A Aula da Rede CeMIT de Fisterra abre novos cursos mentres a de Corcubión está paralizada


Parece que traballa a aula de informática de Fisterra, inaugurada en marzo. Que non así a de Corcubión, igualmente prometida dende novembro do pasado ano, pero quesó conta coa placa na entrada.
De feito, en Corcubión a aula está completamente paralizada, con ducias de equipos absorvendo e absorvendo humidade. Entrementres o Concello non os pode utilizar e segue á espera de que a Xunta se pronuncie e envíe, por fin, o axente TIC prometido, para que organice cursos. Segundo nos sinala o alcalde corcubionés, "estamos pendentes de que una empresa contratada pola Xunta resolva os problemas que existen cos ordenadores. Logo entre a Xunta e o concello seleccionarase ao Axente TIC para dita aula".
O exemplo contrario son Vimianzo, cun Telecentro tremendamente activo en formación TIC, ou Cabana e Ponteceso cun gran traballo de alfabetización dixital. En Camariñas, tamén na rede dende o mesmo período que Corcubión e Fisterra, por agora manteñen a aula de informática aberta de 9:00h a 14:00h dende maio. En breve empezarán con cursos de alfabetización para toda a veciñanza camariñá.
Cursos na Rede CeMIT de Fisterra
Quen si se pon en marcha é a Rede CeMIT en Fisterra, que porá en marcha durante os meses de setembro, outubro e novembro unha serie de actividades gratuítas para impulsar as TIC e a Sociedade da Información. A aula CeMIT de Fisterra situada na praza da Cerca, nº 4 acollerá as seguintes actividades:
- CREACIÓN DE VIDEOXOGOS
-Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
- Inscrición: ata o 12 de setembro de 2011.
- Comezo da actividade: 26 de setembro de 2011. - CREACIÓN DE WEBS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES
-Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
- Inscricións: ata o 10 de outubro de 2011;
Comezo da actividade: 24 de outubro de 2011. - STREAMING DE AUDIO E VÍDEO
- Duración: 8 horas presenciais + 22 horas de traballo online;
- Inscricións: ata o 7 de novembro de 2011;
- Comezo da actividade: 21 de novembro de 2011.
Para a realización da actividade é necesario a inscrición dun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os interesados poderán asistir á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.
Máis información
Poden consultar na aula CeMIT (Telecentro) do Concello de Fisterra chamando ao 981740001 ext. 2069, ou a través da web cemit.xunta.es, no correo electrónico formación-cemit@xunta.es ou chamando o 902 222 321.
Novas relacionadas
- O 95% dos adolescentes engánchanse á internet.
- En Fisterra os protagonistas do verán foron os nenos.
- Vimianzo segue formándose en materia TIC.
- 26-03-11: Inaugurada a nova Aula TIC de Fisterra.
- 24-01-11: Camariñas, Fisterra e Corcubión únense á Rede CeMIT para reducir a fenda dixital.
- 08-11-10: Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra.
Máis novas TIC
- Da incidencia da internet na política da Costa da Morte.
- Da incidencia do Facebook no Fútbol da Costa.
- Galinus traballa pola redución da fenda dixital nas áreas rurais do país.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Fisterra.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).