Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: O Santa Comba pega primeiro

Xuvenil Sur: O Santa Comba pega primeiro
8ª xornada e os dous claros favoritos enfrontábanse en Castriz para medir as súas forzas de cara á segunda volta. E foi o Santa Comba o que pegou primeiro e pasan aos soneiráns convertíndose en líderes por primeira vez na temporada. E aquí a Liga si que é cosa de dous porque o terceiro, o Mazaricos, xa está a 9 e 10 puntos da cabeza, logo de caer en Fisterra. Lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero. A discoteca está a organizar un Campionato de Trucopara este venres 3 de decembro e para o 10 de decembro. Terán 1.500€ para o gañador, 600€ para o segundo e 200€ para o terceiro. Poden apuntarse no 627 581 781 ou no Hotel A Marina de Cee. Ademais o domingo 5 de decembro, en sesión de noite con Dj Marcos Magán e Dj Sone, a parella de dilleis do momento, o máximo en Galicia.

Santa Comba - Soneira (3-1)

  • Santa Comba: Pablo, García, Sergio, Gabriel (Jose Manuel, min.60), Francisco Pombo, Javito, Marcos, Anxo (Cristian, min.75), Alejandro (Iván, min.46), Muni, Roberto (Iván, min.65).
  • Soneira: Victor (Bonano, min.55), Vicente, Alberto, Pichón, Cachi (César, min.46), Dani, Marcos Curra (Toja, min.60), Ismael, Cristian (Suso, min.75), Basti, Mayor.
  • Goles: 1-0, min.1: Sergio; 2-0, min.60: Muni un golazo de chilena; 3-0, min.75: Marcos; 3-1, min.85: Basti.
Motivación total nos dous equipos ante o partido, polo de pronto, da temporada. A rivalidade, ben entendida, respirábase no aire, pero o bo rollo foi o protagonista. De feito, o encontro disputouse na mañá do sábado pois o míster xalleiro Anxo non podía estar pola tarde. Miguel, o míster soneirán, nono tivo problema á hora de cambiar o horario e o propio Anxo quere agradecer publicamente a actitude do adestrador do Soneira, "todo un caballero dentro e fóra do campo". Moi bo ambiente en San Pedro de Castriz para ver un moi bo partido, moi igualado, con un Soneira que prantou cara en todo momento pero onde o Santa Comba foi máis efectivo e moi serios en defensa. O Soneira, pola súa banda, acusou a baixa de Fernando, esa peza que liga o medio coa dianteira, pero que se perderá boa parte da temporada tras operarenlle unha man. O Santa Comba comezou co encontro de cara. Xa no minuto 1 Sergio adiantaba aos de Anxo. A primeira parte continuou moi igualada, con alternativas constantes e dous equipos de moita calidade. Á volta do descanso Muni meteu o gol da xornada e case que da temporada ao empalmar unha chilena que se colou por toda a escuadra. O Soneira non parou e seguiu peleando ata o final, mesmo cando Marcos marcou o terceiro para os locais. Basti, o de sempre, recurtou, pero os seus non puideron remontar. Todo quedará para o encontro da volta, na penúltima xornada, que de seguro será decisivo.

Outes - Dumbría (4-2)

  • Outes: Josua, Oscar, Chía, Juan, Alex (Pesi, min.70), Alfonso (Rubén, min.83), David (Mostovoi, min.70), Sergio, Edu (Beckham, min.89), Piqui e Piti.
  • Dumbría:
  • Goles: 0-1, min.9: 1-1, min.21: Edu; 2-1, min.33: Sergio, aproveita un rexeite na área pequena; 3-1, min.45: Edu, de cabeza a centro de Piqui; 3-2, min.55: 4-2, min.75: Piqui, de cabeza a centro de Mostovoi.
Primeira vitoria do equipo Outes como local ante un Dumbría que non levanta cabeza. Os de Pablo Conde apenas inquedaron á meta rival mentres que o equipo de Manu Roque e Tomé foi superior en todo momento.

Cee - Esteirana (10-3)

  • Cee: Adrián, José Ramón, Isma Trinidad, Rubén, José Antonio, Sergio (Uri, min.55), Corbelle, Isma Lamela, Diego Cespón (Sergio, min.70), Moncho, Armando (Santi, min.60).
  • Esteirana: Manel, Racha, Abel, Meco, Nico, Bruno, Eloy, David, Moncho, Adrián (Pesi, min.70), Jumber (Xián, min.55).
  • Goles: 0-1, min.1: Adrián; 1-1: Sergio; 2-1: Armando; 3-1: Diego Cespón; 4-1: Sergio; 5-1: José Ramón; 5-2: Adrián; 6-2: Armando; 7-2: Diego Cespón; 82: Moncho; 9-2: Isma Lamela; 9-3: Bruno; 10-3: Santi.
  • Expusión: Racha na segunda metade; e ao míster local José Carlos por protestar.
Comezou gañando o equipo de Uru xa que no primeiro minuto Adrián facía o primeiro tanto do partido. Pero os de José Carlos puxeron o mono de traballo para deixar o marcador ao descanso nun claro 5-2. A segunda metade foi de trámite e a Esteirana apenas opuxo resistencia.

Muros - Corcubión (2-1)

  • Muros: Santi Pazos, Berni, Pedro, Bolo, Javi de Vístete, Fernando, Jesús (Álvaro min.63), Óscar do Mac, Gabriel de Louro, Gabriel o Guapo (Sestayo min.88), Santi Chuvasco (Santi de Pura, min.70).
  • Corcubión: Abe, Chema, Marcos, Pablo, Sergio, Lema, Antonio (Roberto min.72, Pico (David min.61), Kike, Brais, Manu (Cristian min.45).
  • Goles: 0-1, min.3: Brais tras unha falta botada por Sergio; 1-1, min.25: Jesús; 2-1, min. 44: Javi de Vístete.
  • Expulsión: Öscar e Álvaro por parte local nos últimos 5 minutoa.
Nefasto encontro dos pupilos de Alfonso que deixou pasar os 3 puntos necesarios para seguir a estela do Soneira e do Santa Comba na loita polo titulo. En fronte estaba un serio Muros, que se fixo forte e prantou cara en todo momento ata levar a vitoria. Agora Corcubión e Muros quedan 6º e 7º, nun grupo de 2 puntos co Mazaricos, Cee e Fisterra. O partido comezou moi ben para o equipo corcubionés xa que no minuto 3 do encontro, Sergio saca unha falta dende case o centro do campo e Brais, controlando primeiro, bateu ao porteiro local. Esta mesma xogada e a que lle esta a dar bastantes goles ao Corcubión, con faltas colgadas dende o medio campo e rematadas a gol. Pero nun despiste da defensa do Corcubión aproveitouna Jesús para marcar no minuto 25 e en outro despiste tras un córner seria xa no minuto 45 cando Javier dende a frontal deixaría o marcador final favorable para o Muros. A segunda metade seria un ir e vir de ambos equipos e o partido quentaríase pola actuación do colexiado, que xa non pitara un penalti para o equipo da vila de San Marcos na primeira metade. Os corcubioneses protestaron ademais a permisividade do colexiado, que non amosaba cartóns. O equipo corcubionés non sería capaz de remontalo partido e o Muros quedaría con 9 xogadores tralas expulsións de Óscar e Álvaro nos últimos 5 minutos. Cabe destacar que o colexiado puxo 8 minutos de desconto polas continuas perdas de tempo do equipo muradán. Destacan en Corcubión as perdas do meta local, que non viu o segundo cartón amarelo.

Fisterra - Mazaricos (1-0)

  • Fisterra: David, Lobelos (Miguel, min.65), Roberto, Manuel, Juan, Martín, Tati, Juanfran (Adán, min.60), Cristian (Chiqui, min.75), Bruno, Carlos.
  • Mazaricos: David, Esteban, Sergio, Javier, Oreiro, Alberto, Ferreiro, Dani (Mario, min.70), Robinho, Kevin (Mipadre, min.60), Sandelo.
  • Gol: 1-0, min.15: Tati de falta.
Vitoria moi traballada dos de Senra ante un Mazaricos moi correoso que apretou a base de entrega durante moitos minutos. Marcou ao comezo o equipo fisterrán e logo aguantou a renda todo o encontro. Na segunda metade o capitán Tati pasou atrás e fechou a defensa. non permitindo que as embestivas dos de Brais e Kevin chegasen con demasiada claridade. No medio mantíñase Martín, que fixo un partidazo para os locais. Pero aínda así chegaron ocasións e boas, para os visitantes, que xa levan 3partidos xogando benpero sen premio. Desta volta nin Robinho, nin Ferreiro estiveron finos cara o gol e fallaron boas ocasións.

Patrocina esta Liga

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios