Xoves. 28.03.2024
El tiempo

7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros

7 heroes completan o Ultratrail Camiño dos Faros
Heroes do Ultratrail Camino dos Faro

Impresionante. Menuda fazaña histórica a que conseguiron completar 6, e un fóra de tempo, bravos atletas. 203 kilómetros en 48 horas (ollo á “burrada”), unindo Malpica e Fisterra pola mesma beira do mar, facendo o Camiño dos Faros (tendes a crónica completa da casa en www.caminodosfaros.com), esa xeradora da gran revolución do sendeirismo na Costa da Morte. Traski abriu camiño e tras el completaron o I Ultratrail Camiño dos Faros os máis fórtes. Entre eles, un par de costeiros, Quito, bombeiro pontecesán na Coruña, e Vicky, unha uru-vimiancesa de ferro.
Con eles, o vigués David, o santiagués Jorge, Pedro, Felipe, emais Carlos, que chegou fóra de tempo (o menos importante).

Saida do Ultratrail Camino dos Faros dende Malpica Bravos heroes do Ultratrail Camino dos Faros 4 dos heroes que completaron o Ultratrail Camino dos Faros A uru-vimiancesa Vicky unha das heroinas

Xunto a eles, partían de Malpica, nun fermoso ambiente festivo, uns 48 deportistas, pero só os máis fortes conseguiron cumplir un desafío. Un desafío, que ademais serviu para colleitar máis de 6.500 euros que serán doados á Federación Galega de Enfermedades Raras, coordinadora do evento xunto coa activa Asociación Camiño dos Faros. Case, a 1€ por kilómetro e participante.
Entre os participantes tamén estiveron os vimianceses Damián Espasandín, Míchel Antelo e Óscar Santos, bos amigos de QPC, que non puideron completar o percorrido, pero que tras facer 100 km a Camariñas, e descansar unhas poucas horas, volveron para arroupar a Vicky na última etapa entre Muxía e Fisterra. Unha demostración dos valores deste deporte de aventura.

Os que participaron na aventura non teñen calificativos para definir a fazaña. Os sentimentos desbordáronse á chegada ao Faro Fisterra, arredor da medianoite do sábado, despois de máis 48 horas sen durmir, e case sen parar de correr. Unha demostración extrema do que o ser humano pode conseguir facer despois de “sufrir, rir, chorar, loitar”…

Todo, despois de mil e unha aventuras, outras tantas bochas, ao longo do fermoso litoral costeiro. Paradas fugaces para repostar, para recibir as atencións médicas e as masaxes necesarias de todo o equipo da perfecta organización, para completar a proba. Outros, como dicimos, fixeron algún que outro tramo, que xa lle chega!

Michel e Viki no Ultratrail Ultratrail Camino dos Faros por Laxe

Sen máis, felicitar aos trasnos, eses auténticos dinamizadores da beleza costeira, que seguen demostrando que a sociedade civil pode facer moito máis polo turismo na Costa da Morte que ducias de entidades supramunicipais.

Os trasnos celebrando o exito do Ultratrail Camino dos Faros

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios