Xoves. 02.05.2024
El tiempo

160 mushers de toda España estrearon a I Copa de España Loterías de Mushing de terra Concello de Dumbría

  • O carnotán Miguel Beiro subiu ao poido
I Mushing Copa Espana en Dumbria
160 mushers de toda España estrearon a I Copa de España Loterías de Mushing de terra Concello de Dumbría

Acolleron os montes dumbrieses esta pasada ponte a I Copa de España Loterías de Mushing de terra Concello de Dumbría. Organizada polo Club Alejandro Gómez e o Concello de Dumbría, coa colaboración da Real Federación Española de Deportes de Inverno, a proba serviu para estrear a Costa da Morte como parada dun circuioto estatal dunha nova disciplina deportiva. Unha idea na que segue afondando o Concello dumbriés, que usa o deporte como motor económico, como foco de atracción de visitantes.

Foron 160 os “mushers” de toda España que se achegaron a Dumbría xunto cos seus cans, os que participaron nunha proba protagonizada pola chuvia, a néboa e a lama. O gañador foi Marcos Saldaña Paredes, pero o segundo clasficado foi o carnotán Miguel Beiro (do club organizador) que xunto a Moa completou o circuito en 18 minutos e 47 segundos.
Entre a representación costeira tamén atopamos ao seu propio pai, Domingo Beiro, que rematou 5º na modalidade de bici de veteranos; ou Ricardo Costa Cambeiro, natural de O Ézaro.

Podio do I Copa Espana Mushing Dumbria
Miguel Beiro, á esquerda, xunto co alcalde dumbriés, Raúl González, no podio do I Copa Espana Mushing Dumbría

Podes ver todas as Clasificacións aquí.

Comentarios