Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Xuvenil Sur: Soneira e Santa Comba agardan o gran choque

Xuvenil Sur: Soneira e Santa Comba agardan o gran choque
Non fallan. Os de Miguel e os de Anxo non fallaron nos 7 primeiros encontros, e tan só o empate dos xalleiros ante o Cee na primeira xornada marca os 2 puntos de diferencia entre eles. A semana que vén chega o gran choque entre Santa Comba e Soneira, que decidirá quen leva o peso da competición no comezo da segunda volta. E lembren que esta Liga está patrocinada pola Discoteca Zona Zero, a discoteca de moda do sur da Costa da Morte.

Corcubión - Fisterra (2-2)

  • Corcubión: Yago, Chema, Marcos, Sergio, Pablo, Lema, Antonio (Cristian min.88), Iván (Kike min.45), Pico (David, Manu Lira, Manu Fis.
  • Fisterra: David, Roberto, Jose M., Manuel (Francisco min.46), Jorge, Juan M., Bruno, Martín (Juán F. min.88), Cristian (Enrique min.85), Jesus G.
  • Goles: 1-0, min.15: Pico, 2-0, min.40: Jorge p.p.; 2-1, min.53: Carlos; 2-2, min.70: Carlos.
  • Expulsados: Manu Lira do Corcubión por dobre amonestación tras dúas faltas consecutivas sen acabar a xogada. E por banda fisterrán 4 expulsións; Jorge e Jesús por dobre amonestación, Francisco por insultar ao colexiado e o delegado do equipo fisterrán por dobre amonestación.
Partido disputado entre dous equipos de localidades con tradición mariñeira como son Corcubión e Fisterra. Pouco tardaría en marcar o equipo de Alfonso xa que nunha falta directa sería Pico o que marcaría tralo rexeite do porteiro visitante. Viríase arriba o equipo fisterrán pero non sería capaz de marcar na primeira metade. Na segunda metade foi cando chegou a parte máis quente do choque. O Corcubión volvería marcar esta vez gracias a un gol en propia porta dun xogador da vila do Cristo. Pero pouco despois cambiarían as cousas cando o colexiado expulsou ao corcubionés Manu Lira. A expulsión espoleou ao Fisterra que xa recurtou marcando un penalti feito por Sergio no minuto 8 da segunda metade. O máis tarde igualaríanse ás forzas trala expulsión de Jorge no bando de Senra non tardaría Carlos en marcar o seu segundo gol da tarde tras un rexeite da defensa local. Quedaría en discusión a actuación do colexiado trala expulsión de 2 xogadores mais do Fisterra.

Mazaricos - Cee (2-1)

  • Mazaricos: Rubén, Sergiño, Esteban, Oreiro, Adrián, Alberto, Ferreiro, Dani, Mario (Kevin, min.46), Sandelo, Robiño (Alex, min.75).
  • Cee: Sergio, Jose Ramón, Moncho, Rubén, Isma (Xavi, min.70), Jose Antonio, Isma Lamela (Santi, min.80), Diego, Armando (Uri, min.50), Sergiño e Chiru.
  • Goles: 1-0, min.15: Sandelo; 1-1, min.50: Rubén; 2-1, min.90: Alex aproveitou o rexeite de Sergio tras un xogadón de Sandelo.
  • Expulsión: un xogador do Cee por doble cartón.
Moi bo partido o disputado no Pino do Val, con poucas ocasión pero moi intenso e no que puido gañar calquera. O Cee tirou ata catros balóns ao pau e marrou un par de man a man co porteiro local, pero un gol en tempo de desconto deixou os 3 puntos na casa. Contaba o equipo de Brais e Kevin con moitas baixas, sobre todo na defensa, que curiosamente foi do mellor do partido.

Esteirana - Soneira (0-8)

  • Esteirana: Carrilo, Rañó, Nico, Meco, Xián, Jacobo, Eloy, Bruno, Pexe (Tono, min.60), Fojete, Roquiño.
  • Soneira: Bonano, Vicente, Alberto, Pichón, Javi (Rubén, min.70), Mayor (Suso, min.50), Dani, Marcos (Efraim, min.70), Cristian, Toja (Isma, min.46) e Basti.
  • Goles: 0-1, min.15: Basti; 0-2, min.22: Basti; 0-3, min.27: Basti; 0-4, min.39: Basti; 0-5, min.42: Basti; 0-6, min.70: Basti; 0-7, min.75: Basti; 0-8, min.80: Dani.
Un partido sen moitas complicacións para os de Miguel, no que ademais o equipo de Uru contaba con numerosas baixas. Destacadísima a actuación de Basti. que demostrou a súa calidade marcando 7 goles, e xa son 21 en 7 partidos. Esta semana chega o gran partido entre os dois favoritos, como dicimos, pero o Soneira terá a baixa de Fernando, que rompeu unha man e non poderá estar no terreo de xogo.

Santa Comba - Outes (4-0)

  • Santa Comba: Pablo, Martin, Sergio, Iván, Francisco Pombo, Javier, Marcos, Diego, Roberto, Pablo, Anxo. Tamén: Gabriel, José Manuel, Alejandro.
  • Outes: Yona, Óscar, Sergio, Juan, Alex (Beckam, min.60), Pesi (Rubén, min.54), Alfonso, David, Edu, Piqui, Piti.
  • Goles: 1-0, min.41: Pablo; 2-0, min.49: Marcos; 3-0, min.62: Marcos; 4-0, min.72: Marcos.
  • Lesión: Alex por parte visitante.
Moito frío e moita auga en Santa Comba. O Outes aguantou a primeira metade, pero os goles claves antes e despois do descanso mataron as esperanzas dos de Manu Roque e Tomé. A segunda foi máis clara para os xalleiros que mataron o patido cun hattrick de Marcos.

Dumbría - Muros (0-9)

  • Dumbría: Mingos, Juanma (Rubén Fdez, min.55), Sergio, Adrián, Samuel, Blanco (Cote, min.55), Jose (Vicente, min.46), Martín, Israel, Vitu (Rubén, min.50), Damián.
  • Muros: Iago, Berni, Bolo (Santi de Pura, min.46), Javi de Vístete, Pedro, Fernando (Oscar do Mac, min.55), Óscar, Jesús, Santi Chuvasco (Modesto, min.46), Gabriel de Louro, Gabriel O Guapo (Trozo, min.60).
  • Goles: 3 Oscar do Maema, 4 Gabriel de Louro, Modesto, Pedro; o marcador ía 0-6 ao descanso.
Pouco que contar do encontro, i é que saíron durmidos os noviños xogadores locais e xa encaixaron 6 tantos na primeira metade. Os de Bibi aproveitaron e marcaron o doble dos goles que levaban en toda a liga.

Patrocina esta Liga

Crónicas da Liga Xuvenil Sur

Crónicas da Liga Xuvenil Norte

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios