Unha de carreira en Corcubión e de BTT en Lariño
08:24 03/09/14
Numerosas probas deportivas as que nos esperan este mes de setembro, e hoxe repasamos a Carreira Popular de Corcubión e BTT de Lariño, pois a de Vimianzo tivo que ser aprazada, como nos contan dende o Concello.
Carreira de Corcubión
Este ano, a tradicional e simpática Carreira das Mercedes de Corcubión forma parte do I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte. A cita será o sábado 20 de setembro ás 17:00h pola vila corcubionesa. Xa vos podedes inscribir chamando ao 981 745 400 ou en:Unha BTT Solidaria
Xa están armando unha BTT Solidaria a celebrar en Lariño para o vindeiro 28 de setembro. Xa saben, por unha boa causa. Teñen máis información en bttsolidario.galitiming.com.BTT de Vimianzo
Ía ser este 6 de setembro pero a XI Ruta BTT Concello de Vimianzo terá que esperar a unha nova data por confirmar.
Novas relacionadas
- Mercedes 2012: Carreira corcubionesa.
- Mercedes 2010: Procesión, orquestras, carreira e corais nas Mercedes de Corcubión.
- Mercedes 2009: Unha carreira distinta.
Novas relacionadas
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 8 Concellos participan no I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.
- A Carreira das Areas batíu todas as marcas.
- Vimianzo e Dumbría soben á bici en setembro.
- 7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros.
- 2013: Grande a XXII Carreira das Areas en Carnota.
- 2012: 118 corredores disputaron a máxica Carreira das Areas de Carnota.
- 2011: A Carreira das Areas triunfou un ano máis.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).