Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Garda Civil investiga a unha condutora muxiá que nunca obtivo permiso de conducir e que deu positivo por cocaína

A Garda Civil investiga a unha condutora muxiá que nunca obtivo permiso de conducir e que deu positivo por cocaína
A Garda Civil investiga a unha condutora muxiá que nunca obtivo permiso de conducir e que deu positivo por cocaína Durante a tarde do pasado xoves, efectivos do Destacamento de Corcubión do Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña, procederon á investigación da condutora dun turismo que foi controlado no transcurso dun dispositivo operativo de seguridade vial no punto kilométrico 11,000 da AC-440, en sentido decreciente, á altura do término municipal de Muxía Os axentes da Garda Civil, tras identificar á condutora e comprobar que, xamais obtivera permiso algún que lle habilitase para a condución de vehículos a motor, procederon á súa investigación por un suposto delito contra a seguridade vial. Así mesmo, realizáronselle á rapaza, de 20 anos e natural do municipio muxián, as probas de detección de sustancias estupefacientes no organismo, resultando das mesmas, un positivo indiciario en cocaína, do cal, unha mostra foi remitida ao laboratorio correspondente para confirmación, quedando o vehículo inmobilizado in situ. Multa e posible pena de prisión Como consecuencia do anterior, procedeuse por parte dos Axentes á confección dunha denuncia administrativa por unha infracción moi grave á Lei de Seguridade Vial, cuxa sanción é de 1.000 euros e a perda de seis puntos do permiso de conducir que, no caso da denunciada, ao non telo obtido nunca, supoñeralle non poder obtelo nun prazo de dous anos. A condutora investigada poderíase enfrontar a unha pena de prisión de tres a seis meses e multa de seis a doce meses ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e, en calquera caso, privación do permiso de conducir vehículos a motor por un tempo superior a un ano e ata catro anos. As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución nº 2 de Corcubión, onde deberá presentarse a investigada cando sexa requirida pola Autoridade Xudicial.

Accidente no Ézaro

A pasada noite do sábado, arredor das 21:000h, tivo lugar un accidente de tráfico, na entrada do Ezaro, Dumbría.

Investigan o accidente que provocou un falecido en Coristanco

accidente-coristanco Así quedou o coche do condutor falecido en Coristanco Ás 03:40 horas do pasado 23 de febreiro, efectivos do Equipo de Ateigados e motoristas pertencentes ao Subsector da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña, interviñeron no auxilio e posterior investigación do <a href=https://quepasanacosta.gal/un-falecido-tras-bater-contra-unha-arbore-na-estrada-de-coristanco/>sinistro vial ocorrido no punto kilométrico 36,000 da estrada AC-552, en sentido decreciente, término municipal de Coristanco, cando o condutor dun turismo faleceu tras colisionar frontalmente cunha árbore tras unha saída de vía, debido a causas que, polo momento, descoñécense. https://quepasanacosta.gal/un-falecido-tras-bater-contra-unha-arbore-na-estrada-de-coristanco/

Comentarios