Xuvenil Sur: O Soneira baixa unha marcha

9ª xornada da Liga Xuvenil Sur e algunha novidade. O Soneira suma a súa segunda semana sen gañar tras 7 vitorias consecutivas. Empate ante o Cee que lle serve ao Santa Comba para escapar un pouco máis e xa son 3 puntos os que separan aos dous equipos. Iso si, o equipo de Miguel disputou os últimos 20 minutos que o Comité lles fixo xogar a Mazaricos e Soneira cun 2-0 claro para os soneiráns. O resultado final foi o de 5-0. Tamén se xogou o encontro da xornada 6 entre Fisterra e Dumbría, que puido ser o último encontro dos fisterráns en Cee unha vez que semella que para dentro de dúas semanas xa vai estar Ara Solis listo. Ademais, a directiva fisterrá quere agradecer a colaboración ao Cee por facerlle sentir ao equipo fisterrán coma na casa en todos estes encontros que os de Senra levan desputados no San Pedro de Refoxos. E lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca ZonaZero.

Dumbría - Santa Comba (0-3)

  • Dumbría: Dito, Juanma, Samuel, Sergio, Javi (Rubén Pereira, min.75), Adrián Ozón, Israel, Jose, Damián, Martín (Rubén Fernández, min.75) e Marco.
  • Santa Comba: Pablo, Martín, Dani Martínez, Javito, Pombo, Sergio, Diego, Muni, Anxo (Iván, min.46), Roberto, Marquiños. Tamén xogaron Pinki, Josito e Dani.
  • Goles: 0-1, min.30: Muni de penalti cometido sobre Anxo; 0-2, min.65: Marquiños tras unha boa xogada de Muni; 0-3, min.80: Roberto dende fóra da área.
Non perdoou o líder malia que a mellora do equipo de Dumbria se fixo patente. Os xalleiros relaxáronse lixeiramente e non amosaron a fluidez no xogo dos últimos partidos. Con todo, adiantouse por medio de Muni, que transformou un penalti cometido sobre Anxo cando este se internaba pola liña de fondo. No comezo da segunda metade o Dumbría intentou prantarlle cara, pero o segundo tanto de Marquiños tras unha boa xogada de Muni sentenciou o choque.

Mazaricos - Muros (2-2)

  • Mazaricos: Jose, Serginho, Mario, Esteban, Javier, Alberto (Dani, min.60), Oreiro, Ferreiro, Mario, Brandoñas (Cristian, min.46), Sandelo e Robinho.
  • Muros: Trozo, Pedro (Álvaro de Baño), Berni, Polo, Javi de Vístete, Fernando, Jesús, Santi Chuvasco (Iago, min.46), Santi de Pura, Geico e Gabriel El Guapo (Diego, min.60).
  • Goles: 1-0, min.5: Esteban; 2-0, min.35: Robinho; 2-1, min.37: Geico; 2-2, min.70: Álvaro de falta.
  • Expulsións: Os locais Oreiro (min.30) e Serginho (min.80)
Non puideron os locais defender o marcador de 2-0 a favor. As expulsións deixaron ao equipo de Brais e Kevin a mercé do equipo muradán que tivo ata 5 ocasións claras para marcar o tanto da vitoria, se non fose porque o meta Jose estivo espectaular e ata lle rebotan os tiros. Tamén tivo o Mazaricos unha boa ocasión pero ao final o marcador quedou en empate.

Corcubión - Outes (2-1)

  • Corcubión: Abelleira, Chema, Marcos, Pablo, Denís, Sergio, Lema, Antonio (David min.56), Manu, Iván e Kike (Mario min.86)
  • Outes: Jona, Mostovoi (Beckham, min.87), Juan, Oscar, Alex, Alfonso (Pesi, min.79), David, Sergio, Edu, Piqui e Piti (Rubén, min.79).
  • Goles: 1-0, min.7: Lema de corner; 1-1, min.10: Sergio, tras pase de Edu nunha contra; 2-1, min.63: Lema de corner.
Encontro marcado polo forte vento no Novo Cubaleiro que fixo que os dous equipos cometesen erros ao non poder controlar ben o esférico. Dous erros defensivos en sendos córners catapultou as ilusións dos de Outes que fixeron méritos para levarse algo positivo de Corcubión. Na primeira metade, o Outes era quen tiña o vento a favor e creaba serias dificultades na defensa rival, pero no minuto 7, Marcos saca un córner que peta no longueiro e na área pequena, Lema remata a pracer. Pero non lle duraría moito a alegría ao equipo de Alfonso xa que 3 minutos mais tarde, un despexe axudado polo vento pasa sobre o medio campo corcubionés, e Sergio, nun 2 para 1 coa defensa, marca o empate, que duraría toda a primeira parte. Nesta xogada, o equipo visitante pediría penalti sobre o propio Óscar cando ia só cara a portería , e un xogador local faríalle a zancadilla pero o colexiado non o apreciou así. Xa na segunda parte o Outes quixo ter o balón, e a falta de despexalo, preferiu xogar por raso complicándolle a vida a defensa local. As opcións que tivo o Corcubión foron as de aproveitar a súa velocidade arriba pero, co vento que facía, era o esférico o que corría mais que os propios xogadores. No minuto 64 en outro córner, Lema, desta vez de cabeza no primeiro pau, decantou o partido para o seu equipo e non se volvería mover o marcador, aínda que as dúas escuadras intentaríano, o Outes seguiría facendo xogadas por raso moi perigosas, e o Corcubión con balón en largo e con xogadas a balón parado. Cabe destacar que o encontro foi moi limpo sen ningunha cartolina por parte de ningún dos dous equipos.

Esteirana - Fisterra (2-2)

  • Esteirana: Carrilo, Nico, Abel, Meco, Moncho, Bruno, Eloy, David, Ruso, Llumber e Pesi (Rafa, min.60).
  • Fisterra: David, Roberto, Manuel, Lobelos, Juan, Bruno, Fran (Adán, min.70), Gonzalo, Carlos, Chiqui (Isqui, min.65) e Juanfran (Miguel, min.75).
  • Goles: 0-1, min.20: Bruno; 0-2, min.55: Chiqui; 1-2, min.75: David; 0-2, min.85: Bruno.
  • Expulsión: Nico por parte local.
Comezou mellor o Fisterra que se puxo por diante por medio de Bruno, que semella ter afinado por fin a puntería. Chiqui facía o segundo á volta do descanso pero a partir do minuto 70 s de Uru espabilaron e se botaron arriba. Aproveitando a baixa estatura dos fisterráns, os balóns aéreos dos visitantes foron moi perigosos. Marcou David e faltando 15 minutos o esteirán Bruno conseguiu o empate.

Soneira - Cee (2-2)

  • Soneira: Bonano, Vicente, César, Pichón, Marcos (Rubén, min.80), Dani (Toja, min.70), Mayor, Cristian, Ismael, Basti e Alberto.
  • Cee: Sergio,Jose Ramón, Lucas, Jose Antonio, Yago, Aitor (Ismael Trinidad, min.81), Ismael (Uri, min.46 (Santi, min.89)), Serginho, Diego Cespón, Chiru e Rubén.
  • Goles: 1-0, min.9: Mayor de falta; 1-1, min.48: Serginho de falta; 1-2, min.60: Diego Cespón, de falta; 2-2, min.83: Basti, de cabeza.
Segundo partido consecutivo no que o Soneira deixa marchar puntos, i é que os de Miguel están acusando, sobre todo de medio campo para arriba, a falta de Fernando. Si a semana pasada perdía co Santa Comba, nesta conseguiu salvar un punto nos últimos minutos. Os visitantes prantexaron un partido moi táctico en defensa cun ollo especial no máximo goleador da liga, Basti, este conseguiu o gol do empate xusto despois de que o seu marcador durante todo o partido, Aitor, se lesionara. Diego Cespón foi o grande motor do equipo de Jose Carlos e cómpre sinalar que nos dous tantos ceenses o meta Bonano puido facer algo máis.

Soneira – Mazaricos (5-0)*

  • Soneira: Bonano, Alberto, Pichón, Vicente (Cachirulo, min.80), Rubén, Mayor, Dani, Efraín, Ismael e Basti.
  • Mazaricos:
  • Goles: 4-0, min.80: Basti; 5-0, min.85: Basti.
Nada que apresentar nestes últimos 20 minutos que a Federación obrigou a xogar tras ser suspendidos na xornada 6. Dous goles os que anotou Basti para os soneiráns tralo 3-0 co que remataran os primeiros 70 minutos.

Fisterra - Dumbría (6-2)

  • Fisterra: David, Roberto, Manuel (Juanfran, min.55), Cristian Docabo (Miguel, min.60), Juan (Lobelos, min.65), Tati, Martín, Bruno, Gonzalo (Isqui, min.80), Hidalgo (Chiqui, min.75) e Carlos.
  • Dumbría:
  • Goles: 0-1, min.20: ; 1-1, min.25: Bruno; 2-1, min.30: Martín; 2-2, min.35; 3-2, min.40. Hidalgo; 4-2, min.55: Gonzalo; 5-2: Martín; 6-2: Isqui.
No encontro aprazado da 6ª xornada o Fisterra disputou o que puido ser o seu último partido en Cee, o Fisterra dou conta dun Dumbría que segue acosando a súa xuventude. O encontro estivo igualado ata o descanso cando os de Senra afinaron puntería e macharon aos dumbrieses.

Patrocina esta Liga

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Colabora Jorge Domínguez.
  • Fotos do Corcubión-Outes de Jorge Domínguez.
  • Fotos do Dumbría-Santa Comba de Luis Alberto Sambad.