Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un espectáculo de fútbol praia ateiga o areal de Canido

Un espectáculo de fútbol praia ateiga o areal de Canido
A Seleccion Galega de Futbol Praia disputou un partido contra unha combinacion de xogadores da Costa da Morte A Selección Galega de Futbol Praia disputou un partido contra unha combinación de xogadores da Costa da Morte. Imaxe: Diario Deportivo Máis de 500 persoas presenciaron o domingo o partido amigable disputado entre a Selección Galega de fútbol praia contra un combinado formadopor xogadores que disputaron a I Copa da Costa desta modalidade. O evento, organizado polo concello de Malpica e a asociación deportiva Vidú, tivo lugar na praia malpicá de Canido. Ata o areal malpicán achegáronse algúns dos mellores xogadores desta modalidade; como é o caso de Kuman Santiso, que vén de ser nomeado MVP da Eurobeach Soccer League de Sanxenxo e que é subcampión do Mundo; Nico Alvarado, subcampión do Mundo e campión de Europa; e Ramiro Amarelle, considerado como o mellor xogador da historia de fútbol praia. No meramente deportivo, o combinado costeiro dirixido por Pili Neira adiantaríase no marcador aos dous minutos de xogo cun gol de Manu Pardo que superaría a Darío ao cabecear un pase de Denis. Tras isto, a falta de costume dos da Costa da Morte de xogar sobre a area e a calidade e a compenetración dos xogadores da Irmandiña fíxose ver sobre o terreo de xogo e os goles de Nico, Uru, Amarelle, Kuman e Rubén en dúas ocasións poñerían o 1-7 no marcador. O capitán da Selección da Costa - Manu Pardo -foi o xogador que máis dores de cabeza lle produciu ao combinado galego e o malpicán sorprendería de novo a Darío cun latigazo que se colaría pola escadra da portería visitante. Tras isto, os pupilos de Pili Neira terían dúas grandes oportunidades para recurtar distanzas no marcador pero primeiro o longueiro e logo o pau, evitarían os goles de Manu Pardo e Charro, respectivamente. Espectáculo Os remates acrobáticos, as chilenas e as voleas comezarían a apropiarse do encontro e os presentes gozaron dun gran espectáculo. Antes do remate do primeiro tempo, Uru faría dous goles máis, dous auténticos golazos ante os que nada puido facer Denis. Na segunda metade, o ritmo do encontro decaeu un pouco pero aínda así os rapaces de Quique Sánchez farían tres goles máis, un do malpicán Darío e dous de Álex, para seguir aumentando a súa renda no instantáneo. No terceiro e último tempo do partido, Manu Pardo tamén quixo deixar o seu selo de calidade para completar o seu hattrick cun toque de clase co que superaría a Darío. Tras isto, Amarelle faría o golazo da tarde cunha espectacular chilena que deixaría coa boca aberta a todos os asistentes. Guerra e Uru, con sendos goles, poñerían o definitivo 3-16 no marcador. Ao remate do encontro, ambos equipos foron despedidos cunha gran ovación coa que os afeccionados recoñecerían o espectáculo dado por ambos conxuntos, a pesar da claravictoria do combinado galego. Ademáis, a organización do evento fixo entrega de sendos detalles a Pili Neira, entrenadora da Selección da Costa da Morte, e á Selección Galega que recolleron o seu capitán Ramiro Amarelle e o seu adestrador Quique Sánchez da man de Miguel Fernández, tenente alcalde do concello de Malpica; e Eduardo Parga, alcalde de Malpica de Bergantiños. En resume Os xogadores recibiron unha boa ovacion ao remate do partido Os xogadores recibiron unha boa ovación ao remate do partido. Imaxe: Diario Deportivo Selección da Costa 3 – 16 Selección Galega Selección da Costa: Denis, Eloy, Eme, Manu Pardo e Charro (cinco inicial). Tamén xogaron Lucas, Alejo, Diego, Aitor, Adrián Negro e Suso. Selección Galega: Darío, Kuman, Nico, Amarelle e Uru (cinco inicial). Tamén xogaron Guerra, Álex e Rubén González. Goles: 1-0 m.2: Manu Pardo; 1-1 m.3: Nico; 1-2 m.4: Uru; 1-3 m.4: Amarelle; 14: Guerra; 1-5 m.7: Rubén González; 1-6 m.7; Rubén González; 1-7 m.9: Kuman; 2-7 m.9: Manu Pardo; 2-8 m.10: Uru; 2-9 m.11: Uru; 2-10 m.13: Darío; 2-11 m.14: Álex (p); 2-12 m.23: Álex; 2-13: Amarelle; 3-13 m.25: Manu Pardo; 3-14 m.29: Amarelle; 3- 15 m.29: Guerra; 3-16 m.30: Uru. Árbitros: Daniel Vilar Álvarez, Anxo Fariña Biasi e Alberto Gómez Lameiro. Estiveron perfectos, sen ningún problema. Campo: Canido Area (Malpica de Bergantiños).

Novas relacionadas

Fonte

  • AD Vidú da man de David Castro

Comentarios