas, xa case son un centenar de nenos os que están disfrutando deste deporte, e por iso están prantexando crear un grupo federado de 4ª División para os equipos da Costa da Morte. Por Muxía e por Baio xa compiten na Liga Galega, pero cos novos nenos xa se pode facer un grupo propio en 4ª.

E aquí é clave a implicación dos mestres. Por Baio, Pablo Mira coida máis de 20 nenos. No Manuela Rial de Cee, Chito, axudado por Gurutz, que ademais de mestre de volei é un dos mellores xogadores da zona, contan cunhas 22 nenas, e que poderá engadir aos dous alumnos de Ramón en Corcubión. Na Ponte do Porte está Rodrigo Teijeira que ten uns 10 nenos). En Muxía hai dous núcleos, o Club Cabo Touriñán, con Santi Gutierrez ao man, que ten outros 25 entre nenos e maiores, e mais no Colexio de Vilarmide con 17 nenos, algúns de 3 anos.

A idea ademais é ir implicando ás nais da zona, que son máis pacientes que os pais. Ducias de anécdotas teñen contado os mestres, pero é que se cadra os pais esixen máis que os cativos fagan a xogada que lles propoñen, e os nenos xa teñen abondo con pensar, estar pendentes do amigos, mover… como para ter que contentar aos seus pais…

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).