Sábado. 02.11.2024
El tiempo

120 alumnos de entre 3 e 80 anos aprenden informática en Dumbría

120 alumnos de entre 3 e 80 anos aprenden informática en Dumbría

A fenda dixital continúa sendo un dos obxectivos a erradicar na bisbarra. Precisamente para iso existe QPC, dando argumento á veciñanza a sumerxise na rede. Pero o papel dos concellos na formación é fundamental. Xa coñecemos varios cursos en diferentes concellos da zona, e hoxe imos ata Dumbría.

Alí arrincan esta semana os cursos de informática para os veciños/as dumbrieses de tódalas idade. Están inscritas máis de 120 persoas que van desde os 3 anos ata os oitenta e tantos.
Haberá clases que van desde a iniciación á informática, procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, internet, redes sociais, correo electrónico... É esta unha actividade que está a ter moi boa acollida no concello e ano a ano son máis os veciños e veciñas que se animan a participar.

Os interesados en asistir ás clases de informática aínda están a tempo de inscribirse chamando ó Concello ou ben nas distintas Casas Culturais.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Dumbría.

Comentarios