Venres. 26.04.2024
El tiempo

200 novos nadadores competirán en Dumbría no Campionato Galego de Salvamento Acuático

200 novos nadadores competirán en Dumbría no Campionato Galego de Salvamento Acuático
Campionato de Salvamento na Praia do Ézaro

Segue convertíndose a Praia do Ézaro nunha referencia para actividades a nivel nacional. Se xa é unha das citas do circuito do campionato galego de volei praia, o vindeiro sábado 14 de xullo acolle unha nova cita: O Campionato Galego de Salvamento Acuático.

A proba está organizada pola FESSGA, Federación Galega de Salvamento, en colaboración co Concello de Dumbría.
Serán máis de 200 participantes, nas categorías alevíns, infantís e cadetes tanto masculino coma feminino, pertencentes a 9 clubes galegos: Club Cerceda (Cerceda), Club SASA (Sada), Club Sysca (Carballo), Club Sal (A Laracha), Club Umia (Caldas de Reis), Club PC Salvamento (Sanxenxo), Club Salv-Ar (Arteixo), Club Salvamento Ponferrada (Ponferrada), Club Sapo (Pontevedra).

O campionato comezará as 10,00h e rematará mais ou menos as 20,30h. Ao remate, o Concello fará entrega das medallas aos mellores competidores así coma aos mellores clubes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Dumbría.

Comentarios