mércores. 30.04.2025
El tiempo

Catro feridos en dous accidentes

markup_1000060594
Accidente preto de Bustelo
Catro feridos en dous accidentes

Venres complicadísimo nas estradas con dous accidentes importantes, entre Cee e Dumbria, provocando 4 feridos de consideración.

FB_IMG_1728666286645
Foto ADC Bombeiros

Este mañá, antes das 10:00, unha muller envórcanse no seu vehículo e caia nun terraplén cando circulaba pola DP-3404, no quilómetro 29, en Dumbría. O 112 enviaba aos Bombeiros de Cee, que, aínda que non foi preciso o uso de material de excarceración, si tiveron que cortar o cinto para poder evacuar á muller. 

Acodiu tamén Urxencias Sanitarias, axentes de Tráfico e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Tras rematar o seu traballo, os servizos sanitarios encargáronse da evacuación da ferida.

Máis grave foi o accidente acontecido arredor das 18:00 na AC552 no límite entre Cee e Dumbría. tres persoas tiveron que ser trasladados ao Hospital de Cee tras sufrir unha saída de vía.

IMG-20241011-WA0037
O accidente da tarde provocou atascos  na AC552

Comentarios