Xoves. 16.05.2024
El tiempo

XXII Carreira das Areas en Carnota

XXII Carreira das Areas en Carnota
O pasado 24 de Agosto tivo lugar en Carnota a XXII Carreira das Areas, unha carreira bastante diferente o que se acostuma a ver por ahí habitualmente xa que a maior parte dela discorre pola praia. O Areal de Carnota a verdade é que se presta  moito para este tipo de carreiras, con un recorrido de 10 km onde a maior parte se corre toda pola praia. Dadas as peculiaridades desta proba, e para poder correr polas zonas de area dura na praia, a organización ten que ter en conta os horarios das mareas. Este ano a carreira Senior tivo que dar comezo as 12:00 da mañá por culpa da marea, pero mentras os maiores se preparaban, as 11:00 da maña dabase  a saída aos máis pequenos, os Infantís partiron dende o Areal para percorrer unha distancia de  0.5 Km por area  é  1.5 km por asfalto para poñer fin a súa carreira con chegada na Praza do Concello. Unha vez terminada a carreira dos Infantís era o turno dos Xuvenís, estes con unha distancia por recorrer de  3 km, onde 1.5 km foron recorridos pola praia e outros tantos polo asfalto. O mellor tempo realizado polos Infantís foi 09:03:09 minutos, mentras que nos Xuvenis o mellor tempo entrando na meta foron 11:34:17 minutos. Unha vez terminada as probas dos mais pequenos tocaballe o turno os Maiores, onde a salida se producia dende o Concello a diferencia das anteriores carreiras de categoria inferior. A primeira baliza, situada a 1.8 Km, marcaba o inicio do areal na súa pasarela de madeira; a segunda estaba situada no lugar de Maceiras, a 2 Km da primeira baliza; e seguindo o percorrido, topamos a última baliza na Boca do Río,  polo que en total corréronse un total de 6 Km pola area e dende alí iniciouse o regreso á praza, para completar os 10 Km. Un Total  de 136 corredores pasaron pola linea de meta, e onde o primeiro deles acabaou con un  tempo de 36:20.37. Unha vez rematada a proba, na Praza do Concello tiñan un lugar preparado para a recuperación de forzas con Comida e bebida, e como non podia faltar na tradición desta carreira, tiñan o tipico Roscón para degustar. Da entrega de trofeos encargaronse o Concelleiro de deportes Iván Franco e a Teniente de alcalde Merche Díaz, os cales  entregaron aos tres primeiros de cada categoría un bonito trofeo e medallas feitas polo Ceramista local Nacho Porto. A novidade nos premios deste ano foi que se entregou ún, o primeiro carnotán en chegar a meta.

Comentarios