Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Fervenza do Ézaro iluminarase 16 noites do verán

A Fervenza do Ézaro iluminarase 16 noites do verán
Fervenza-do-Ezaro-Iluminada-durante-o-pasado-San-Xoan

Iluminábase para o San Xoán e dende esa, non fallará cada fin de semana ata finais de setembro. 16 noites poderase ver iluminada a fervenza do Ézaro, a cascada do Xallas ou Coadoiro.

Nun horario de 22:30h a 23:30h, teremos a ocasión de ver un entorno natural incrible baixo luz artificial, durante todos os sábados do período estival, ademais das vísperas de festivos indicados e da chegada da Vuelta Ciclista a España.

Así, o programade apertura será o seguinte:

Xullo:

  • Sábado 7.
  • Sábado 14.
  • Sábado 21.
  • Martes 24.
  • Sábado 28.

Agosto:

  • Sábado 4.
  • Sábado 11.
  • Martes 14.
  • Sábado 18.
  • Sábado 25.
  • Martes 29.
  • Mércores 30.

Setembro:

  • Sábado 1.
  • Sábado 8.
  • Sábado 15.
  • Sábado 22.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios