Trala Carreira, toca vela, tenis, fútbol e Ioga para o inverno corcubionés

09:05 25/09/12

Trala disputa da simpática X Carreira Pedestre das Mercedes de Corcubión, que por certo, gañaron o nicrariense Luís Clavo, e a vimiancesa Teresa Castro, o inverno xa se amosa pola fiestra. E iso que non houbo festa na vila, por segundo vez na historia.
Con todo a Concellería de Deportes do Concello de Corcubión informa de que está aberto o prazo para as actividades deportivas do Concello:
- ESCOLA DE VELA: continúa a formación naútica dos nenos/as na primeira escola municipal de vela da comarca, para que os nenos/as tomaron contacto co mundo naútico.
- ESCOLA DEPORTES DE RAQUETA: Iniciación nos distintos deportes como tenis, frontennis, badmintón e tenis de mesa.
- ESCOLA DE FUTBOL BASE: A través dos adestramentos e da competición que ten lugar o fin de semana, tratamos de lograr unha educación integral do nen@ a través do deporte, o mesmo tempo que lles ensinamos os fundamentos técnico-tácticos básicos do fútbol sala e futbol, ademáis de potenciar as capacidades físicas básicas.
- IOGA: Agora tes a oportunidade de aprender un arte milenario. Unha refinada técnica psicofísica onde o practicante aprende a restablecer o equilibrio das suas enerxías armonizando a mente, e o corpo, a través de diversas posicions, descubrindo a raíz do movimento e da súa expresividad natural.Aprenderás técnicas de atención, concentración, imaxinación, respiración, contol de músculos e articulacions, , exercicios de relajación.
Máis información e inscrición
As preinscripcións poderan facerse nas oficinas do Concello ou no Pabellón Polideportivo e tamen chamando ó 981 745 400 / 981 746 753.
As prazas seran limitadas, por orden de inscripción.
Novas relacionadas
- Corcubión achégase ao Berlín Oriental a través dunha exposición.
- Mercedes 2010: Procesión, orquestras, carreira e corais nas Mercedes de Corcubión.
- Mercedes 2009: Unha carreira distinta.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Corcubión.