Unha de carreira en Corcubión e de BTT en Lariño

Numerosas probas deportivas as que nos esperan este mes de setembro, e hoxe repasamos a Carreira Popular de Corcubión e BTT de Lariño, pois a de Vimianzo tivo que ser aprazada, como nos contan dende o Concello.

Carreira de Corcubión

Este ano, a tradicional e simpática Carreira das Mercedes de Corcubión forma parte do I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte. A cita será o sábado 20 de setembro ás 17:00h pola vila corcubionesa. Xa vos podedes inscribir chamando ao 981 745 400 ou en:
  • Championchipnorte.com.

Unha BTT Solidaria

Xa están armando unha BTT Solidaria a celebrar en Lariño para o vindeiro 28 de setembro. Xa saben, por unha boa causa. Teñen máis información en bttsolidario.galitiming.com.

BTT de Vimianzo

Ía ser este 6 de setembro pero a XI Ruta BTT Concello de Vimianzo terá que esperar a unha nova data por confirmar.


Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).